Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2017 Páx. 2210

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (763/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 763/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Ana Isabel Carillo García contra a empresa Castro y Vilas Restauración, S.L.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Acordo:

– Ter por desistida a Ana Isabel Carrillo García da súa demanda de reclamación de cantidade fronte a Castro y Vilas Restauración, S.L.L.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución, sen máis trámites.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e serán carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación: poderá interpoñerse recurso directo de revisión perante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación (artigo 188.2 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 do Banco Santander, S.A., e deberá indicar no campo concepto a indicación recurso seguida do código “31 social-revisión”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “código 31 social-revisión”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

Para que sirva de notificación en legal forma a Ana Isabel Carillo García, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza