Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2017 Páx. 242

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 16 de decembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, polo que se publica a resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de xefe/a do Servizo de Atención Primaria.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e polo Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela,

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se indica no anexo.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa normativa vixente sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar na presente convocatoria dirixiranse á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela e poderán presentarse no Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, sita no Hospital Clínico, en travesía da Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios dos puntos de atención ao traballador (PAT) da Dirección de Recursos Humanos e na intranet da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2016

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

ANEXO

1. Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Atención Primaria de Melide.

2. Número de prazas: unha (1).

3. Requisitos: posuír a condición de persoal estatutario fixo da categoría de persoal licenciado sanitario, en situación de servizo activo, desempeñando praza no Servizo de Atención Primaria de Melide, e acreditar un mínimo de tres anos de experiencia profesional na súa categoría en institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde.

4. Procedemento de provisión: libre designación.

5. Institución: Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.