Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2017 Páx. 1958

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Orde do 2 de decembro de 2016 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

Advertido erro na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 240, do 19 de decembro de 2016, cómpre facer a seguinte corrección:

– Na páxina 55004, base I.1.2., onde di: «... do total de prazas convocadas reservaranse dúas (2) para seren cubertas por persoas con discapacidade cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33 %. (…)», debe dicir: «... do total de prazas convocadas reservarase unha (1) para ser cuberta por persoas con discapacidade cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33 %. (…)».