Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2017 Páx. 1650

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 27 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2017 as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

O pasado 30 de decembro de 2015 publicáronse no Diario Oficial de Galicia as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2016 das axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Estas axudas tiñan como finalidade aplicar a medida 8.6 (axuda para os investimentos en tecnoloxías forestais e na transformación, mobilización e comercialización de produtos forestais) que figura no PDR de Galicia 2014-2020.

Estas axudas están recollidas no Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, e foron comunicadas por España á Comisión Europea, e publicadas na páxina web da Comisión
(http://ec.europa.eu/competition/elojade/isef/case_details.cfm?proc_code=3_SA_43021) o 20 de outubro de 2015, coa clave SA.43021 (2015/XA).

A experiencia na xestión desas novas axudas, que supón modificar certos procedementos na súa tramitación, e as novas exixencias, que supoñen modificar diversos puntos como consecuencia de modificacións lexislativas relevantes, como é a entrada en vigor da nova Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, xustifican a elaboración dunhas novas bases reguladoras.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais (código de procedemento MR606A), e proceder á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

2. Estas axudas ampáranse nos artigos 21.1 e 26 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello (DOUE do 20 de decembro de 2013, L347), e no establecido para as axudas para investimentos en tecnoloxías forestais e na transformación, mobilización e comercialización de produtos forestais, do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (DOUE do 1 de xullo de 2014, L193).

3. Estas axudas convócanse de acordo coa Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, pola que se aproba o Programa de desenvolvemento rural de Galicia, e se corresponden coa medida 8.6 (axuda para os investimentos en tecnoloxías forestais e na transformación, mobilización e comercialización de produtos forestais) do programa.

CAPÍTULO I
Bases reguladoras das axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)
no marco do PDR de Galicia 2014-2020

Artigo 2. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios as pequenas e medianas empresas (pemes) do sector forestal radicadas en Galicia. Tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014. Segundo esta definición, pemes son aquelas empresas que ocupan menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros.

2. Deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias:

1. Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento dun mínimo do 70 % do importe deste.

2. Vendas por importe superior ao triplo do investimento (no imposto de sociedades ou declaración anual do IRPF, segundo proceda, ou na declaración anual do IVE).

3. Amortizacións máis beneficios superior á sexta parte dos investimentos (no imposto de sociedades ou declaración anual do IRPF, segundo proceda, ou na declaración anual do IVE).

4. Contratos de venda ou prestación de servizos por importe superior ao investimento.

5. Estudo de viabilidade asinado por profesional cualificado.

b) Deberán cumprir a normativa ambiental, que se acreditará coa presentación do documento de alta no imposto de actividades económicas (IAE) ou certificación da Axencia Tributaria relativa a este e unha declaración xurada do solicitante de que a empresa cumpre coa normativa ambiental.

c) Deberán ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de axuda e un contrato de prevención de riscos laborais.

d) Deberán estar inscritos no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e cos datos actualizados, de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na data do fin do prazo de solicitude. As empresas con instalacións fixas deberán estar inscritas no Rexistro Industrial na anterior data.

e) Deberán ter, polo menos, o 33 % do cadro de persoal da empresa con contratos por tempo indefinido. Para as empresas de nova creación bastará o compromiso de acadar, como mínimo, o 33 % de estabilidade laboral ao final do prazo concedido para xustificar o investimento. Non será necesario cumprir este requisito nas axudas inferiores a 60.102 euros. As empresas xa existentes deberán comprometerse, igualmente, a acadar a mesma porcentaxe mínima de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, se for o caso, deriven do proxecto de investimento que se subvencione.

f) Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do artigo 2, apartado 18 do Regulamento (UE) nº 651/2014. Conforme este regulamento, unha empresa está en crise cando concorre polo menos unha das seguintes circunstancias:

1. Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.

2. Tratándose dunha sociedade na cal polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.

3. Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia a pedimento dos seus acredores.

As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida no punto 3º.

Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se atopan en situación de crise conforme a normativa comunitaria; a veracidade desta declaración comprobarase nos controis sobre o terreo que se realicen.

g) Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

h) Deberán estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

4. Así mesmo, as persoas beneficiarias deben cumprir os seguintes requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

Non concorrer nalgunha das circunstancias seguintes:

a) Ter sido condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

b) Ter solicitado a declaración de concurso, ter sido declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, estar suxeitas a intervención xudicial ou ter sido inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Ter dado lugar, por causa da cal fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.

d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

e) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

f) Non acharse ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.

g) Ter sido sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo esta lei ou a Lei xeral tributaria.

h) Non poderán acceder á condición de persoas beneficiarias as agrupacións previstas no segundo parágrafo do número 3 do artigo 8 da Lei 9/2007 cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.

i) En ningún caso poderán obter a condición de beneficiarias as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos números 5 e 6 do artigo 4 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.

k) Tampouco poderán obter a condición de beneficiarias as asociacións respecto das cales se suspendeu o procedemento administrativo de inscrición por térense atopado indicios racionais de ilicitude penal, en aplicación do disposto no artigo 30.4 da Lei orgánica 1/2002, en tanto non se dite resolución xudicial firme en cuxa virtude poida practicarse a inscrición no correspondente rexistro.

Artigo 3. Investimentos subvencionables en activos fixos produtivos

1. Os investimentos subvencionables deben ser novos e non se poden iniciar antes de presentar a solicitude de axuda nin antes de que se realice a inspección comprobatoria a que se fai referencia no artigo 12.

2. Poderán ser subvencionables os investimentos relativos ás operacións de aproveitamento, transformación e comercialización dos produtos forestais (madeira, cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais), a excepción dos referidos no artigo 5. Os investimentos destinados a biomasa e outros produtos forestais distintos da madeira só serán subvencionables cando estes produtos teñan a súa orixe e se recollan no monte.

3. Consideraranse con carácter exclusivo os seguintes investimentos elixibles:

a) Bens de equipamento e instalacións en empresas de recolla, manexo, acondicionamento e comercialización de produtos forestais non madeireiros e non alimentarios (biomasa e outros produtos forestais). No caso de produtos forestais alimentarios, poderanse subvencionar unicamente investimentos de recolla e manexo no monte.

b) Maquinaria específica, apeiros e implementos que permitan un aproveitamento comercial da biomasa forestal: asteladoras, empacadoras, colleitadoras ou procesadoras de biomasa.

c) Acondicionamento e instalacións en parques intermedios de rolla ou biomasa.

d) Procesadoras, autocargadores, arrastradores forestais e outros equipamentos de corta e/ou saca de madeira, así como as adaptacións e implementos. Os implementos deberán ir instalados en equipamentos propiedade da empresa. Os equipamentos de saca de madeira ou biomasa consistentes en cabeza tractora con doble tracción, plataforma e guindastre forestal só serán subvencionables en empresas que posúan tractocargador
e/ou autocargador en propiedade.

e) Equipamentos tractocargadores completos e os seus implementos forestais. Os tractores deberán ter cabinas adaptadas para o xiro do operario sentado, proteccións forestais na cabina, rodas e baixos, e irán dotados de guindastre, cabrestante e remolque forestal de tracción. Estas adaptacións exixiranse tamén aos tractores orientados á recolla de biomasa.

f) Rozadoras en número non superior aos equipamentos de saca de madeira ou biomasa propiedade da empresa.

g) Instrumentos de medición de masas forestais en número non superior á maquinaria de saca de madeira ou de biomasa.

h) Maquinaria e instalacións para procesamento da biomasa forestal para producir enerxía: asteladura, almaceamento, clasificación, caracterización, secado e acondicionamento da biomasa forestal. Só serán subvencionables cando a biomasa teña a súa orixe e recolla no monte. Os investimentos no proceso de transformación de biomasa serán subvencionables unicamente naquelas industrias que non superen os 40.000 m³ de materia prima empregada no proceso. O cumprimento deste requisito comprobarase cos datos da empresa que figuren no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).

i) Maquinaria e instalacións de primeira transformación da madeira. Os investimentos no proceso de transformación da rolla serán subvencionables unicamente naquelas serras que non superen os 40.000 m³ de madeira en rolla empregada para serrar. O cumprimento deste requisito comprobarase cos datos da empresa que figuren no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).

4. Poderanse subvencionar investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing) ou calquera outra figura análoga; neste caso subvencionarase unicamente o importe correspondente á opción de compra. A opción de compra deberá realizarse no prazo de execución do investimento.

Artigo 4. Investimentos en plans e ferramentas de xestión empresarial

Poderá ser obxecto de axuda a implementación de plans empresariais con criterios de xestión forestal sustentable, e as cadeas de custodia dos sistemas de certificación forestal, excluída a adquisición de maquinaria. En concreto, serán elixibles as seguintes actuacións:

a) Implantación, e certificación se procede, na empresa de ferramentas de xestión empresarial específicas da actividade forestal para o control de custos, calidade e mantemento.

b) Implantación e certificación da cadea de custodia de madeira certificada e/ou normativas de calidade e plans de mellora de xestión empresarial.

Artigo 5. Investimentos non subvencionables

1. Non será subvencionable:

a) A adquisición de terreos, edificacións e mobiliario.

b) A adquisición de maquinaria usada.

c) A maquinaria de simple substitución. Neste senso non se considerará simple substitución de equipamentos cando se acade no novo investimento, como mínimo, un incremento da capacidade de produción ou da potencia nun 25 %, ou cando o novo investimento vai traballar no sitio doutro similar que estea totalmente amortizado e que se considere obsoleto, sen valor comercial como equipamento de segunda man. Nestes casos só se subvencionará o diferencial de custo, o cal será verificado pola Administración sobre a valoración do equipamento presentada pola empresa na memoria. Para os efectos desta orde, considérase que un equipamento móbil está totalmente amortizado cando pasaron 5 anos desde a compra e que unha instalación fixa está totalmente amortizada cando pasaron 10 anos desde a súa compra. Enténdese que a data da compra é a do último pagamento que se fixo do dito equipamento ou instalación.

d) A fabricación de pellets nin ningún proceso que dea como resultado un produto de consumo final.

e) A obra civil, excepto a necesaria para o acondicionamento do parque de materia prima e produto (sempre que non se trate dun produto de consumo final) e para a instalación dos equipamentos de primeira transformación de madeira ou outros produtos forestais ou para almacenamento na propia industria. Non se subvencionarán naves illadas nin só naves en empresas de nova creación.

f) Os gastos de reparación e mantemento.

g) Os investimentos destinados á manipulación ou comercialización de produtos de países non comunitarios.

h) Investimentos destinados ao comercio polo miúdo.

i) Investimentos e actuacións con axudas financiadas con outros fondos comunitarios ou con fondos non comunitarios se a axuda total supera o 50 % do investimento.

k) Motoserras, rozadoras manuais e outras ferramentas manuais.

l) Os investimentos en materiais non duradeiros, tales como os equipamentos de protección individual e roupa para os traballadores forestais.

m) A construción de camiños e os procesos de comercialización ou transformación a grande escala. Non será subvencionable a produción de pellets, a produción de planta forestal, envases e embalaxes, mobles e carpintarías.

n) Os investimentos iniciados antes da solicitude de axudas ao abeiro da convocatoria en que se solicita a axuda e/ou sen constancia oficial de non terse iniciado con anterioridade á solicitude no caso de investimentos en parques intermedios ou en instalacións de primeira transformación de produtos forestais.

ñ) Os investimentos para transporte estándar.

o) O IVE.

Artigo 6. Importe das axudas

1. Os investimentos subvencionaranse cunha axuda dun 40 % dos gastos elixibles.

2. Estas axudas poderán acumularse con calquera outra axuda estatal, sempre que as ditas medidas de axuda se refiran a investimentos subvencionables diferentes, ou con calquera outra axuda estatal de fondos non comunitarios en relación cos mesmos custos subvencionables unicamente se tal acumulación non supera o 50 % de axuda, de acordo co indicado no artigo 8 do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014.

3. A axuda máxima por solicitante limitarase a 150.000 euros.

Artigo 7. Baremación dos investimentos

1. Establécese un baremo de puntuación para seleccionar os investimentos que se vaian aprobar. Para iso, ordénase cada un dos investimentos solicitados de maior a menor puntuación, de acordo co baremo que se indica a seguir. A puntuación resultante será a suma da aplicación dos baremos indicados nas alíneas a) e b). Co obxectivo de acadar un nivel mínimo de calidade dos proxectos de investimento subvencionados, establécese un nivel mínimo de puntuación de 50 puntos na alínea b) para poder optar á subvención. Aquelas solicitudes que non acaden esa puntuación mínima serán rexeitadas. A puntuación máxima que pode acadar un investimento é de 530 puntos e a mínima de 180, de acordo cos seguintes criterios:

a) Puntos segundo o obxecto de investimento:

1º. Plans e ferramentas de xestión empresarial: 200 puntos.

2º. Investimentos en bens de equipamento de empresas de aproveitamento de produtos silvícolas non madeireiros excepto maquinaria para aproveitamento comercial da biomasa forestal: 170 puntos.

3º. Acondicionamento e instalacións en parques intermedios de rolla ou biomasa: 150 puntos.

4º. Instrumentos de medición de masas forestais: 110 puntos.

5º. Equipos tractocargadores completos, autocargadores, arrastradores e outros equipamentos de saca de madeira: 150 puntos.

6º. Procesadoras forestais e cortadoras: 110 puntos.

7º. Rozadoras (excluíndo as rozadoras manuais): 100 puntos.

8º. Equipamentos completos e implementos que permitan un aproveitamento comercial da biomasa forestal, asteladoras, empacadoras, colleitadoras ou procesadoras de biomasa: 150 puntos.

9º. Implementos forestais de maquinaria de desembosque: 80 puntos.

10º. Maquinaria e instalacións para primeira transformación de madeira ou biomasa: 150 puntos.

b) Puntos segundo as características da empresa:

1º. Por cada punto conseguido coas accións do anexo II: 10 puntos (máx. 100).

2º. Por cada unidade resultante da aplicación da seguinte fórmula: [(V+T)/I] -1.

V: importe do volume de ventas da empresa; I: suma dos investimentos solicitados.

T: importe de contratos de saca ou servizo (máx. 60): 10 puntos.

3º. Empresas de nova creación (as creadas dentro dos 12 meses anteriores á publicación da convocatoria), como iniciativa de desenvolvemento local: 20 puntos.

4º. Xerentes de idade inferior, na data de publicación desta orde, a 55 anos ou descendentes en activo na empresa: 20 puntos.

5º. Empresas con mulleres xerentes na data de publicación desta orde: 20 puntos.

6º. Empresas situadas en concellos sitos nas zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas (anexo III): 30 puntos.

7º. Empresas establecidas nos concellos que estean comprendidos na franxa tampón de 20 km coa fronteira de Portugal que define a Orde do 22 de marzo de 2012 pola que se establecen medidas sobre a sanidade vexetal nunha área demarcada polo organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (anexo IV): 30 puntos.

8º. Investimentos en proxectos innovadores, entendendo como tales os que dan lugar a novos produtos inexistentes no mercado na data de publicación da convocatoria: 50 puntos.

Artigo 8. Selección para aprobación dos investimentos

Aprobaranse os investimentos por orde de maior a menor puntuación de acordo co baremo indicado no artigo anterior. En caso de empate na puntuación de corte e de que non haxa orzamento suficiente para conceder a axuda a todos os investimentos coa mesma puntuación, ordenaranse estes segundo a seguinte orde de prioridade e ata esgotar o orzamento:

a) Primeiro. Menor importe de axuda de investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais percibida polas empresas nos últimos tres anos.

b) Segundo. Maior número de postos de traballo fixos de persoas menores de 25 anos, mulleres ou persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social que teña a empresa ou se comprometa a crear.

c) Terceiro. Empresas situadas en zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas.

d) Cuarto. Solicitudes con investimentos en plans e ferramentas de xestión empresarial.

e) Quinto. Solicitudes con investimentos en bens de equipamento de empresas de aproveitamentos de produtos silvícolas non madeireiros (excepto maquinaria para aproveitamento comercial da biomasa forestal).

f) Sexto. Solicitudes de axuda de investimentos de maior a menor importe.

Artigo 9. Solicitudes

1. A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica ou en formatos non admitidos, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos na forma prevista no parágrafo anterior.

3. Toda a información está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos. Tamén se poderá acceder a través da Oficina Agraria Virtual (OAV) dispoñible no enderezo http://emediorural.xunta.gal/oav

4. Só se poderá presentar unha solicitude por beneficiario.

Artigo 10. Documentación que se presentará para a solicitude

1. Os interesados deberán presentar a seguinte documentación:

a) Solicitude, asinada polo representante legal da empresa ou persoa acreditada mediante poderes para actuar como representante legal, segundo o modelo que figura no anexo I desta orde. No caso de non estar asinada polo representante legal, deberá presentar documentación xustificativa da acreditación por parte da empresa.

b) Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) de 3 provedores distintos, con indicación do prazo de entrega, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren. As ofertas solicitadas para cada gasto non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público. O investimento subvencionable elixirase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta máis económica. Os orzamentos desagregarán perfectamente os investimentos polos cales se solicita a axuda co fin de que sexan claramente comparables entre eles.

c) Certificación da condición de peme, segundo o anexo V. Os empresarios autónomos deberán cubrir as alíneas b), e) e f). Deberán estar consignados todos os datos que sexan procedentes segundo o tipo de solicitante. Os datos económicos e de persoal serán referidos aos do último ano pechado. No emprego incluiranse os autónomos que traballen na empresa. Este anexo debe ser presentado tamén cuberto cos datos de cada unha das empresas vinculadas ou asociadas coa solicitante. Presentarase un anexo por cada empresa. No caso de que no anexo presentado estean sen cubrir os cadros das alíneas d) e e), entenderase que se certifica que non existen accionistas con participación en contía igual ou superior ao 25 % do seu capital ou dereitos de voto e que a empresa non mantén participacións en contía igual ou superior ao 25 % do seu capital ou dereitos de voto noutras empresas e, por tanto, que a empresa non está vinculada nin asociada con outras empresas.

d) Memoria onde se desenvolvan os puntos relacionados no anexo VI da presente orde.

e) Ficha cos datos da empresa, segundo as distintas follas do anexo VII, con todos os datos consignados que procedan segundo o tipo de empresa e asinada na última folla.

f) Copia dos seguintes documentos:

1. Último imposto de sociedades. Na súa falta, deberán presentar declaración do IRPF só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta, a través de medios electrónicos, por parte do órgano competente da Administración.

2. Copia do NIF da entidade solicitante, así como DNI do seu representante se procede, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

3. Vida laboral dos doce meses anteriores á data de publicación da convocatoria na que solicite a axuda, tanto para o réxime xeral como para o agrario. No caso de que nalgún dos réximes non teña traballadores, debe presentar certificado da Seguridade Social de non ter traballadores no dito réxime.

4. Último recibo de pagamento dos autónomos da empresa.

5. Documento de alta no imposto de actividades económicas (IAE) ou certificación da Axencia Tributaria relativa a este, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta, a través de medios electrónicos, por parte do órgano competente da Administración.

6. Póliza do seguro de responsabilidade civil e recibo actualizado.

7. Contrato dun servizo de prevención de riscos laborais e recibo actualizado.

g) Documentación xustificativa da viabilidade da empresa, segundo o indicado no artigo 2.

h) No caso dos investimentos do artigo 4 (plans e ferramentas de xestión empresarial): memoria asinada detallada do contido que se vai desenvolver.

i) No caso de acondicionamento ou instalacións en parques intermedios:

1º. Plano asinado onde veña reflectida a situación do parque.

2º. Comunicación previa no concello.

k) No caso de investimentos en empresas de primeira transformación de madeira ou outros produtos forestais:

1º. Plano asinado coa localización da industria e planos asinados de planta coa distribución de edificacións, maquinaria e instalacións, onde veñan reflectidos os investimentos que se van realizar.

2º. No caso de instalacións que así o requiran, copia da presentación no concello da solicitude de licenza de obra ou comunicación previa segundo proceda.

3º. Acreditación da presentación no concello da comunicación previa do inicio de actividade ou apertura do establecemento establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, con toda a documentación requirida, ou licenza de actividade para as solicitudes de licenza tramitadas antes da entrada en vigor da devandita lei.

l) No caso de substitucións de investimentos: memoria razoada da necesidade e os beneficios esperados pola substitución, que debe incluír unha valoración económica do equipamento que vai ser substituído. Ademais xustificarase a non consideración de simple substitución de acordo co establecido no artigo 5 da orde.

m) No caso de empresas vinculadas ou asociadas coa empresa solicitante:

1º. Copia das contas anuais do último exercicio pechado de cada unha das empresas.

2º. Vida laboral dos doce meses anteriores á data de publicación da convocatoria na cal solicite a axuda, tanto para o réxime xeral como para o agrario. No caso de que nalgún dos réximes non teña traballadores, debe presentar certificado da seguridade social de non ter traballadores no dito réxime.

Artigo 11. Documentación que se presentará para incrementar a puntuación no baremo

1. Para xustificar a realización de accións para incrementar a puntuación no baremo, deben presentar a documentación que a seguir se relaciona. Esta documentación non é obrigatoria para a tramitación do expediente, só para os efectos do incremento de axuda e puntuación indicados.

2. Documentación:

a) Para os cursos de formación: diploma acreditativo ou certificación emitida polo organismo que impartiu o curso. Para cursos aínda non realizados, deberase presentar compromiso mediante declaración responsable, acompañado de informe favorable da asociación sectorial ou organismo capacitado para a realización do curso.

b) Contrato e recibo actualizado de externalización das garantías dos traballadores.

c) Recibo de pagamento da cota ou certificado xustificativo de pertencer a unha asociación profesional do sector.

d) Xustificación de ter a cadea de custodia certificada.

e) Xustificación de ter un plan de control da calidade ou mellora da xestión certificado.

f) Xustificación documental de ser empresa de comercialización conxunta: escritura de constitución e copia do modelo 347 presentado do último ano pechado.

g) Compromiso de creación de postos de traballo fixos.

h) Compromiso de creación de postos de traballo fixos de persoas menores de 25 anos, mulleres ou persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

i) Documentación xustificativa de xerente menor de 55 anos ou descendentes en activo na empresa: só no caso de denegar a consulta de identidade se deberá completar o anexo XII.

k) Documentación xustificativa de muller xerente: só no caso de denegar a consulta de identidade se deberá completar o anexo XII.

l) No caso de empresa de nova creación, escritura de constitución ou, na súa falta, documentación oficial xustificativa.

m) Para a súa valoración no caso de empate no baremo, no caso de que na empresa haxa postos de traballo fixos de persoas menores de 25 anos, mulleres ou persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, deberá presentar os contratos ou outra documentación que demostre a situación.

Artigo 12. Comprobación de non inicio

No caso de investimentos en acondicionamento de parques intermedios ou instalacións neles, ou en instalacións ou maquinaria en empresas de primeira transformación de madeira ou outros produtos forestais, funcionarios da Consellería do Medio Rural realizarán unha comprobación in situ para verificar que os ditos investimentos non foron iniciados. No caso de que se comprobase que os investimentos xa foron comezados, tramitarase o correspondente procedemento de denegación da axuda solicitada.

Artigo 13. Tramitación e concesión de axudas

1. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada.

2. O órgano competente para levar a cabo a tramitación desta orde de axudas é a Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

3. As solicitudes presentadas revisaranse e codificaranse no Servizo de Fomento Forestal, desde onde se requirirá aos solicitantes que, no prazo máximo de dez días hábiles, acheguen a documentación non presentada e, no caso de que as solicitudes conteñan defectos ou omisións, os corrixan, conforme se establece no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Neste requirimento indicarase, ademais, que se non se fixer se terá por desistido da súa petición, logo de notificación nos termos que se recollen no artigo 21 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Non se exixirá a presentación dos documentos que consten en poder da Xunta de Galicia, polo que o solicitante debe indicar para isto o órgano e o procedemento administrativo ante os cales presentou tal documentación.

4. A Subdirección Xeral de Recursos Forestais, como órgano xestor, valorará as solicitudes de axuda seguindo os criterios regulados nos artigos 7 e 8, e emitirá un informe con base no cal formulará a proposta de resolución, de acordo co establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Corresponde á Dirección Xeral de Ordenación Forestal resolver as solicitudes presentadas por delegación da conselleira do Medio Rural. A resolución individual e motivada notificarase ao interesado, e informarase as persoas beneficiarias de que a axuda se concede en virtude dun programa cofinanciado co Feader, da medida 8.6 (axuda para os investimentos en tecnoloxías forestais e na transformación, mobilización e comercialización de produtos forestais) e da prioridade do PDR.

6. O prazo máximo para resolver e notificar as resolucións é de cinco meses, contados a partir do día seguinte ao da finalización do prazo para a presentación de solicitudes. Unha vez transcorrido este prazo, as solicitudes que non tivesen unha comunicación de aprobación de axuda poderán entenderse desestimadas segundo o establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo da obriga legal de resolver que ten a Administración.

7. A aprobación das axudas solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustarase aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non-discriminación.

8. Contra a resolución aprobatoria ou denegatoria, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural. O prazo para a interposición do recurso de reposición será dun mes se o acto for expreso. Se o acto non for expreso, o solicitante e outros posibles interesados poderán interpoñer recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto. Este certificado será expedido de oficio pola conselleira do Medio Rural no prazo de quince días desde que expire o prazo máximo para resolver o procedemento; sen prexuízo do anterior, o interesado poderá pedilo en calquera momento, o prazo indicado anteriormente computarase desde o día seguinte a aquel en que a petición tivese entrada no rexistro electrónico da Consellería do Medio Rural.

Artigo 14. Notificacións

As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia Notific@, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia
(https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións, mediante un correo electrónico dirixido á conta de correo que conste na solicitude para efectos de notificación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 15. Documentación que se presentará para a solicitude de cobramento

1. Para o cobramento da axuda deberá presentarse a seguinte documentación:

a) Solicitude de cobramento da axuda (anexo VIII).

b) Facturas orixinais e orixinais ou copia auténtica dos documentos bancarios de pagamento. As facturas marcaranse cun selo conforme foron obxecto de subvención e devolveranse ao beneficiario.

c) Relación ordenada dos investimentos e os pagamentos efectuados (anexo XI).

d) Declaración do beneficiario sobre axudas solicitadas, concedidas e/ou obtidas para os mesmos investimentos, segundo o anexo IX, cos datos actualizados.

e) Certificado de depósito de aval bancario, se procede.

Para o cobramento da segunda anualidade, deberá presentar:

f) Actualización da ficha cos datos da empresa, segundo o anexo VII da orde.

g) Memoria (anexo X), indicando as actuacións executadas, as medidas correctoras implantadas e a súa importancia na actividade futura do beneficiario.

h) Xustificantes das accións incluídas no anexo II que se presentaron para incrementar a puntuación no baremo.

i) Informe oficial da Seguridade Social de vida laboral do beneficiario desde o inicio do ano en que se solicitou a axuda ata a data de xustificación final dos investimentos, coa relación de traballadores e as datas de alta e baixa, ou certificado de non ter traballadores se é o caso. Presentarase para os réximes xeral e agrario.

k) Últimos recibos dos autónomos da empresa anteriores á xustificación do cobramento.

l) Certificado de conformidade do provedor da factura presentada e do pagamento correspondente onde figure o importe e a data da factura e do pagamento e o obxecto facturado claramente identificado, con marca, modelo e número de bastidor, e facendo constar que se trata dun equipamento novo.

m) Específicas dos investimentos obxecto de axuda:

1º. Plans e ferramentas de xestión empresarial: informe de seguimento do plan con detalle das accións correctoras.

2º. Maquinaria móbil: certificado de homologación (ou, no caso de vehículos de rodas, ficha técnica e permiso de circulación) do conxunto máquina base –modificacións– apeiros instalados no cal conste o ano de fabricación da máquina, e seguro do vehículo ou de responsabilidade civil da empresa con indicación expresa do vehículo. Ademais, deberase presentar a mesma documentación dos equipamentos do mesmo tipo subvencionados anteriormente ou dos que os substituíron. Deberá tamén presentar certificado orixinal do fabricante do equipamento subvencionado, con indicación do número de chasis e ano de fabricación, así como copia do facsímil do fabricante do número de chasis.

3º. Parques intermedios de rolla ou biomasa e primeira transformación de produtos forestais: no caso de realizarse instalacións, deberán presentar certificado de fabricación e homologación e certificado de conformidade coa normativa ambiental e de seguridade industrial vixente das instalacións realizadas. No caso de obra civil, certificado do director de obra de que cumpre coa normativa ambiental, de seguridade industrial e demais normativa vixente. No caso de investimentos que así o requiran, acreditación da presentación da comunicación previa da realización do investimento con toda a documentación requirida. As empresas de primeira transformación de produtos forestais deberán presentar a actualización dos novos equipos no Rexistro Industrial e deberán presentar un plano en planta das instalacións asinado onde se reflicta claramente o investimento realizado.

4º. No caso de axudas a equipamentos ou instalacións que dean lugar a novos residuos na empresa, deberán presentar copia da solicitude rexistrada de inclusión do novo residuo no Rexistro de Produtores de Residuos.

Artigo 16. Xustificación e pagamento do investimento

1. A data límite de xustificación dos traballos establecerase na convocatoria anual e só serán subvencionables os investimentos que se realicen e que se xustifique o seu gasto (factura) e pagamento (xustificante de pagamento) con posterioridade á data de solicitude de axuda ou, se for o caso, da data de comprobación de non inicio, e como límite na data de solicitude de cobramento, sempre que se presentasen en prazo.

2. Os xustificantes de gasto e de pagamento deberán cumprir o indicado no anexo XI.

3. Unha vez presentada a solicitude de cobramento final, realizarase a inspección comprobatoria de execución dos investimentos subvencionados. Os equipamentos subvencionados non poderán comezar a traballar ata que se realice a dita inspección na Comunidade Autónoma de Galicia. O feito de que se comprobe na inspección que o equipamento comezou a traballar ou que presente evidencias de que a máquina é usada ocasionará a perda do dereito ao cobramento da axuda. O beneficiario pode solicitar a inspección comprobatoria de execución dos investimentos subvencionados antes de presentar a solicitude de cobramento, debendo acompañar a factura dos investimentos realizados. Os investimentos aos cales se lles fixo inspección de non inicio antes do seu inicio poderán comezar a traballar sen necesidade de que se lles faga esta inspección comprobatoria de que non empezaron a traballar, pero faráselles igualmente a inspección comprobatoria de execución.

4. Poderase solicitar calquera documentación adicional relacionada co investimento subvencionado en caso de dúbida sobre o cumprimento das condicións establecidas na presente orde.

5. Unha vez comprobada a documentación presentada e realizada a inspección comprobatoria de execución dos investimentos subvencionados, a Dirección Xeral de Ordenación Forestal emitirá a correspondente proposta de pagamento.

6. De acordo co artigo 48 do Regulamento de execución nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014 polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade, os pagamentos calcularanse sobre a base dos importes que se consideren admisibles durante os controis administrativos realizados por persoal da Consellería do Medio Rural, os cales examinarán a solicitude de pagamento presentada polo beneficiario e determinará os importes admisibles. Ademais, fixará:

a) O importe que pagará ao beneficiario en función da solicitude de pagamento e a decisión de concesión;

b) O importe que pagará ao beneficiario após o exame da admisibilidade do gasto que figure na solicitude de pagamento.

Se o importe fixado segundo a letra a) supera o importe fixado segundo a letra b) en máis dun 10 %, aplicarase unha sanción administrativa ao importe fixado segundo a letra b). O importe da sanción será igual á diferenza entre eses dous importes, pero no irá máis alá da retirada total da axuda.

Porén, non se aplicarán sancións cando o beneficiario poida demostrar a satisfacción da autoridade competente que non é responsable da inclusión do importe non admisible ou cando a autoridade competente adquira doutro modo a convicción de que o beneficiario non é responsable disto.

8. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen ter presentado a xustificación dos traballos subvencionados, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da axuda, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan. A non xustificación en prazo da primeira anualidade suporá a perda do dereito da segunda anualidade da subvención.

9. Se se descobre que un beneficiario efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de que se trate quedará excluído da axuda e recuperaranse todos os importes que fosen aboados polo dito expediente. Ademais, o beneficiario quedará excluído das seguintes axudas durante o período de vixencia do PDR 2014-2020.

10. Os pagamentos á conta adaptaranse ao establecido no artigo 63 do Regulamento nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. Os ditos pagamentos á conta, cando o importe da primeira anualidade supere os 18.000 euros, serán garantidos mediante seguro de caución prestado por unha entidade aseguradora ou mediante aval solidario dunha entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, e deberá alcanzar, como mínimo, ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación previsto na convocatoria. O referido aval depositarase á disposición da Consellería do Medio Rural na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia e deberá cubrir o 110 % do importe a percibir na primeira anualidade da subvención. O certificado de depósito do aval presentarase na solicitude de cobramento da primeira anualidade xunto co resto da documentación, nos prazos que se establezan para a xustificación da primeira anualidade da subvención. Este certificado de depósito devolverase ao interesado unha vez que se comprobe, mediante inspección in situ, a realización material do obxecto da subvención, así como as restantes condicións da subvención. Estes avais poderán ser liberados no suposto de que se constitúan para pagamentos á conta correspondentes a fases ou partes do investimento susceptibles de avaliación independente e se comprobe a realización do investimento.

Artigo 17. Modificación da resolución da axuda

1. Se no transcurso da tramitación do expediente de axudas o solicitante precisa introducir modificacións nel segundo o proxecto técnico, solicitará autorización da Consellería do Medio Rural, xustificando as razóns do cambio e acompañando a oportuna actualización do expediente que determine as variacións do proxecto orixinal. O prazo para solicitar a modificación da resolución será ata os catro meses anteriores á finalización do prazo para a xustificación dos investimentos. Poderanse modificar as resolucións individuais de axuda sempre que os novos elementos e circunstancias que motivan a modificación cumpran cos criterios de selección aplicados para a concesión das axudas, sen que poida supor discriminación de terceiros e que non supoña a modificación da puntuación acadada pola aplicación dos criterios de selección.

A modificación realizarase mediante resolución da conselleira do Medio Rural, logo de instrución do correspondente expediente de modificación e proposta motivada da Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

2. A modificación da resolución aprobatoria nos investimentos en obra civil estará suxeita ás seguintes condicións:

a) Non se admitirán modificacións que supoñan incrementos do importe do investimento subvencionable.

b) Será admisible a redución do importe total do investimento considerado como subvencionable na resolución de concesión se non supera o 40 % do seu valor.

c) Non se admitirán modificacións que supoñan incrementos do custo unitario dos conceptos e elementos subvencionados.

d) Non se admitirán modificacións que supoñan o cambio de localización dos investimentos aprobados.

3. No caso de maquinaria só se admitirán modificacións que sexan entre equipamentos que teñan a mesma puntuación no baremo, de acordo co artigo 7.1.a) e que estean na mesma epígrafe do dito artigo.

4. O incumprimento das condicións establecidas nesta orde e as indicadas na resolución de concesión de axuda, así como o encontrarse nas circunstancias previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ocasionará a perda de dereito á axuda.

5. No caso de que se xustificasen investimentos por menor importe do aprobado, a axuda que se pague será proporcional aos investimentos xustificados, sempre que estes sexan susceptibles de avaliación independente e cumpran os fins previstos inicialmente.

Artigo 18. Reintegro

1. A axuda reintegrarase, se for o caso, total ou parcialmente, se se dá algún dos seguintes supostos:

En xeral:

a) Obtención da axuda falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedirían.

b) Por incumprimento das disposicións legais de aplicación, ocultar ou falsear datos ou destinar as axudas a fins distintos aos sinalados na solicitude.

c) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente, segundo o establecido nesta orde, na Lei 9/2007 e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables rexistrais ou de conservación de documentos, cando signifique a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o incumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade remitidas de calquera Administración ou ente público ou privado, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

e) Incumprimento das obrigas impostas pola Administración aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da axuda, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da axuda.

f) A adopción, en virtude do establecido nos artigos 87 a 89 do Tratado da Unión Europea, dunha decisión da cal derive unha necesidade de reintegro.

g) Incumprimento da finalidade para a cal foi concedida a axuda.

h) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da axuda.

i) Incumprimento dos prazos para realizar os traballos subvencionados fixados na notificación de aprobación do expediente ou, se é o caso, da prórroga concedida.

j) Modificacións graves das accións previstas, de forma que desvirtúen os obxectivos descritos nesta orde.

k) Incumprimento do ditado en calquera dos artigos desta orde que impliquen obrigas para o beneficiario.

Nestes supostos, a consellería reclamará directamente a devolución das cantidades aboadas en concepto de axudas e os xuros de demora que se calcularán conforme a normativa vixente, en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación que non poderá fixarse en máis de 60 días e a data de reembolso ou dedución, sen prexuízo das responsabilidades a que der lugar.

Se se descobre que un beneficiario efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de axuda de que se trate quedará excluído da axuda do Feader e recuperaranse todos os importes que fosen aboados polo devandito expediente. Ademais, o beneficiario quedará excluído da axuda para a medida en cuestión durante o exercicio do Feader de que se trate e durante o exercicio do Feader seguinte.

l) Así mesmo, se no caso de que nos controis administrativos sobre a solicitude de pagamento, controis sobre o terreo e a posteriori nos cinco anos posteriores ao pagamento da axuda se verifica que non se cumpren as condicións para obter a puntuación aplicada na concorrencia competitiva para a aprobación dos expedientes e non se acada a puntuación mínima exixida para esa aprobación, suporá un incumprimento dos compromisos da aprobación e igualmente levará como consecuencia a perda do dereito ou ao reintegro da axuda.

2. Naqueles supostos en que o importe das axudas recibidas polo beneficiario exceda os custos da actividade, procederase a solicitar a devolución da cantidade percibida que exceda o custo real da actividade.

3. No caso de pagamento indebido, o beneficiario quedará obrigado a reembolsar o importe en cuestión, ao cal se engadirá, se for o caso, os xuros conforme o disposto no artigo 2 do Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014; os xuros calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario, indicado na orde de recuperación, que non poderá superar os 60 días, e a data de reembolso ou dedución.

Artigo 19. Controis

1. A Consellería do Medio Rural realizará os controis sobre o terreo, así como as comprobacións e inspeccións que considere oportunas co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como o lóxico seguimento e control das axudas concedidas.

2. O beneficiario comprométese a someterse ás actuacións de control que deba efectuar a Consellería do Medio Rural, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvencións e axudas concedidas e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e ás instancias comunitarias de control derivadas da aplicación dos Regulamentos de execución (UE) nº 808/2014 e 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014.

3. Seralles de aplicación ás axudas recollidas nesta orde e non se poderá efectuar ningún pagamento sen que antes se realizasen os controis establecidos no punto 4 deste artigo, así como o réxime de controis, reducións e exclusión reguladas no Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.

4. A Consellería do Medio Rural, ao abeiro do establecido no Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, realizará controis administrativos de todas as solicitudes de axuda e de pagamento con respecto a todos os aspectos que sexa posible controlar en relación coa admisibilidade da solicitude, así como, controis sobre o terreo antes do pagamento final dunha mostra que represente ao menos o 5 % do gasto público de cada ano civil, así como a posibilidade, se for o caso, de sometemento a controis a posteriori dada a posibilidade de realizar actividades de investimento.

5. Respecto das facturas pro forma a que se fai referencia no artigo 10, e de acordo co artigo 45 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os provedores desas ofertas estarán obrigados a prestar colaboración e facilitar canta documentación lle sexa requirida, e nomeadamente a necesaria para verificar a posible vinculación entre eses provedores.

6. Así mesmo, os controis administrativos sobre os proxectos, facturas pro forma ou similares a que se fai referencia no artigo 10 incluirán a comprobación sobre a moderación de custos de acordo co indicado no artigo 48 do Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.

Artigo 20. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Regulamento (UE) nº 640/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, polo que se completa o Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta ao sistema integrado de xestión e control, e ás condicións sobre a denegación ou retirada dos pagamentos e sobre as sancións administrativas aplicables aos pagamentos directos, á axuda ao desenvolvemento rural e á condicionalidade e no Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade.

Artigo 21. Obrigas

1. O beneficiario da axuda levará un sistema de contabilidade separado, ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas ás axudas solicitadas ao abeiro desta orde, onde se constatará o investimento efectivamente pagado antes do remate do prazo de execución.

2. O beneficiario está obrigado a someterse a calquera actuación que a Administración concedente poida realizar para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión.

3. O beneficiario non poderá substituír os equipamentos subvencionados anteriormente polos equipamentos obxecto de axuda e deberá manter os investimentos subvencionados e os requisitos que condicionaron a obtención da axuda, durante un período mínimo de 5 anos, contados desde a data do último pagamento da axuda.

4. O beneficiario está obrigado a apuntar na contabilidade da empresa, de forma separada ou ben cun código contable axeitado para todas as transaccións relativas á operación, os movementos relativos ás subvencións percibidas, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 22. Consentimentos e autorizacións

1. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal as administracións non exixirán aos interesados a presentación de documentos orixinais, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos aos cales se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

2. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación dos/das beneficiarios/as e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos/das beneficiarios/as e a referida publicidade.

3. A presentación da solicitude de concesión de axuda pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, caso en que deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente. Estas comprobacións realizaranse con anterioridade á aprobación e ao pagamento da axuda, respectivamente.

4. A presentación da solicitude de concesión da axuda por parte do interesado comportará a autorización á autoridade de xestión do PDR para consultar a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa, en particular, en relación co cumprimento dos obxectivos e prioridades.

Artigo 23. Medidas informativas e publicitarias

1. Conforme o establecido no anexo III do Regulamento de execución (UE) nº 808/2014, do 17 de xullo, modificado polo Regulamento de execución (UE) nº 669/2016, do 28 de abril, os beneficiarios das axudas deberán cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader. En particular, no caso de operacións que reciban unha axuda pública total superior a 50.000 euros, deberán colocar polo menos un panel (dun tamaño mínimo A3) ou unha placa con información sobre o proxecto, co deseño que figura no anexo XIV desta orde, onde se destaque a axuda financeira recibida da Unión e o lema «Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural», nun lugar ben visible para o público. De acordo coa estratexia de información e publicidade que desenvolve o que establece no R (UE) nº 808/2014, cando o obxecto da axuda sexa maquinaria, equipamento informático, de telecomunicacións ou calquera outro ben no cal, pola súa estrutura ou tamaño, non sexa posible identificar unha localización adecuada, o cartel ou placa poderá ser substituído por un adhesivo ou impresión no cal, polo menos, figure a bandeira da UE, o fondo e o lema.

2. No caso de que na realización dun control a posteriori, que se efectuará nos cinco anos posteriores ao pagamento final da axuda concedida, se verifique o incumprimento do establecido no punto 1 deste artigo, procederase á solicitude de reintegro da axuda concedida.

Artigo 24. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería do Medio Rural, Secretaría Xeral Técnica, San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña) ou a través dun correo electrónico a
sxt.medio-rural@xunta.gal

Capítulo II
Convocatoria de axudas para 2017

Artigo 25. Convocatoria

Convócanse para o exercicio orzamentario 2017 as axudas reguladas por esta orde. As solicitudes, documentación, condicións e procedemento de xestión das axudas serán as establecidas con carácter xeral nos artigos anteriores.

Artigo 26. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de corenta e cinco días contados a partir do día seguinte á publicación desta orde.

Artigo 27. Prazo de xustificación

1. O prazo de xustificación será para a anualidade de 2017, ata o 15 de outubro de 2017 inclusive, e para a anualidade de 2018 ata o 15 de marzo de 2018. Así mesmo, terase en conta que as cantidades non xustificadas polos beneficiarios na anualidade de 2017 poderanse computar e xustificar na anualidade 2018, sempre que non fosen susceptibles de perda de dereito ao seu cobramento.

2. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder unha ampliación do prazo de execución establecido, que non exceda a metade del, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como máximo, dous meses antes de que acabe o prazo de execución. Tanto a petición dos interesados como a decisión sobre a ampliación deberán producirse, en todo caso, antes do vencemento do prazo de xustificación.

Artigo 28. Financiamento

1. As axudas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.713B.770.0, código de proxecto 2016 00211, con 3.200.000 millóns de euros para o ano 2017 e 6.400.000 millóns de euros para o ano 2018.

2. Esta orde tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos or-zamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o vindeiro ano 2017 aprobados polo Consello da Xunta de Galicia, e en trámite parlamentario actualmente.

3. Este orzamento pode verse incrementado con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias.

4. A Consellería do Medio Rural poderá aumentar o orzamento dispoñible para o financiamento desta orde cando o incremento derive:

a) Dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) Da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, unha vez aprobada a modificación orzamentaria que proceda.

5. Estas axudas financiaranse con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cunha achega do Feader do 75 %, do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente do 7,5 % e da Xunta de Galicia do 17,5 %.

Disposición adicional primeira. Compatibilidade das axudas

As axudas serán compatibles con outras que non teñan fondos da Unión Europea ata un máximo de axuda global do 50 % do custo do investimento.

Disposición adicional segunda. Outras regulamentacións

No non previsto nesta orde observarase o disposto no Regulamento (UE) nº 1305/2013, no Regulamento de execución (UE) nº 808/2014, no Regulamento de execución (UE) nº 809/2014, no Regulamento delegado (UE) nº 640/2014, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, teranse en conta as circulares de coordinación ditadas polo Fondo Español de Garantía Agraria 22/2015, relativas ao Plan nacional de controis das medidas de desenvolvemento rural non establecidas no sistema integrado de xestión e control (http://www.fega.es/es/PwfGcp/
es/_includes/_tcmLinkFilterdotjspyiquesttcmUriyequal51626), e 23/2015, que establece os criterios xerais para a aplicación de reducións, sancións e exclusións nas medidas de desenvolvemento rural non establecidas no sistema integrado de xestión e control do período 2014-2020 (http://www.fega.es/es/PwfGcp/es/_includes/_tcmLinkFilterdotjspyiquesttcmUriyequal51628).

Disposición adicional terceira. BDNS

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Disposición adicional cuarta. Actuacións condicionadas á modificación do PDR

O financiamento de actuacións en empresas de capacidade de ata 40.000 m3 de madeira en rolla utilizada para serradura a través desta orde de axudas queda, en todo caso, condicionada á aprobación da proposta de modificación do PDR 2014-2020. De non ser acadada a aprobación desta modificación polos servizos da Comisión, deberá atenderse ao límite máximo establecido actualmente no PDR de 10.000 m3.

Disposición derradeira primeira

Facúltase a Dirección Xeral de Ordenación Forestal para que dite, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para a aplicación ou o cumprimento do establecido nesta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde terá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2016

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II
Accións para incrementar a puntuación no baremo

Accións que incrementan a puntuación no baremo

Puntos

Por cada curso de formación específico da actividade forestal cunha duración mínima de 20 horas, realizado por traballadores da empresa desde o 1.1.2015 (máximo 2 cursos)

1

Por dispor de contrato de externalización das garantías dos traballadores

1

Por pertenza a asociación profesional do sector

1

Empresas coa cadea de custodia certificada nos últimos cinco anos ou con certificación anterior a cinco anos e que acheguen actualización da certificación

1

Plan de control da calidade e/ou mellora da xestión empresarial certificado por auditor autorizado

1

Empresas de comercialización conxunta

2

Por cada posto de traballo fixo creado ou convertido de eventual a fixo, ata un máximo de 2

1

Por cada posto de traballo fixo creado ou convertido de eventual a fixo, para mulleres, persoas de idade inferior a 25 anos ou persoas con discapacidade, ata un máximo de 2

2

Os cursos de formación deberán ter un recoñecemento oficial. Non se contabilizarán os propios dos plans de seguridade laboral. Para valorar os cursos de formación poderase presentar un compromiso mediante declaración xurada, acompañado de informe favorable da asociación sectorial ou organismo capacitado para a realización do curso. Os traballadores deberán estar en activo na empresa.

As empresas de nova creación poderán presentar un compromiso de realización das accións.

Plans de adaptación á cadea de custodia e de mellora da xestión empresarial: no momento da solicitude, bastará contrato ou orzamento comercial da acción e memoria en detalle do contido que se vai desenvolver.

Só puntuará a creación dos postos de traballo fixos na empresa ou a conversión de eventual a fixo que se faga a partir da data de publicación da orde. Para a súa valoración poderase presentar un compromiso mediante declaración xurada.

Estas accións serán comprobadas na inspección final, na cal se analizará se efectivamente foron incorporadas ao funcionamento normal da empresa.

ANEXO III
Zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas
–artigo 32.1.a) e 1.b) do Regulamento (UE) nº 1305/2013–

– A Coruña:

Aranga

Arzúa

Boimorto

Capela, A

Cariño

Cedeira

Cerceda

Cerdido

Coirós

Curtis

Frades

Irixoa

Mañón

Melide

Mesía

Monfero

Ordes

Oroso

Ortigueira

Pino, O

Pontes de García Rodríguez, As

San Sadurniño

Santiso

Sobrado

Somozas, As

Toques

Tordoia

Touro

Trazo

Val do Dubra

Vilasantar

– Pontevedra:

Arbo

Campo Lameiro

Cañiza, A

Cerdedo

Cotobade

Covelo

Crecente

Cuntis

Dozón

Estrada, A

Forcarei

Fornelos

Agolada

Lalín

Lama, A

Mondariz

Neves, As

Pazos de Borbén

Ponte Caldelas

Rodeiro

Silleda

Vila de Cruces

– Lugo:

Abadín

Alfoz

Antas de Ulla

Baleira

Baralla

Becerreá

Begonte

Bóveda

Carballedo

Castro de Rei

Castroverde

Cervantes

Chantada

Corgo, O

Cospeito

Folgoso do Courel

Fonsagrada, A

Friol

Xermade

Guitiriz

Guntín

Incio, O

Láncara

Lugo

Meira

Mondoñedo

Monforte de Lemos

Monterroso

Muras

Navia de Suarna

Negueira de Muñiz

Nogais, As

Ourol

Outeiro de Rei

Palas de Rei

Pantón

Paradela

Páramo, O

Pastoriza, A

Pedrafita do Cebreiro

Pol

Pobra de Brollón, A

Pontenova, A

Portomarín

Quiroga

Rábade

Ribas de Sil

Ribeira de Piquín

Riotorto

Samos

Sarria

Saviñao, O

Sober

Taboada

Triacastela

Valadouro, O

Vilalba

– Ourense:

Allariz

Amoeiro

Arnoia, A

Avión

Baltar

Bande

Baños de Molgas

Barbadás

Barco de Valdeorras, O

Beade

Beariz

Blancos, Os

Boborás

Bola, A

Bolo, O

Calvos de Randín

Carballeda

Carballeda de Avia

Carballiño, O

Cartelle

Castrelo de Miño

Castrelo de Val

Castro Caldelas

Celanova

Cenlle

Chandrexa de Queixa

Coles

Cortegada

Cualedro

Entrimo

Esgos

Gomesende

Gudiña, A

Irixo, O

Larouco

Laza

Leiro

Lobeira

Lobios

Maceda

Manzaneda

Maside

Melón

Merca, A

Mezquita, A

Montederramo

Monterrei

Muíños

Nogueira de Ramuín

Oímbra

Ourense

Paderne de Allariz

Padrenda

Parada de Sil

Pereiro de Aguiar, O

Peroxa, A

Petín

Piñor de Cea

Porqueira

Pobra de Trives, A

Pontedeva

Punxín

Quintela de Leirado

Rairiz de Veiga

Ramirás

Ribadavia

San Xoán de Río

Riós

Rúa, A

Rubiá

San Amaro

San Cibrao das Viñas

San Cristovo de Cea

Sandiás

Sarreaus

Taboadela

Teixeira, A

Toén

Trasmiras

Veiga, A

Viana do Bolo

Vilamarín

Vilamartín de Valdeorras

Vilar de Barrio

Vilar de Santos

Vilardevós

Vilariño de Conso

Xinzo de Limia

Xunqueira de Ambía

Xunqueira de Espadanedo

ANEXO IV
Concellos comprendidos na franxa tampón de 20 km coa fronteira de Portugal

Provincia

Concellos

Ourense

Arnoia (A), Baltar, Bande, Beade, Blancos (Os), Bola (A), Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Cartelle, Castrelo de Miño, Castrelo do Val, Celanova, Cortegada, Cualedro, Entrimo, Gomesende, Gudiña (A), Laza, Lobeira, Lobios, Melón, Mezquita (A), Monterrei, Muíños, Oímbra, Padrenda, Pontedeva, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Ribadavia, Riós, Trasmirás, Verea

Pontevedra

Arbo, Baiona, Crecente, Gondomar, Guarda (A), Neves (As), Nigrán, Oia, Rosal (O), Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO XIII
Instrución para a presentación dos xustificantes de gasto e de pagamento
das actuacións elixibles

1. Xustificantes de gasto. Consistirán nas facturas orixinais acreditativas dos investimentos, que cumpran as exixencias que establece a Axencia Tributaria (Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro):

a) As facturas presentaranse en orixinal e marcaranse cun selo indicando nel a axuda para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á axuda e reflectindo, neste último caso, a contía exacta que resulte.

b) No caso de presentar fotocopias das facturas, achegará tamén os orixinais para seren dilixenciados pola Administración, que se marcarán cun selo e indicarase nel a axuda para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á axuda, indicando, neste último caso, a contía exacta que resulte afectada pola axuda.

c) As facturas deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:

– Número e, se é o caso, serie.

– A data da súa expedición.

– Nome e apelidos, razón ou denominación social completa, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

– Número de identificación fiscal atribuído pola Administración española ou, se é o caso, pola doutro Estado membro da Comunidade Europea, co cal realizase a operación o obrigado a expedir a factura.

– Domicilio, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

– Descrición das operacións. Consignaranse todos os datos necesarios para a determinación da base impoñible do imposto, correspondente a aquelas, e o seu importe, incluíndo o prezo unitario sen imposto das ditas operacións, así como calquera desconto ou rebaixa que non estea incluído no dito prezo unitario.

– O tipo impositivo ou tipos impositivos, se é o caso, aplicados ás operacións.

– A cota tributaria que, se é o caso, lle repercuta, deberá consignarse por separado.

– A data en que se efectuasen as operacións que se documentan, sempre que se trate dunha data distinta á de expedición da factura.

– No caso de que unha operación estea exenta ou non suxeita ao IVE, especificarase o artigo da normativa referida ao IVE que así o recoñece.

– Só se considerará elixible a base impoñible que figure na factura.

– Non se admitirán como xustificantes de gasto albarás, notas de entrega, facturas pro forma, tíckets, recibos, nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.

– Nas facturas deberá figurar claramente especificado o obxecto facturado e, no caso de maquinaria, deberán figurar os datos identificativos, marca, modelo e número de bastidor.

– Así mesmo, o provedor e os investimentos que figuren deberán coincidir exactamente cos que figuran no orzamento escollido das tres ofertas presentadas.

2. Xustificantes do pagamento efectivo. A xustificación do pagamento realizarase mediante a presentación de orixinal e copia, para a súa compulsa e selaxe, dalgún dos documentos que se relacionan a seguir:

a) Presentaranse o xustificante bancario do pagamento polo beneficiario (xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso de efectivo na entidade, certificación bancaria, etc), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación do beneficiario que paga e do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura. No caso de que o xustificante bancario sexa transferencia bancaria, deberá ser orixinal ou copia compulsada e estará selado pola entidade bancaria.

b) Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio, etc.), achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, acompañado da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente pagado dentro do prazo de xustificación.

c) No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas ao proxecto, deberán identificarse no documento do pagamento as facturas obxecto del.

d) No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pagamento, e irá xunto cunha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.

e) No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberá identificarse claramente no documento de pagamento a factura ou facturas cuxo pagamento se imputa ao proxecto.

f) No caso de facturas en moeda estranxeira, deben xuntarse os documentos bancarios de cargo en que conste o cambio utilizado.