Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2017 Páx. 460

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (991/2013).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 991/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Dolores Miramontes García contra Lobelle Turismos, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Acordo:

– Acórdase acceder ao Rexistro Mercantil Central polos medios telemáticos deste xulgado.

– Admitir a trámite a demanda presentada e, en consecuencia:

– Citar as partes para que comparezan o día 25.1.2017, ás 12.05 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio Rúa Berlín, ao acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, en caso de non avinza, ás 12.10 horas do mesmo día, na planta baixa, sala 1, Edificio Rúa Berlín, para a celebración do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a.

– Advírtase a parte demandante de que, en caso de non comparecer nin alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación ou xuízo, se considerará que desiste da súa demanda, e advírtese igualmente a parte demandada de que a súa incomparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración e continuará o procedemento, sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso a dar conta ao xuíz.

Ao outrosí, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a, representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio, para efectos de comunicacións (artigo 53 da LXS).

– Antes da notificación desta resolución ás partes, dou conta a SSª do sinalamento efectuado.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Lobelle Turismos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza