Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2017 Páx. 299

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 12 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación dunha resolución dun expediente tramitado por esta entidade (expediente 2010/188-36).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado á persoa que a continuación se indica, a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente existente nesta xefatura territorial.

A persoa interesada poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primera Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte á publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, no prazo de dous meses desde o día seguinte á publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, onde poderá comparecer a persoa interesada para o coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborais, e das 9.00 ás 14.00 horas.

Vigo, 12 de decembro de 2016

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2010/188-36.

Interesado: Antonio Silva Gallego.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa con data do 17 de outubro de 2016.