Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2017 Páx. 1515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 16 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de animais domésticos ou salvaxes en catividade e de conservación da natureza (expediente ANI-CO-0033/2016-V e seis máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo instrutor dos expedientes e pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Coruña, segundo o Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, respectivamente.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 8º, A Coruña, das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 16 de decembro de 2016

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: ANI-CO-0033/2016-V.

Denunciado: Óscar García Fuentes.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Expediente: ANI-CO-0034/2016-V.

Denunciado: Juan José Carballido Soto.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Expediente: ANI-CO-0022/2016-V.

Denunciado: Santiago Manuel Pasandín Varela.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: ANI-CO-0023/2016-V.

Denunciado: Luis López López.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: CON-CO-0046/2016-V.

Denunciado: César José Cancela Costa.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: CON-CO-0050/2016-V.

Denunciada: Aurelia Raíndo Carballal.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: CON-CO-0056/2016-V.

Denunciado: Eusebio Canosa Areas.

Acto de notificación: acordo de inicio.