Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2017 Páx. 2253

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO da convocatoria e das bases para tres postos de operario interino.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 283, do 12 decembro de 2016 publícanse íntegramente as bases reguladoras do acceso a tres postos de operario de servizos múltiples, interinos, previstos na RPT municipal.

De conformidade co previsto na base 8ª das referidas bases, o prazo para presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios realizaranse no BOP de Lugo, no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo e web municipal www.ribadeo.gal.

Ribadeo, 12 de decembro de 2016

Fernando Suárez Barcia
Alcalde