Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2017 Páx. 1825

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 22 de decembro de 2016 pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento administrativo sancionador do expediente 13-18-16-32.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao denunciado cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador por presunta infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción e en virtude do disposto no artigo 39.1.a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG nº 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.

Lémbrase ao presunto infractor que, de acordo co artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante LPAC), dispón dun prazo de quince (15) días, contados desde o día seguinte ao da recepción do presente acordo, para formular alegacións e, se for o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, ante o instrutor, citando o número de expediente.

Así mesmo, e con anterioridade ao trámite de audiencia, poderanse formular alegacións e presentar os documentos que se consideren convenientes.

De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, este acordo, por aplicación do establecido no artigo 62.2.f) da LPAC, será considerado proposta de resolución.

En aplicación do establecido no artigo 56 da LPAC, e como medida provisoria para asegurar a eficacia da resolución e protexer os intereses de terceiros con dereito sobre o amarre ocupado sen autorización, ordénase ao denunciado que, dentro do prazo de 15 días previsto para formular alegacións, proceda a desaloxar o amarre que ocupa no porto de Beluso; en caso de cumprir coa medida provisoria acordada, restituíndo a legalidade, condonaráselle parcialmente a multa, que se reducirá á metade e quedará establecida en 300 euros, e esta dirección emitirá acordo complementario de incoación coa multa reducida. No caso de incumprirse esta orde, a retirada e traslado ao depósito da embarcación será executada de maneira forzosa e á súa custa por Portos de Galicia.

De recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, resolverase o procedemento coa imposición da sanción que proceda.

Sen prexuízo da redución da multa coa emisión do acordo complementario no caso de cumprirse a medida provisoria decretada, poderá procederse ao pagamento voluntario da multa cunha redución do 20 por cento sobre o importe da sanción proposta mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2016

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado.

Data-hora-porto

Precepto

infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 13-18-16-32

7ª-VI-2-16-91

Gardapeiraos

José Luis Acuña Ribadulla

Lg. A Carrasqueira, nº 81

36930 Bueu (Pontevedra)

Atracada sen autorización

30.5.2016; 11.11 horas

Beluso (Pontevedra)

Art. 306.1.a)

RDL 2/2011 TRLPEMM

Arts. 78.7 e 78.9

OM 12.6.1976

Art. 312 RDL 2/2011 TRLPEMM

600 €