Expediente: IN407A 2016/371-1.
Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación da instalación: LMTS dobre alimentación Muxía derivada CT Lourido-CT Enfesto.
Concello: Muxía.
Feitos.
1. O 7 de abril de 2016 o promotor solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG do 20 de maio de 2016 e no BOP do 6 de maio.
3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, se for o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.
4. Os servizos técnicos da Xefatura Territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.
Consideracións legais e técnicas.
1. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
2. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
3. Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
4. Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
6. As características técnicas da instalación son as seguintes:
LMTS a 20 kV, con codutor RHZ1-2OL-12/20 kV-1×240 Al, de 2,906 km, con orixe na cela de liña existente no CT Enfesto (expediente 179/06) e final no paso de subterráneo a aéreo que se vai realizar no apoio nº 103/15 da LMT POT-806 (expediente 33.924), no tramo entre a derivada ao CT Oruxo (15XA13) e o CT Lourido (expediente 33.924).
O orzamento da instalación segundo proxecto é de 352.349,63 €.
7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberase presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude a que se xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións se procede.
• Un certificado do director da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.
4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
A Coruña, 25 de novembro de 2016
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña