Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2017 Páx. 2063

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xunqueira de Ambía

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan de sectorización SUNDI-1 de Casnaloba.

O Pleno do Concello de Xunqueira de Ambía, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 15 de decembro de 2016, aprobou definitivamente o Plan de sectorización SUNDI-1 de Casnaloba.

O contido íntegro do plan figura na páxina web do Concello de Xunqueira de Ambía (xunqueiradeambia.org).

A normativa e ordenanzas foron remitidas ao BOP de Ourense para a súa publicación.

No documento íntegro desenvólvense as seguintes medidas para o seguimento dos efectos no ambiente:

• Medidas para a conservación dos ecosistemas e a biodiversidade.

Asegurar o mantemento dos caudais ecolóxicos, protexer a vexetación e a fauna.

• Medidas para o aforro enerxético e uso de renovables.

Promover o aforro no consumo enerxético e a súa correspondente contribución á redución da emisión de gases de efecto invernadoiro e potenciar o uso de enerxías renovables nas infraestruturas previstas, mediante o uso de recursos renovables.

• Mantemento do ciclo hídrico. Consumo de auga.

– Mellorar o rendemento das instalacións proxectadas, optimizando as infraestruturas de almacenamento e distribución, minimizando as perdas que puidesen producirse.

– Minimización, reutilización, reciclaxe e valoración dos residuos xerados nos procesos de tratamento de augas.

– Potenciar a adecuación da demanda sustentable á oferta dos recursos dispoñibles, así como promover o seu aforro e a utilización eficiente.

– Fomento do aforro de auga.

• Atmosfera e cambio climático.

Control das emisións contaminantes e prevención de ruídos.

• Ciclo de materiais. Xestión de residuos.

Descarga de materiais. Limitación das operacións de eliminación da vexetación. Xestión da terra vexetal, na fase de obras, na fase de explotación e na fase de abandono.

• Prevención de incendios.

Medidas preventivas.

• Medidas compensatorias.

Plantacións de frondosas.

Contra o acordo pódese interpor, alternativamente, ben recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, ante o Pleno deste Concello de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ben recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Xunqueira de Ambía, 2 de xaneiro de 2017

José Luis Gavilanes Losada
Alcalde