Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2017 Páx. 561

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 19 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención destinada a concellos de Galicia para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico, con destino ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

BDNS (Identif.): 328026.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3 b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións.

Primeiro. Beneficiarios

Os concellos de Galicia que sexan titulares de bibliotecas ou axencias de lectura pública integradas na Rede de bibliotecas de Galicia.

Segundo. Obxecto

O obxecto desta orde é convocar subvencións destinadas aos concellos de Galicia para a dotación de novidades editoriais en galego e en formato físico, con destino ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas municipais integradas na Rede de bibliotecas de Galicia. Os fondos bibliográficos deberán ser editados no período comprendido entre o 1 de setembro de 2016 e o 29 de setembro de 2017.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 19 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención destinada a concellos de Galicia para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico, con destino ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Cuarto. Importe

Importe total da convocatoria: 200.000 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria