Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2017 Páx. 1579

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de licitación do servizo de mantemento e reposición de determinadas zonas verdes e instalación de rega automática.

Na Xunta Local de Goberno, do 13.12.2016, aprobáronse o expediente de contratación e os pregos de condicións de servizo de mantemento e reposición de determinadas zonas verdes e instalación de rega automática do concello de Mos.

1. Entidade adxudicadora. Concello de Mos.

2. Obxecto do contrato: servizo de mantemento e reposición de determinadas zonas verdes e instalación de rega automática do Concello de Mos.

CPV: 773100000.

Duración do servizo: dous anos con posibilidade de prórroga ata un máximo de catro anos.

3. Procedimento: aberto.

4. Prezo do contrato: o valor estimado (4 anos) do contrato é de 247.934 € máis 52.066 € de IVE.

5. Garantías. Provisoria: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación.

6. Obtención de información e documentación: a través da páxina web do Concello: http://www.mos.es/ e no Concello de Mos, r/ Rexenxo, 1, Petelos, 36416 Mos. Pontevedra. Teléfono: 986 33 12 00, telefax: 986 33 66 18.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo e lugar: no Concello de Mos (Pontevedra) durante os quince días habiles desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no último boletín (DOG ou BOP), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera outro medio a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións en sobres pechados, coas inscricións e a documentación que se sinala nos pregos de condicións.

9. Apertura das ofertas: na Casa do Concello de Mos, o sexto día hábil seguinte ao de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para efectos da apertura, o sábado considerarase inhábil).

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Mos, 16 de decembro de 2016

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa