Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2017 Páx. 1300

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 30 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove, e se procede á súa convocatoria.

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e tendo en conta o disposto no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas coa expresión da convocatoria, o programa, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

Así, de conformidade coa normativa indicada, procédese á seguinte publicación:

Convocatoria: Orde do 30 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

Programa/s: Iniciativa Xove. Subvencións concedidas a entidades xuvenís do ámbito provincial de Pontevedra, cuxa resolución corresponde á xefa territorial, por delegación da entón conselleira de Traballo e Benestar, segundo o disposto na disposición adicional segunda da Orde do 30 de marzo de 2015.

Crédito orzamentario: 55.445,00 € (cincuenta e cinco mil catrocentos corenta e cinco euros), para o ámbito provincial. Crédito orzamentario total da convocatoria 550.000,00 € (cincocentos cincuenta mil euros). Aplicación orzamentaria 2015.11.06.313A.481.0. Código de procedemento BS306B.

Finalidade: fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.

Entidades beneficiarias e contía: as entidades beneficiaras de ámbito provincial ou inferior e o importe concedido relaciónanse no anexo á resolución.

Vigo, 16 de decembro de 2016

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Número de proxecto

Proxecto

CIF

Entidade beneficiaria

Importe subvención concedida

2015/001-5

Grupo autoxestores

G36697324

Down Vigo

4.000,00 €

2015/002-5

Actívate

G36164887

Down Pontevedra

4.000,00 €

2015/003-5

Emprégate: crea a túa imaxe na rede

G36124279

Asociación Érguete Baixo Miño

4.000,00 €

2015/004-5

Iniciativas xuvenís 2015

G36658581

Asociación Xuvenil Altamar

2.500,00 € (xustifica 1.052,18 €)

2015/005-5

Plan de actividades, cartas e estratexia Cancerbero

G36909976

Asoc. Xuv. Xogos de Rol, Cartas e Estratexia Cancerbero

3.100,00 €

2015/007-5

III Programa i+i+D
(innovación+inserción+Diversidade)

G36917037

Asociación Xuvenil Xogais

4.000,00 €

2015/008-5

Mocidade na praia

G27742899

Asoc. Ocio y Playa Familiar

4.000,00 € (presenta renuncia)

2015/009-5

Bule-bule

G36636538

Asociación Xuvenil Xentenova

4.000,00 €

2015/010-5

Mes da okupación moceiril creativa

G36744951

Asoc. Xuntanza Xuvenil de Valadares

4.000,00 €

2015/012-5

Notas musicais para todos

G36116879

Asoc. Cultural O Castro

3.850,00 € (xustifica 3.377,00 €)

2015/013-5

O outro punto de vista da montaña

G36637890

Club Montañeiros Celtas

3.995,00 €

2015/014-5

Actividades de confluencia xuvenil no val do Umia

G36405769

Asoc. Cultural e Xuvenil Río Gallo

2.000,00 €

2015/016-5

Xuvemprende

G36980605

Asoc. Rec. e Cultural de Marexada

4.000,00 €

2015/018-5

Proxecto 016

G36490647

Asoc. Eira Vella de Pontevedra

4.000,00 €

2015/020-5

Os xogos do Tambre

G36019958

Asociación Xuvenil Tambre

4.000,00 €