Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2017 Páx. 711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, para a contratación da subministración, instalación e posta en marcha dun sistema multiparamétrico CTD para o control da calidade das augas, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 881 99 53 85.

5º. Telefax: 881 99 93 26

6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=97960

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 79/2016 CA.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración, instalación e posta en marcha dun sistema multiparamétrico CTD para o control da calidade das augas.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: cláusula 11.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de entrega: cláusula 11.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e número 8 do seu cadro de características.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 38341500-2.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 6.5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 47.440,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 47.440,00 €; importe total: 57.402,40 €.

Esta contratación é finanaciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixo prioritario 5 Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos, prioridade de investimento 05.01 Apoio ao investimento destinado á adaptación ao cambio climático, incluídos planeamentos nos ecosistemas, obxectivo específico 05.01.01 Desenvolvemento de coñecementos e elaboración de plans en relación coa adaptación ao cambio climático e a prevención de riscos, incluíndo os sistemas de alerta temperá, de seguimento e avaliación.

6. Garantías exixidas.

Definitiva (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE): 2.372,00 €.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada na cláusula 6.5.5 do prego de cláusulas administrativas particulares e no número 5 do seu cadro de características.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincidir en sábado ou día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a sinalada na cláusula 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

2º. Enderezo: San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O dito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Dirección: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B.

10. Subcontratación: de acordo co establecido na cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2016

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio