Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2017 Páx. 758

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2016 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificado, da subministración sucesiva por prezos unitarios, mediante acordo marco cun único empresario, de mangueiras para os servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Xunta de Galicia, durante os anos 2017 e 2018 (expediente 3/2017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva por prezos unitarios, mediante acordo marco cun único empresario de mangueiras para os servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Xunta de Galicia.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución/entrega: o prazo de execución do acordo marco é ata o 31 de decembro de 2018. O prazo de entrega de cada subministración será de 45 días naturais desde o día seguinte ao da sinatura dos contratos derivados do acordo marco.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 44482100-3.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: automáticos, recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento máximo de licitación:

Importe neto: 148.200,00 €, IVE (21 %): 31.122,00 €. Importe total: 179.322,00 €. Valor estimado: 163.020,00 € (incluídas posibles modificacións).

5. Financiamento: fondos propios libres.

6. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto nas epígrafes I e J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías exixidas. Definitiva: 7.410 €.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Enderezo: edificio posterior dereito, nº 4, San Caetano, s/n, planta baixa, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 48/981 54 57 37 (consultas administrativas), 981 54 60 56 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderzo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=86010

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

a) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. Os licitadores deben presentar mostras, segundo o establecido no prego de prescricións técnicas.

b) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas D do Complexo Administrativo de San Caetano, Edificio da Pirámide, San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do décimo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas.

11. Gastos de publicidade: o importe do anuncios no DOG será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2016

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural