En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Sanidade, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día doce de xaneiro de dous mil dezasete,
Nomeo secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade a Alberto Fuentes Losada.
Santiago de Compostela, doce de xaneiro de dous mil dezasete
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade