Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda, S.L.
Domicilio social: avenida do Parque 11, 36540 Silleda.
Denominación: ampliación de potencia CT San Miguel.
Situación: Silleda.
Características técnicas: ampliación de potencia a 75 kVA do centro de transformación situado en San Miguel, Ponte, Silleda.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 22 de novembro de 2016
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra