Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2017 Páx. 980

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 15 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2016059TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

O 28 de outubro de 2016, a xefa territorial de Ourense acordou a resolución do expediente sancionador 2016059TA-OU, incoado a Ángel Figueroa Álvarez, DNI 34275901-J, con domicilio na avda. Santiago, 101, 1º C, 32001 Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Ángel Figueroa Álvarez, DNI 34275901-J, o contido do referido acordo de resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, recordándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Abanca no BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou no Banco Santander, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, a eficacia desta notificación queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ourense, 15 de decembro de 2016

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador 2016059TA-OU.

Denunciado: Figueroa Álvarez, Ángel.

DNI/NIF/CIF: 34275901J.

Último enderezo coñecido: avda. Santiago, 101, 1º C, 32001 Ourense.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Precepto infrinxido: Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: trinta euros (30 €).