Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2017 Páx. 1792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 14 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2015/197-1).

Expediente: IN407A 2015/197-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: nova LMTS a CT núm. 3, polígono de Penapurreira.

Concello: As Pontes de García Rodríguez.

Características técnicas:

Instalación de LMT soterrada baixo tubo Ø160 mm, de 111 metros de lonxitude en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al), coa orixe no paso aéreosoterrado a instalar no apoio de formigón tipo HVH-3500/13 (apoio nº 32 da LMT MOL-826, treito denominado LMT de alimentación a parque empresarial Penapurreira/expediente IN407A 2013/179-1) e remate en cela de liña do CS Penapurreira existente (expediente IN407A 2012/181-1), manténdose a actual conexión entre o CS Penapurreira e o CT polígono de Penapurreira nº 3 (expediente IN407A 2013/179-1/matrícula: 15CGWM).

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 14 de decembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña