Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2017 Páx. 406

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 30 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 17 de xuño, de subvencións de Galicia, e tendo en conta o disposto no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas coa expresión da convocatoria, o programa, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

Así, de conformidade coa normativa indicada, procédese á seguinte publicación:

Convocatoria: Orde do 30 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

Programa: Iniciativa Xove para posta en marcha de iniciativas xuvenís de ámbito provincial ou inferior, correspondendo a súa resolución ao xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Ourense, por delegación da Consellería de Traballo e Benestar (actualmente Política Social).

Crédito orzamentario: Un total de 550.000 € (cincocentos cincuenta mil euros). Correspondendo á provincia de Ourense: 40.131,42 € (corenta mil cento trinta e un euros con corenta e dous céntimos; Aplicación orzamentaria: 2015.11.06.313A.481.0.

Finalidade: fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.

Entidades beneficiarias e contía: as entidades beneficiaras de ámbito provincial ou inferior e o importe concedido relaciónanse no anexo á resolución.

Ourense, 14 de decembro de 2016

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de proxecto

Proxecto

CIF

Entidade beneficiaria

Importe subvención concedida

2015/1-3

Romaría da Saínza 2015

G32429391

Asoc. Socio-Cultural A Torrecha

4.000,00

2015/2-3

Somos Senlleir@s 2.0

G32378960

Asociación Cultural Rebulir

3.900,00

2015/3-3

Todos sentimos a nosa tradición

G32224198

Agrupación Folclórica Queixumes dos Pinos

3.993,02

2015/4-3

Campamento da amizade

G32414526

Asociación Xuvenil Amizade de Allariz

948,00

2015/5-3

Autoxestiono o meu tempo de lecer

G32311870

Asociación Down Ourense

4.000,00

2015/6-3

Goza da natureza e vive a cultura do teu concello

G32201964

Asociación Xuvenil de Vilamarín

1.587,40

2015/7-3

Teatrado

G32410797

Asociación Persoas con Discapacidade de Ourense (ADO)

4.000,00

2015/8-3

Moz@s Xord@s. Por un mundo sen barreiras

G32015463

Agrupación Sordos de Ourense

3.809,00

2015/9-3

Trisquel

G32025405

Asociación Xuvenil Amencer

3.200,00

2015/10-3

Ocio, lecer e tempo libre

G32270423

Asociación Xuvenil Os Gaiteiros

2.465,00

2015/11-3

Dinamización e ocio formativo no medio rural

G32345274

Asociación Cultural Os Tres Reinos

4.000,00

2015/13-3

Escapadas múltiples III

G32209983

Asociación Ourensá de Esclerosis Múltiple (AODEM)

2.079,00

2015/14-3

3º Taller de creación de hortas caseiras ecolóxicas

G32331704

Asociación Cultural e Xuvenil A Pipela

2.150,00