Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2017 Páx. 2325

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 26 de decembro de 2016 pola que se aproba o terceiro treito do deslindamento parcial dos montes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Atios, concello do Porriño.

Examinado o expediente do terceiro treito do deslindamento parcial dos montes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Atios, concello do Porriño, e tendo en conta os seguintes,

Antecedentes:

Primeiro. Os montes pertencentes á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Atios, concello do Porriño, clasificáronse como resultado de varios actos do Xurado Provincial de Montes de Pontevedra.

Inicialmente, o 13 de xaneiro de 1987, o Xurado Provincial de Clasificación Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra clasificou os montes Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala e Cerola, Faro e outros, como montes veciñais en man común a favor dos veciños desta parroquia.

Esta clasificación foi impugnada xudicialmente e desestimouse esta reclamación, polo que pode considerarse aplicable na integridade o seu contido, excepto no que se refire á exclusión da clasificación dunha parcela de 5 ha do monte Cerola, Faro e outros.

O 28.4.2004 clasifícanse como veciñais en man común os montes das Culcas e Torreiro da Guía, así mesmo, a favor da CMVMC de Atios.

O 15.12.2004, o mesmo xurado provincial, e como resultado dun recurso de reposición da Comunidade de Atios contra a resolución citada no parágrafo anterior, clasificou as parcelas de Rape, Roxo, Pereiro e Torreiro de Vilafría.

Con data do 10.12.2008 inscríbense na sección do Rexistro de Montes Veciñais de Pontevedra as parcelas Rape, As Culcas, Roxo, Torreiro da Guía, Baldío de Vilafría e Pereiro, clasificadas a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común, despois da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza do 29.5.2008, onde se desestima o recurso de apelación interposto polo concello do Porriño contra a sentenza do 5.7.2006 do Xulgado do Contencioso número 1 de Pontevedra.

Con data do 5 de novembro de 2010 recíbese escrito da CMVMC de Atios solicitando a práctica do deslindamento dos montes clasificados a favor desta comunidade.

Por sentenza 36/2012, do 9 de febreiro, ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Pontevedra, condénase a Consellería do Medio Rural a que tramite, ultime e resolva o expediente de deslindamento de todos os montes veciñais en man común clasificados a favor dos veciños da parroquia de montes de Atios.

Segundo. O Servizo de Montes presenta, con data do 28.5.2015, proposta de execución da 3ª fase do deslindamento parcial, actuación 2015, dos montes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Atios, concello do Porriño. Esta proposta foi aprobada por Resolución do 16 de xuño de 2015 do secretario xeral de Medio Rural e Montes.

O primeiro e segundo treito do deslindamento parcial foi aprobado por Orde do 3 de maio de 2016 e publicado no DOG o 23 de maio de 2016 e 25 de maio de 2016, respectivamente.

O procedemento administrativo seguido axústase ao descrito polos artigo 47 e seguintes da citada Lei 7/2012, que establece no seu artigo 49.6 que “Calquera procedemento de deslindamento que realice a Administración forestal desenvolverase de acordo con este procedemento”.

O anuncio do deslindamento, do 16 de xullo de 2015, foi publicado no DOG núm. 148, do 6 de agosto. Nel faise constar a referencia á resolución aprobatoria, a data, a hora e a lugar para o comezo do apeo, o nome do instrutor, o emprazamento dos interesados no apeo e o anuncio de apertura de período de 30 días naturais para a presentación de documentación acreditativa da propiedade do monte ou parte del por quen se considere con dereito a ela.

Na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar publicáronse avisos deste anuncio, con ligazóns ao seu texto completo.

Así mesmo, solicitouse a inclusión do anuncio no taboleiro do Concello do Porriño, notifícase mediante correo certificado con dous intentos de entrega a 255 estremeiros identificados; delas devólvense 52 notificacións non entregadas.

Terceiro. Durante os períodos de presentación de documentación abertos polos dous anuncios do deslindamento e durante o período de apeo, presentouse a seguinte documentación, considerada, despois de consulta ao Servizo Técnico-Xurídico, referida baixo a epígrafe “clasificación de dereitos” da proposta (consta informe no expediente de deslindamento) e en aplicación do artigo 79 da Lei 30/1992, onde di “poderá admitirse documentación presentada fóra do prazo establecido se resulta de interese para a resolución do expediente”.

1. Documentación da entidade propietaria.

Na información dispoñible na Delegación de Pontevedra do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, en referencia á CMVMC de Atios, figura:

1.1. Resolución do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra do 13 de xaneiro de 1987, na cal “Clasifica como montes veciñais en man común os denominados Carrascal e Laxedo de 135 ha, Pedra que Fala de 197 ha e Cerola, Faro e outros de 14 ha, dos veciños da parroquia de Atios, tal e como se describen no derradeiro resultando, despois de segregar as porcións que se determinan…. e “exclúe de tal clasificación as porcións detraídas do uso veciñal, que se determinan no mesmo resultando citado…”.

“No resultando citado recóllese: “Que tendo sido detraídas do aproveitamento común varias parcelas dos montes descritos no primeiro resultando, cómpre facer as seguintes correccións:

a) No monte Carrascal e Laxedo, na zona oeste ata a estrada a Salceda e lindante coa parroquia de Budiño, consta unha parcela dunhas 169 ha destinada a canteiras en explotación, e na zona oeste do mesmo monte existen varias parcelas que están destinadas a uso industrial, onde están establecidas varias empresas. Por isto, o monte propiamente dito, no cal se mantén o aproveitamento en común, pódese describir da seguinte forma:

Monte Carrascal e Laxedo:

Superficie: 135 ha.

Estremas: norte: con propiedades particulares.

Sur: monte da parroquia de Budiño.

Leste: propiedades particulares.

Oeste: zona de dedicación mineira e industrial citada.

b) No monte Pedra que Fala existen varias parcelas destinadas a canteiras en explotación, que no seu conxunto miden unhas 20 ha, polo que a parte de aproveitamento común pode describirse da seguinte forma:

Monte Pedra que Fala:

Superficie: 197 ha.

Estremas: norte: monte do mesmo nome da parroquia de Cans.

Sur: monte chamado Cerola, Faro e outros, e parcelas destinadas a canteiras.

Leste: coutos e termos municipais de Ponteareas e Salceda de Caselas.

Oeste: río Pego e propiedades particulares.

c) No monte Gándaras de Prado e Carrascal a totalidade da parcela que se describe no resultando primeiro foi destinada ao polígono industrial.

d) Do monte Cerola, Faro e outros debe excluírse unha parcela dunhas 5 ha encravadas no monte, polo que é de aproveitamento cunha superficie de 14 ha, que se describe na forma que se expresa no primeiro resultando”.

1.2. Na Resolución do XMVMC de Pontevedra do 25 de setembro de 1987, de desestimación do recurso de reposición interposto ante a resolución anterior, que se mantén integramente.

1.3. A sentenza ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo no recurso de apelación nº 5138/92 ratifica a resolución de clasificación do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra do 13 de xaneiro de 1987, excepto no que se refire á exclusión da clasificación dunha parcela de 5 ha do monte Cerola, Faro e Outros.

1.4. Resolución do XMVMC de Pontevedra do 28 de abril de 2004, pola que se acorda “Clasificar como monte veciñal en man común as seguintes parcelas: As Culcas e Torreiro da Guía,…, de acordo coa descrición reflectida no feito sétimo e a planimetría elaborada para efecto polo Servizo de Montes e Industrias Forestais que forma parte inseparable da presente resolución.

Non clasificar as seguintes parcelas: Rape, Roxo, Baldío da Guía, Torreiro de Vilafría, Baldío de Vilafría, Costa e Pereiro”.

O feito sétimo describe as parcelas clasificadas como:

Nome do monte: As Culcas.

Cabida: 2.075 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte, sur e oeste: predios particulares.

Leste: camiño e predios particulares.

Descrición: con marcos postos pola Comunidade con pedra de cantaría. Case despoboada por presentar afloramentos rochosos, presenta unicamente algúns pés de piñeiro illados.

Nome do monte: Torreiro da Guía.

Cabida: 5.000 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte, sur, leste e oeste: camiño.

Ocupacións: área recreativa, centro cultural de Atios, pistas deportivas. Bordeado por muro de pedra”.

1.5. Resolución do XMVMC de Pontevedra do 15 de decembro de 2004, sobre recurso de reposición presentado por Serafín Dávila Giráldez, en que acorda: “Clasificar as partes non ocupadas do xeito que a seguir se indica e a planimetría elaborada para o efecto polo Servizo de Montes e Industrias Forestais, que forma parte indispensable da presente resolución”.

Rape: 1.3 ha aprox.

Roxo: 5.5 ha aprox.

Pereiro: 6.6 ha aprox.

Torreiro de Vilafría: 7.000 m2 aprox.”.

1.6. Inscrición do 10.12.2008 na sección do Rexistro de Montes Veciñais de Pontevedra das parcelas Rape, As Culcas, Roxo, Torreiro da Guía, Baldío de Vilafría e Pereiro, clasificadas a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man común, despois da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza do 29.5.2008, que desestima o recurso de apelación interposto polo Concello do Porriño contra a sentenza do 5.7.2006 do Xulgado do Contencioso número 1 de Pontevedra.

1.7. No Servizo de Montes de Pontevedra consta a relación de estremeiros presentada pola CMVMC de Atios, con data do 24 do marzo de 2014, utilizada con outras fontes, para determinar os posibles afectados polo deslindamento. Así mesmo, disponse de certificado negativo do Rexistro da Propiedade de Tui en relación cos montes clasificados a favor da CMVMC de Atios, presentado por esa comunidade con data do 21 de maio de 2012.

1.8. A CMVMC de Atios achega a seguinte documentación:

1.8.1. Certificado do acordo en asemblea referente a estrema con MVMC de Cans.

2. Documentación presentada por outros.

2.1. A CMVMC de Cans achega a seguinte documentación.

2.1.1. Certificado do acordo en asemblea referente a estrema con MVMC de Atios.

2.2. A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil fai constar que nos tramos deslindados transcorren dous leitos fluviais, o río Casavella e o regato de Brais, que están suxeitos á aplicación da Lei de augas.

3. Documentación presentada por particulares.

Documentación referida máis abaixo, segundo os titulares catastrais, excepto cando a parcela está no catastro “en investigación” ou é reclamada por distinto titular, presentada durante o procedemento do deslindamento por eles ou polos seus representantes.

No monte Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros.

3.1. Alonso Fernández, Jesusa; presenta documentación:

3.1.1. Certificación catastral:

3.1.1.1. Polígono 23, parcela 19.

3.1.1.2. Polígono 23, parcela 136.

3.1.1.3. Polígono 27, parcela 896.

3.2. Alonso Giráldez, Jesusa; presenta documentación:

3.2.1. Certificación catastral, IBI e copia do testamento.

3.2.1.1. Polígono 26, parcela 364.

3.3. Barbosa Esteve, María Preciosa; presenta documentación:

3.3.1. Copia do testamento e consulta descritiva da parcela segundo manifestación da parcela 930 do polígono 26.

3.3.2. Copia do testamento dunha parcela que estrema coa parcela catastral 880 do polígono 27.

3.4. Barros Fernández, Rosa; presenta documentación:

3.4.1. Copia de operacións de partilla das herdanzas correspondente á mesma parcela catastral, segundo manifestación: parcela 9, polígono 26.

3.4.2. Escritura de compravenda con inscrición rexistral dunha parte da parcela catastral e a partilla doutra parte desa mesma parcela catastral: polígono 26, parcela 9.

3.5. Barros Maceira, José; presenta documentación considerada xustificativa de propiedade no 2º treito do deslindamento:

3.5.1. Polígono 27, parcela 865.

3.5.2. Polígono 27, parcela 867.

3.6. Barros Oya, Otilia; presenta documentación:

3.6.1. Copia do testamento ante notario, liquidación do imposto de sucesións e copia de operacións de partición das herdanzas correspondente a parcela catastral, segundo manifestación:

3.6.1.1. Polígono 23, parcela 754.

3.7. Barros Ramilo, Carmen; presenta documentación:

3.7.1. Copia do testamento ante notario a favor de seu fillo Novas Barros, José, relación de legados outorgados aos seus fillos e consulta descritiva dos predios catastrais:

3.7.1.1. Polígono 23, parcela 755 “en investigación” no catastro.

3.7.1.2. Polígono 26, parcela 3.

3.8. Barros Ramilo, Manuel (hros.); presenta documentación:

3.8.1. Copia do testamento ante notario, liquidación do imposto de sucesións e copia de operacións de partilla das herdanzas correspondentes ás parcelas catastrais, segundo manifestación:

3.8.1.1. Polígono 26, parcela 2.

3.8.1.2. Polígono 26, parcela 5.

3.8.1.3. Polígono 26, parcela 7.

3.9. Bolaño Sobrado, Plácido; presenta documentación:

3.9.1. Certificación literal catastral e copia cotexada da escritura de compravenda da parcela 769 do polígono 27.

3.9.2. Copia cotexada da escritura e solicitude de cambio de titular no catastro da parcela parcela 767 do polígono 27.

3.10. Bugarín García, Augusto (hros.); presenta documentación:

3.10.1. Declaracións do imposto xeral de sucesións e consulta descritiva da parcela 12 do polígono 23 (no catastro “en investigación”).

3.10.2. Imposto xeral de sucesións e datos informativos padrón (IBI) da parcela 901 do polígono 27.

3.11. Domínguez Rodríguez, Jesús; presenta documentación:

3.11.1. Certificación catastral e partes da declaración para o imposto de sucesións e nota simple de non inscrición no rexistro da propiedade.

3.11.1.1. Polígono 26, parcela 421.

3.12. Fernández Oya, Carmen; presenta documentación:

3.12.1. Certificación catastral, copia cotexada da declaración para o imposto de sucesións e copia da escritura de compravenda coa inscrición rexistral 16888.

3.12.1.1. Polígono 26, parcela 367.

3.13. García Garrido, Manuel (hros.); e Ramilo Giráldez, Hermosinda (hros.); presentan documentación:

3.13.1. Declaración do imposto xeral de sucesións, relación das parcelas do datos de bens inmobles (IBI) e plano do catastro.

3.13.1.1. Polígono 27, parcela 911.

3.13.1.2. Polígono 27, parcela 913.

3.13.1.3. Polígono 27, parcela 914.

3.14. García Lago, José; presenta documentación:

3.14.1. Declaración do imposto xeral de sucesións e consulta descritiva da parcela.

3.14.1.1. Polígono 26, parcela 8.

3.15. García Piñeiro, Argentina; presenta documentación:

3.15.1. Copia das escrituras de propiedade da parte que afecta as parcelas catastrais, segundo manifestación:

3.15.1.1. Polígono 23, parcela 4.

3.15.1.2. Polígono 23, parcela 5.

3.16. Giráldez Fortes, Esther; presenta documentación:

3.16.1. Datos do ben inmoble de catastro.

3.16.1.1. Polígono 6, parcela 1714.

3.16.1.2. Polígono 6, parcela 1728.

3.16.1.3. Polígono 6, parcela 1754.

3.16.2. Copia de escritura de herdanza con inscrición rexistral e referencia catastral dos predios: 4659, 21223 e 4658.

3.16.2.1. Polígono 6, parcela 1714.

3.16.2.2. Polígono 6, parcela 1728.

3.16.2.3. Polígono 6, parcela 1754.

3.17. Giráldez García, Belarmino; presenta documentación:

3.17.1. Copia de operacións de partilla das herdanzas e certificación catastral.

3.17.1.1. Polígono 27, parcela 898.

3.17.2. Copia do testamento e certificación catastral:

3.17.2.1. Polígono 22, parcela 159.

3.17.2.2. Polígono 22, parcela 493.

3.18. Giráldez García, Jesús; presenta documentación:

3.18.1. Certificación catastral e copia de operacións de partilla de herdanzas.

3.18.1.1. Polígono 23, parcela 16.

3.18.2. Certificación catastral, partillas e escritura notarial.

3.18.2.1. Polígono 27, parcela 855.

3.19. Giráldez García, José; presenta documentación:

3.19.1. Certificación catastral e copia de operacións de partilla de herdanzas.

3.19.1.1. Polígono 23, parcela 15.

3.20. Giráldez García, Lidia (hros.); presenta documentación:

3.20.1. Datos ben inmoble (IBI) a nome de Giráldez García, Lidia; e Varela Oya, Amante; consulta descritiva de catastro e copia da acta de rectificación coa inscrición rexistral 30795.

3.20.1.1. Polígono 26, parcela 425.

3.20.2. Copia da parte da escritura correspondente ao predio coa inscrición rexistral 12790 e levantamento topográfico.

3.21. Giráldez Maceira, Casilda; presenta documentación:

3.21.1. Copia de partes das escrituras e consulta descritiva dos predios catastrais:

3.21.1.1. Polígono 27, parcela 861.

3.21.1.2. Polígono 27, parcela 864.

3.21.1.3. Polígono 27, parcela 882.

3.21.1.4. Polígono 27, parcela 887.

3.21.1.5. Polígono 27, parcela 891.

3.21.1.6. Polígono 27, parcela 893.

3.22. Giráldez Varela, Carmen; presenta documentación:

3.22.1. Copia de partes das operacións de partilla de herdanzas da parcela 911 do polígono 27 (non está ao seu nome en catastro).

3.23. González González, José Luis; presenta documentación considerada xustificativa de propiedade no 2º treito do deslindamento.

3.23.1. Polígono 23, parcela 17.

3.23.2. Polígono 23, parcela 508.

3.24. Lago Fernández, José; presenta documentación:

3.24.1. Copia de escritura de compravenda con inscrición rexistral do predio 17047, coa referencia catastral segundo manifestación:

3.24.1.1. Polígono 23, parcela 10.

3.25. Lorenzo Lorenzo, Serafín; presenta documentación considerada xustificativa de propiedade no 1º treito do deslindamento. Non identifica predio.

3.26. Lorenzo Varela, Rosa; presenta documentación:

3.26.1. Certificación catastral, copia de parte da escritura de compravenda e IBI da parcela 375 do polígono 26.

3.27. Lorenzo Vila, Juana Florinda (hros.); presenta documentación:

3.27.1. Consulta descritiva dos datos catastrais da parcela 363 do polígono 26.

3.28. Maceira Gil, Isaura; presenta documentación:

3.28.1. Certificación catastral, copia de operacións de partilla de herdanzas e imposto xeral de sucesións e copia cotexada do testamento.

3.28.1.1. Polígono 22, parcela 21.

3.28.1.2. Polígono 27, parcela 863.

3.28.1.3. Polígono 27, parcela 886.

3.28.1.4. Polígono 27, parcela 892.

3.28.1.5. Polígono 27, parcela 895.

3.29. Martínez Novás, Carmen; presenta documentación:

3.29.1. Consulta descritiva dos datos catastrais, IBI e copia da partilla da parcela 372 do polígono 26.

3.30. Mouriño Novas, Serafín; e Barros Oya, Otilia; presenta documentación:

3.30.1. Copia da escritura de disolución de comunidade con inscrición rexistral dos predios 12222 e 12223, correspondentes coas parcelas catastrais, segundo manifestación.

3.30.1.1. Polígono 27, parcela 866.

3.30.1.2. Polígono 27, parcela 879.

3.31. Narom, S.L. presenta documentación:

3.31.1. Nota simple informativa do Rexistro da Propiedade do predio con inscrición rexistral 41834. Non identifica predio.

3.32. Novas Bravo, José Luis; presenta documentación:

3.32.1. Copia de operacións de partición das herdanzas, imposto xeral de sucesións e certificación catastral.

3.32.1.1. Polígono 22, parcela 524.

3.33. Novas Bugarín, Dosindo (hros.); presenta documentación:

3.33.1. Imposto xeral de sucesións, escritura de compravenda (parte) e consulta descritiva.

3.33.1.1. Polígono 27, parcela 859.

3.33.1.2. Polígono 27, parcela 860.

3.34. Oya Alvela, Manuel Eugenio e Domingo; presenta documentación:

3.34.1. Copia da escritura de aceptación de herdanza.

3.34.2. Captura da pantalla do Sixpac.

3.34.2.1. Polígono 6, parcela 1740 (é titular catastral da parcela 1739).

3.34.2.2. Polígono 23, parcela 3 (en catastro “en investigación”).

3.35. Oya Martínez, Mª Carmen; presenta documentación:

3.35.1. Copia cotexada de escritura de herdanza e certificación catastral.

3.35.1.1. Polígono 6, parcela 1726.

3.36. Pereira Piñeiro, Román; presenta documentación:

3.36.1. Datos ben inmoble (IBI), copia da escritura de aceptación de herdanza e consulta descritiva do catastro.

3.36.1.1. Polígono 27, parcela 907.

3.37. Pereira Ramilo, Jesús; presenta documentación:

3.37.1. Certificación catastral e copia da escritura de doazón e agrupación coa inscrición rexistral 17088.

3.37.1.1. Polígono 27, parcela 916.

3.38. Pereira Sánchez, Albino; presenta documentación:

3.38.1. Certificación catastral e copia da escritura de disolución de comunidade co inscrición rexistral 12232.

3.38.1.1. Polígono 27, parcela 876.

3.39. Pérez Giráldez, Jesusa; presenta documentación:

3.39.1. Copia cotexada de escritura de herdanza con inscrición rexistral do predio: 7029 do Porriño.

3.39.1.1. Polígono 22, parcela 472.

3.39.2. Copia de escritura pública con referencia catastral.

3.39.2.1. Polígono 23, parcela 18.

3.40. Pérez Giráldez, José; presenta documentación:

3.40.1. Certificación catastral e copia das escrituras de aceptación de herdanzas.

3.40.1.1. Polígono 27, parcela 868.

3.40.1.2. Polígono 27, parcela 909.

3.41. Pérez Lago, Felisa; presenta documentación:

3.41.1. Imposto xeral de sucesións e consulta descritiva.

3.41.1.1. Polígono 22, parcela 459.

3.42. Pérez Martínez, Delio; presenta documentación:

3.42.1. Copia de parte da escritura pública.

3.42.1.1. Polígono 26, parcela 365.

3.43. Piñeiro Rodríguez, Preciosa (hros.); presenta documentación:

3.43.1. Copia cotexada do imposto xeral do sucesións e declaración de herdanzas. Datos informativos padrón IBI propiedade rústica e certificación catastral.

3.43.1.1. Polígono 22, parcela 154.

3.43.1.2. Polígono 6, parcela 1708.

3.44. Porto Novas, Celso; presenta documentación:

3.44.1. Copia de operacións de partilla das herdanzas e certificación catastral.

3.44.1.1. Polígono 22, parcela 523.

3.44.1.2. Polígono 22, parcela 495.

3.44.1.3. Polígono 23, parcela 455.

3.44.1.4. Polígono 26, parcela 6.

3.45. Porto Novas, Jesús Manuel; presenta documentación:

3.45.1. Certificación catastral e copia da escritura de compravenda de:

3.45.1.1. Polígono 27, parcela 888.

3.45.2. Certificación catastral e copia das escrituras de propiedade.

3.45.2.1. Polígono 06, parcela 1725 (de acordo coa liña segundo alegación).

3.46. Porto Novas, Purificación; presenta documentación:

3.46.1. Certificación catastral, liquidación do imposto de sucesións e testamento de:

3.46.1.1. Polígono 8, parcela 673.

3.46.1.2. Polígono 23, parcela 756.

3.46.1.3. Polígono 23, parcela 858.

3.46.2. Liquidación do imposto de sucesións e testamento de:

3.46.2.1. Polígono 23, parcela 856.

3.47. Ramilo Giráldez, Carlos; presenta documentación:

3.47.1. Copia de operacións de partilla de herdanzas. Sen identificar predio despois de requirimento.

3.47(bis). Ramilo Giráldez, Hermosinda (hros.); presenta documentación sen identificar predio:

3.47(bis).1 Copia de operacións de partilla de herdanzas. Copia de aceptación de herdanzas.

3.48. Ramilo Novas, Carmen (hros.); presenta documentación:

3.48.1. Certificación catastral e copia da escritura de aceptación de herdanza e IBI da parcela 366 do polígono 26.

3.49. Ramilo Varela, Eugenia Enriqueta; presenta documentación:

3.49.1. Certificación catastral, copia de parte da escritura de herdanza e copia de imposto xeral de transmisións.

3.49.1.1. Polígono 27, parcela 929.

3.50. Ramilo Varela, José (titular catastral), aínda reclamada por Ramilo Novas, José; presenta documentación:

3.50.1. Copia de parte da escritura de doazón e copia de imposto xeral de transmisións.

3.50.1.1. Polígono 27, parcela 826.

3.51. Rodríguez Novas, Jesusa Libertad; e Pereira Sánchez, José; presentan documentación:

3.51.1. Escrituras públicas de compravenda e imposto xeral de sucesións das parcelas catastrais segundo manifestación:

3.51.1.1. Polígono 27, parcela 371 (en catastro “en investigación”).

3.51.1.2. Polígono 27, parcela 373.

3.51.2. Declaración do imposto xeral de sucesións e imposto xeral de transmisións dun predio non catastrada actualmente.

3.52. Rodríguez Ocampo, Digna; presenta documentación:

3.52.1. Copia de operacións de partición das herdanzas, descritiva, imposto xeral de sucesións e datos informativos padrón (IBI).

3.52.1.1. Polígono 22, parcela 475.

3.52.1.2. Polígono 22, parcela 460.

3.53. Sánchez González, Carmen; presenta documentación:

3.53.1. Consulta descritiva.

3.53.1.1. Polígono 27, parcela 900.

3.53.2. Certificación catastral e copia de parte do proxecto de segregación.

3.53.2.1. Polígono 27, parcela 903.

3.54. Sánchez González, Lucinda; presenta documentación:

3.54.1. Copia cotexada da escritura de partilla das herdanzas e descritiva de catastro.

3.54.1.1. Polígono 22, parcela 23.

3.55. Sial, S.A.:

3.55.1. Certificación literal e descritiva e plans das parcelas catastrais:

000703000NG36C0001KM 36039A054060020002GF.

36039A056060070001FL 36039A050000030000DM.

36039A050000310000DP 36039A050001070000DJ.

36039A050002660000DX 36039A050002700000DI.

36039A051000910000DS 36039A051003090000DS.

36039A051004130000DW 36039A051005120000DB.

36039A051005340000DE 36039A051005360000DZ.

36039A051008150000DD 36039A051009390000DK.

36039A051009910000DW 36039A053003110000DP.

36039A053004170000DX 36039A053004190000DJ.

36039A053004300000DH 36039A053004380000DL.

36039A053004390000DT 36039A053004400000DP.

36039A053004420000DT 36039A053004460000DK.

36039A054060020000DS 36039A055000030000DY.

36039A056060070000DK.

3.56. Varela Oya, Amante (hros.); presenta documentación:

3.56.1. Datos informativos padrón IBI a nome de Giráldez García, Lidia e Varela Oya, Amante, consulta descritiva de catastro e copia da acta de rectificación coa inscrición rexistral 30795.

3.56.1.1. Polígono 26, parcela 425.

3.56.2. Datos informativos padrón IBI e copia da declaración para imposto xeral de sucesións.

3.56.2.1. Polígono 26, parcela 368.

3.56.3. Copia da parte da escritura correspondente ao predio coa inscrición rexistral 12790 e levantamento topográfico.

3.57. Varela Oya, Jesús, presenta documentación considerada xustificativa de propiedade no 2º treito do deslindamento e plano de levantamento topografico das predios catastrais 425-426-427-428 do polígono 26.

3.58. Varela Oya, Mª Josefa; presenta documentación:

3.58.1. Certificación catastral e copia das escrituras de aceptación de herdanzas.

3.58.1.1. Polígono 23, parcela 183.

3.58.1.2. Polígono 26, parcela 369.

3.58.1.3. Polígono 27, parcela 489.

3.58.1.4. Polígono 27, parcela 819.

3.58.1.5. Polígono 27, parcela 836.

3.58.1.6. Polígono 27, parcela 868.

3.59. Veiga Maceira, Manuel; presenta documentación:

3.59.1. Copia da escritura de compravenda e descritiva de catastro.

3.59.1.1. Polígono 27, parcela 884.

No monte Rape e outros:

3.60. Alonso Rodríguez, José Antonio; presenta documentación:

3.60.1. Certificación catastral, consulta descritiva e liquidación do imposto de sucesións.

3.60.1.1. Polígono 20, parcela 92.

3.60.2. Liquidación da transmisión patrimonial, escritura de compravenda co inscrición rexistral 25244 e solicitude de inclusión no catastro.

3.60.2.1. Polígono 20, parcela 93.

3.61. Ambrosio Besada, Martín; presenta documentación:

3.61.1. Escrituras de compravenda con inscrición rexistral 20246, 20245, 20244.

3.61.2. Escritura de compravenda con inscrición rexistral 20243 da parcela 430 do polígono 20.

3.62. Ambrosio Besada, Montserrat; presenta documentación:

3.62.1. Escritura de compravenda con inscrición rexistral 20241. Non identifica predio.

3.63. Areal Casalmorto, Mª Esther; presenta documentación:

3.63.1. Datos ben inmoble (IBI) e copia de parte das operacións de partilla das herdanzas.

3.63.1.1. Polígono 20, parcela 143.

3.64. Boullosa Porto, Josefa; presenta documentación:

3.64.1. Certificación catastral, copia cotexada da escritura dos bens gananciais co inscrición rexistral 35823 e copia da nota simple do rexistro da propiedade do mesmo predio e plano de deslindamento e cotas.

3.64.1.1. Polígono 20, parcela 423.

3.64.1.2. Polígono 20, parcela 425.

3.64.1.3. Polígono 20, parcela 426.

3.64.1.4. Polígono 20, parcela 427.

3.65. David Fernández Grande, S.L.

3.65.1. Copia parcial das escrituras co inscrición rexistral e copia da escritura da sociedade David Fernández Grande, S.L.

3.65.1.1. Polígono 8, parcela 787.

3.66. Davila Giráldez, Guillermina; presenta documentación.

3.66.1. Certificación catastral.

3.66.1.1. Polígono 20, parcela 442.

3.67. Fernández Pérez, Manuel; declara que non é da súa propiedade a parcela: polígono 20, parcela 36.

3.68. González Carrera, Albertina; presenta documentación:

3.68.1. Copia da escritura da propiedade e consulta descritiva da parcela 158 do polígono 20.

3.69. Leiros Pérez, Iago; presenta documentación:

3.69.1. Copia da certificación do rexistro da propiedade do predio 20723 e solicitude de modificación ao catastro do predio que considera da súa propiedade, que é parte da parcela 83 do polígono 20.

3.70. Lorenzo Luxardo, Adriana; presenta documentación:

3.70.1. Copia das escrituras de pacto de mellora de Lorenzo Ramilo, Manuel a favor de Lorenzo Luxardo, Adriana; coa inscrición rexistral 19520 e escritura de doazón e agrupación coa inscrición rexistral 19519.

3.70.1.1. Polígono 20, parcela 95.

3.70.1.2. Polígono 20, parcela 6014 (en catastro “en investigación”).

3.71. Mouriño Porto, José; presenta documentación:

3.71.1. Nota simple informativa do rexistro da propiedade da predio 24236.

3.71.1.1. Polígono 20, parcela 85.

3.72. Pereira Oliveira, Emilia; presenta documentación:

3.72.1. Copia da escritura de propiedade e declaración de alteración no catastro da parcela 244 do polígono 20.

3.73. Pereira Sánchez, José; presenta documentación:

3.73.1. Certificación catastral e copia da escritura de compravenda con inscrición rexistral dos bens gananciais con inscrición rexistral 24544 e 27870.

3.73.1.1. Polígono 28, parcela 500.

3.73.1.2. Polígono 28, parcela 501.

3.74. Porto Giráldez; Jesús (hros.); presenta documentación:

3.74.1. Certificación catastral, copia da declaración do imposto de sucesións, datos do Sixpac e copia das operacións de partilla.

3.74.1.1. Polígono 20, parcela 86.

3.74.1.2. Polígono 20, parcela 140.

3.75. Rodríguez Casalmorto, Juana:

3.75.1.1. Declaración de que a parcela 140 do polígono 20 non é da súa propiedade.

3.75.1.2. Declaración de que a parcela 144 do polígono 20 é da súa propiedade.

3.76. Rodríguez Laredo; Josefa (hros.); presenta documentación:

3.76.1. Certificación catastral, escritura coa inscrición rexistral 19384, testamento, declaración do imposto de sucesións e solicitude de modificación ao catastro do seu predio.

3.76.1.1. Polígono 20, parcela 473.

3.77. Vilar Gloria presenta documentación:

3.77.1. Parte da escritura do predio e consulta descritiva no catastro da parcela 82 do polígono 20 (no catastro a nome da CMVMC de Atios).

4. Documentación presentada fóra do procedemento.

Non se considera a documentación presentada fóra do procedemento, considerando como último período para poder presentar documentación ou realizar as alegacións oportunas o período de vista pública, referido no punto 4 do artigo 49 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

4.1. Mouriño Barros, Manuel, presenta documentación fóra do prazo de vista pública.

5. Outra documentación.

Na tramitación do expediente de deslindamento solicitáronse os seguintes informes para poder resolver o expediente de deslindamento:

5.1. Ao Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra (consta no expediente).

5.2. Ao Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra (consta no expediente).

Cuarto. De acordo co anuncio do deslindamento, publicado no DOG núm. 148, do 6 de agosto de 2015, iniciouse o apeo de estremas o 1 de outubro de 2015 no lugar e hora nel indicados, estando presentes representantes da Comunidade de Atios e propietarios de monte.

O levantamento topográfico e trazado de planos levounos a cabo Alberto Acevedo López, xefe da Sección de Topografía do Servizo de Montes da Delegación Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra, que levantou topograficamente as dúas dimensións X e Y dos piquetes situados durante o apeo aplicando técnicas GPS mediante o método RTK e un sistema GPRS con base emisora pertencente á rede GNSS do IXN. A compilación e publicación da cartografía e bases de datos xerada realizouse de acordo coas disposicións do Real decreto 1071/2007.

O desenvolvemento do apeo foi asistido polo persoal do Distrito Forestal XVIII Vigo- Baixo Miño.

A práctica do apeo levouse a cabo establecendo como liña principal de deslindamento a definida polos representantes da CMVMC de Atios presentes no apeo e levantando liñas auxiliares cando algún dos comparecentes discrepaba con esa liña principal.

A progresión desde o punto de inicio realizouse de forma que o monte veciñal quedaba á dereita do sentido de avance, mantendo este criterio nas liñas auxiliares e nos encravados. Só se modificou este criterio por petición dos interesados ou por dificultades do terreo.

Unha vez finalizado o apeo da liña principal do monte Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros, procedeuse ao deslindamento dos encravados dentro desa liña.

Unha vez finalizado o apeo do monte referido no parágrafo anterior, procedeuse ao deslindamento dos montes clasificados como Rape e outros.

O apeo realizouse durante os días 2, 8, 9,15,16, 20, 23, 27 de outubro e 3, 5, 6, 10, 11, 12, 25, 27 e 30 de novembro, e 2, 3, 4, 9, 11, 16 e 29 de decembro de 2015 e 19 e 21 de xaneiro e 2 de febreiro de 2016 e redactáronse 27 actas, correspondentes unha a cada día de apeo.

Na liña principal do monte Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros levantáronse 25 piquetes numerados correlativamente do 356 ao 380, pechando o perímetro coa liña que une os piquetes 380 e 1 (este piquete 1, levantado no primeiro treito do deslindamento do monte, segundo acordo entre as comunidades de Cans e Atios) e cun perímetro de 2.790 m.

Esta liña que une os piquetes correlativos do piquete 356 ao 380 modificouse ao comprobar que algúns dos encravados afectaban a liña principal.

No monte Rape e outros levantáronse 117 piquetes numerados correlativamente do 381 ao 497, Roxo do piquete 381 ao 437, Rape do piquete 438 ao 453, e 454 como alternativo, As Culcas do piquete 455 ao 460, Torreiro da Guía do piquete 461 ao 467, Baldío de Vilafría do 468 ao 478 e Pereiro do 479 ao 497, cun perímetro de 5.500 m.

Cando houbo discrepancias coa liña proposta pola Comunidade de Atios e se presentou reclamación solicitando a súa modificación, as liñas correspondentes a estas reclamacións identificáronse co número do piquete da liña principal máis próximo ao seu comezo, ao cal se agregou unha letra, en progresión ascendente e en forma correlativa desde a letra A, para cada piquete da liña auxiliar. Como consecuencia, levantáronse 18 piquetes auxiliares no monte Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros e 34 piquetes auxiliares no monte Rape e outros (30 no monte Roxo, 2 no monte Rape e 4 no monte Baldío de Vilafría).

No monte Rape, a Comunidade levantou unha liña alternativa á clasificada, mediante o piquete alternativo 454, así como no monte Pereiro con 2 piquetes auxiliares.

Os encravados reclamados por particulares e recoñecidos pola comunidade dentro da liña principal levantáronse e enumeráronse coa letra E, á cal se agregou un número en progresión ascendente e en forma correlativa desde o 1. Levantáronse 4 piquetes como encravado recoñecido pola Comunidade.

Os encravados reclamados por particulares e non recoñecidos pola Comunidade dentro da liña principal levantáronse e enumeráronse coa letra X, á cal se agregou un número en progresión ascendente e en forma correlativa desde o 1. Levantáronse 250 piquetes de encravados. Algunhas destas alegacións levantadas como encravados modificaban, segundo se comprobou a posteriori, a liña principal e, por tanto, non eran encravados.

Os dous encravados reclamados polo concello do Porriño e non recoñecidos pola Comunidade dentro da liña principal levantáronse e enumeráronse coa letra C, á cal se agregou un número en progresión ascendente e en forma correlativa desde o 1. Levantáronse 15 piquetes por proposta do Concello.

6. Alegacións presentadas durante o apeo.

Nas alegacións dos particulares á liña proposta pola comunidade, así como as encravados dentro da liña proposta pola comunidade, enúnciase o reclamante e a persoa en nome de quen reclama, así como os piquetes levantados. A Comunidade alega non recoñecer estas liñas alternativas excepto a alegación 6.4 realizada polas irmás Pérez Lago.

Á liña proposta pola comunidade ou como encravado no monte Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros.

Acta 1.10.2015:

6.1. Domínguez Rodríguez, Mª Josefa; alega en nome de Rodríguez Ocampo, Digna, propiedade dun predio, que a Comunidade de Atios non recoñece en parte: piquetes 358A-358B-358C-360.

Acta 2.10.2015:

6.2. Domínguez Rodríguez, Mª Josefa; alega en nome de Rodríguez Ocampo, Digna, propiedade dun predio, que a Comunidade de Atios non recoñece como privada, senón que considera que é monte veciñal: 361A-E3-E2.

6.3. Domínguez Rodríguez, Mª Josefa; alega en nome de Rodríguez Ocampo, Carmen (hros.), propiedade dun predio, que a Comunidade de Atios non recoñece. Piquetes: 361A-361B-361C.

6.4. Pérez Lago, Felisa e Pérez Lago, María; alegan ter un predio encravado nos terreos do MVMC pertencente á Comunidade de Atios. Este encravado é recoñecido pola Comunidade de Atios ao considerar que é unha permuta que se formalizou en escritura pública outorgada o 20.11.1959 ante o notario Tomás Santoro Iglesias co protocolo 1012 e que foi outorgada polo alcalde de entón Porfirio González Gradín, piquetes E1-E2-E3-E4.

Acta 8.10.2015:

6.5. Giráldez Mouriño, Manuel; en representación de Campos Rodríguez, Marina, titular catastral das parcelas 1172 e 1173 do polígono 6 asina de acordo co piquete 380.

6.6. Novas Bravo, José Luis; alega propiedade do predio catastral 524 do polígono 22. Piquetes 365 A-B-C. A comunidade non recoñece a liña alternativa proposta polo anterior alegante.

6.7. Ozores Lago, Atilano; alega propiedade do predio catastral 504 do polígono 22. Piquetes 365 C-D-E-F-G. A comunidade non recoñece a liña alternativa proposta polo anterior alegante.

6.7(bis). Ozores Lago, Atilano; titular catastral da parcela 1723 do polígono 6, asina de acordo co piquete 377 e 378.

6.8. Porto Novas, Jesús Manuel; acepta o piquete 377 que afecta a parcela 1725 do polígono 6 da cal é titular catastral.

6.9. Porto Oya, Víctor Manuel; en representación de Oya Martínez, Mª Carmen; alega que a súa familia sempre aproveitou estes terreos e que a comunidade nunca se opuxo. A comunidade alega que é unha liña alternativa á que propón a comunidade, que non é recoñecida porque supón unha invasión do MVMC no seu día clasificado e que o uso ou aproveitamento que se puido facer do terreo non atribúe propiedade debido á imprescritibilidade do monte. Piquetes: 375-375A-376.

6.10. Rodríguez Represas, Dolores; en representación de Rodríguez Lago, José (Hros de); alega non estar de acordo coa liña proposta pola comunidade pois inclúe a leira propiedade do seu marido. Non marca a súa leira e acepta os límites de catastro. Parcela catastral 1727 do polígono 6.

A comunidade alega non recoñecer a dita porción de terreo como de propiedade privada, pois forma parte integrante do MVMC e incluída no seu perímetro.

Acta 9.10.2015:

6.11. Porto Novas, Celso; alega propiedade da predio catastral 523 do polígono 22. Piquetes 365E-H-I. A Comunidade de Atios mostra a súa desconformidade coa antedita liña auxiliar pois que invade monte veciñal clasificado.

6.12. O presidente da Comunidade de Cans, Plácido Novas Quintas, e os representantes da Comunidade de Atios recoñecen como límite entre as dúas comunidades a liña que une o piquete 1 co piquete 380.

Acta 15.10.2015:

6.13. Alonso Fernández, Jesusa e Ramón. Piquetes: X2-X3-X12.

6.14. Alonso Fernández, Jesusa e Ramón Piquetes: X14-X15-X16-X17.

6.15. Bugarín Pedrares, Consuelo; en nome de Bugarín García, Augusto (hros. de). Piquetes: X3-X4-X11.

6.16. Domínguez Varela, Manuel Guillermo; en nome de Domínguez García, Esther. Piquetes: X5-X6-X7.

6.17. García Garrido, Manuel (hros. de). Piquetes: X26-X27-X40-X41.

6.18. García Ramilo, Pablo; en nome de García Ramilo, Mª Carmen. Piquetes: Piquetes: X30 ao X33.

6.19. García Ramilo, Pablo; en nome de Pereira Piñeiro, Román. Piquetes: X44-X45-X48-X23.

6.20. García Ramilo, Olga en nome de Vila Piñeiro, Marcelino (hros.). Piquetes: X28-X29-X38-X39.

6.21. Giráldez García, Jesús. Piquetes: X17-X18-X19-X2.0.

6.22. Giráldez García, Jesús; en nome de Giráldez García, Belarmino. Piquetes: X7-X8-X9.

6.23. Giráldez Varela, Carmen; no seu nome. Piquetes: X29-X30-X33-X35-X36-X37.

6.24. Giráldez Varela, Carmen; en nome de Ramilo Piñeiro, Augusto. Piquetes: X27-X28.

6.25. Ozores Lago, Atilano. Piquetes: X25-X26-X41-X42.

6.26. Pérez Giráldez, José. Piquetes: X24-X25-X42-X43.

6.27. Pereira Ramilo, Jesús. Piquetes: X23-X24-X43-X44.

6.28. Piñeiro Rodríguez, José; en nome de Rodríguez Ocampo, Carmen. Piquetes: X21-X22-X49-X50.

6.29. Sánchez González, Carmen. Piquetes: X1-X2-X12-X13.

6.30. Sánchez González, Carmen. Piquetes: X4-X5-X10-X11.

Acta 16.10.2015:

6.31. Concello do Porriño. Piquetes: C1 ao C10.

Considera o concello do Porriño, segundo o seu representante Eduardo Portela Fernández que “os vértices e puntos de implantación, obxecto de medición polos técnicos da consellería, se corresponden co perímetro e ámbito do encravado 3-1 de titularidade municipal, excluído do MVMC da parroquia de Atios, é dicir, que así consta no plano que figura no expediente de clasificación da parroquia de Atios que se resolveu por resolución do Xurado Provincial de Montes en xaneiro de 1987, confirmado por sentenza do Tribunal Supremo”.

6.32 CMVMC de Atios á encravado alegado polo concello. Piquetes C1 ao C10. Alega a comunidade por medio da súa representante, Luisa López Bastos, “que todo o terreo que propón o Concello como encravado foi unha parte integrante do MVMC, pois que, cando no seu día se ditou a resolución de clasificación do MVMC, excluíuse o dito terreo por estar destinado a unha canteira en explotación e, ao estar desaparecida a dita canteira, a causa que determinou a súa exclusión, ao non existir ningún tipo desta actividade extractiva desde hai máis de 40 anos, procede considerar todo como parte integrante do MVMC, ao estaren incluídos os ditos terreos dentro do monte clasificado, tal e como se constata á vista do esbozo anexo á resolución de clasificación. Nos últimos anos a CMVMC vén realizando traballos forestais no citado terreo, o cal está incluído no proxecto de ordenación do monte. Ademais, a CMVMC mostra a súa desconformidade coa liña proposta polo Concello para delimitar os citados terreos, xa que a liña proposta se limita a trasladar ao terreo o debuxo recollido no esbozo, que carece da mínima exactitude, do cal é proba o suposto encravado 3-3.

6.33. Concello do Porriño. Piquetes C11 ao C15.

“Os vértices e puntos de implantación obxecto de medición polos técnicos da consellería correspóndense co perímetro e ámbito do encravado nº 5-1 de titularidade municipal, excluído do MVMC da parroquia de Atios. Así consta no plano do expediente de clasificación que consta na resolución do Xurado Provincial de Montes do 13.1.1987, confirmado por sentenza do Tribunal Supremo.

Ademais, o campo de tiro situado dentro do encravado foi construído polo Concello do Porriño, ten a consideración de ben de dominio público e está clasificado polo PXOM como equipamento deportivo”.

6.34. CMVMC de Atios ao encravado alegado polo concello. Piquetes C11 ao C15.

“Damos por reiteradas as alegacións formuladas en relación ao encravado 3-1, proposto polo Concello do Porriño e, en relación cos terreos que quedan delimitados polo encravado 5-1, sinalamos que a CMVMC desde o ano 98 formalizou un contrato de cesión coa sociedade de tiro Rosa Porriño A Venatoria en relación cos terreos do denominado “campo de tiro”, que se encontran dentro deses terreos, e que toda esta superficie se encontra dentro do proxecto de ordenación sen que o concello manifestase ningunha oposición”.

Acta 20.10.2015:

6.35. Lago Rodríguez, Ramón; en nome de Lago Oya, Prospero. Piquetes: X45-X46-X47-X48.

6.36. García Ramilo, Pablo; en nome de García Garrido, Manuel (hros.). Piquetes: X33 ao X36.

6.37. García Ramilo, Pablo; en nome de García Garrido, Manuel (hros.). Piquetes: X39-X40.

6.38. Pereira Ramilo, Jesús. Piquetes: X51 ao X54.

Acta 22.10.2015:

6.39. Barros Fernández, Olga; en nome de Barros Fernández, Rosa.

Piquetes: X55-X56-X57.

6.40. Barros Oya, Otilia; en nome de Barros Ramilo, Manuel (hros.). Piquetes: X59-X60.

6.41. Barros Oya, Otilia; en nome de Barros Ramilo, Manuel (hros.). Piquetes: X61-X62 .

6.42. Barros Oya, Otilia; en nome de Barros Ramilo, Manuel (hros.). Piquetes: X65-X66.

6.43. García Lago, Antonio. Piquetes: X62-X63.

6.44. García Lago, José. Piquetes: X58-X59.

6.45. García Ramilo, Pablo; en nome de García Ramilo, Flora. Piquetes: X72 ao X75.

6.46. Novas Barros, José en nome de Barros Ramilo, Carmen. Piquetes: X63-X64-X65.

6.47. Porto Novas, Celso. Piquetes: X60-X61.

Acta 23.10.2015:

6.48. Giráldez García, Jesús. Dentro dos piquetes: X83 ao X86.

6.49. Giráldez García, Jesús; en nome Giráldez García, José. Dentro dos piquetes: X83 ao X86.

6.50. Groba Presa, Consuelo; en nome de Sánchez González, Lucinda. Piquetes X76 ao X79.

6.51. Lago Fernández, José. Piquetes X87 ao X90.

6.52. Neves Leça de Oya, Dulia Tomasia; en nome de Oya Sánchez, Antonio.

Dentro dos piquetes: X79-X80-X81-X82.

6.53. Neves Leça de Oya, Dulia Tomasia; en nome de Oya Sánchez, Antonio. Piquetes: X83 ao X86.

6.54. Pérez Giráldez, Jesusa. Dentro dos piquetes: X79-X80-X81-X82.

6.55. Pérez Giráldez, Jesusa; alega en nome de Alonso Fernández, Ramón e Jesusa. Piquetes: Dentro dos piquetes: X79-X80-X81-X82.

6.56. Rodríguez Acuña, Alfonso; en nome de Rodríguez Lago, Enrique. Piquetes: X83- X84-X85-X86.

6.57. Rodríguez Rodríguez, Alberto; alega en nome de Rodríguez Lago, José (hros de). Dentro dos piquetes: X79-X80-X81-X82.

Acta 3.11.2015:

6.58. Barros Oya, Otilia. Piquetes X91-X92.

6.59. Maceira Fdez., Juan. Piquetes: X91-X92-X93-X106-X107.

6.60. Lago Rodríguez, Ramón; en nome de Fernández Pérez, Manuel; por compra a Ozores Lago, Cándido. Piquetes: X97-X98-X102-X103 e piquetes: X108-X109-X110-X111-X113.

6.61. Lago Rodríguez, Ramón; en nome de García Piñeiro, Argentina. Piquetes: X110-X111-X112-X113.

6.62. Oya Pérez, Iván; en nome de Oya Alvela, Domingo. Piquetes: X111-X117-X118-X112.

6.63. Piñeiro Rodríguez, José; en nome de Piñeiro Rodríguez, Manuel (hros.). Piquetes: X99-X100-X101-X102.

6.64. Perez Gíraldez, Jesusa. Piquetes X114-X115-X116.

6.65. Porto Novás, Purificación. Piquetes: X94-X95-X104-X105.

Acta 6.11.2015:

6.66. Carballido Campos, Daniel, e Martínez Carballido, Manuel; en nome de Carballido Fernández, Juan (hros.). Piquetes: X125-X126-X127-X128.

6.67. Oya Pérez, Iván; en nome de Oya Alvela, M. Eugenio. Piquetes: X119-X120-X121-X122-X123-X124.

Acta 10.11.2015:

6.68. Bravo Fernández, Divina; en nome de Novas Bugarín, Dosindo (hros.). Piquetes: X146 ao X150.

6.69. Campos González, Lidia, en nome de Giráldez González, Alberto. Piquetes: X136-X137-X141.

6.70. Giráldez García, Jesús. Piquetes: X142-X143-X144-X145-X151.

6.71. Giráldez García, Jesús; en nome de Pérez Giráldez, José. Piquetes: X152-X153-X179.

6.72. Giráldez García, Jesús; en nome de Ramilo Giráldez, José. Piquetes: X138-X139-X140.

6.73. Giráldez García, Jesús; e López Dasilva, José; en nome de Porto Novas, Purificación. Piquetes: X145-X146-X150-X151.

6.74. Herrero Giráldez, Ana Mª; en nome de Giráldez Maceira, Casilda. Piquetes: X153-X154.

6.75. Mouriño Vila, Manuel, en nome de Mouriño Barros, Manuel.

Piquetes: X129 ao X132.

6.76. Pereira Pereira, Xoán; presidente da comunidade, en nome de Giráldez Fortes, Esther; falecida. Parcela catastral 1714 do polígono 6. Acepta datos catastrais.

6.77. Pereira Pereira, Xoán; presidente da comunidade, en nome de Giráldez Fortes, Esther; falecida. Parcela catastral 1728 do polígono 6. Acepta datos catastrais.

6.78. Pereira Pereira, Xoán; presidente da comunidade, en nome de Giráldez Fortes, Esther; falecida. Parcela catastral 1754 do polígono 6. Acepta datos catastrais.

6.79. Varela Oya, Mª Josefa. Piquetes: X133-X134-X135-X136-X141.

Acta 11.11.2015:

6.80. Barros Oya, Otilia; en nome de Mouriño Novas, Serafín.

Piquetes: X162 ao X166.

6.81. Fernández Pereira, Irene; en nome de Porto Oya, Augusto (hros.). Piquetes: X175-X176-X177.

6.82. Fernández Pereira, Irene; en nome de Porto Oya, Augusto (hros.). Piquetes: X180 ao X183.

6.83. Herrero Giráldez, Ana Mª; en nome de Giráldez Maceira, Casilda. Piquetes: X159-X160-X161.

6.84. Lorenzo Pérez, Anselmo; en nome de Mouriño Lago, María. Piquetes: X164-X174-X175-X177-X178.

6.85. Lorenzo Pérez, Anselmo; en nome de Ramilo Maceira, Ramona. Piquetes: X164-X174-X175-X177-X178.

6.86. Mouriño Porto, Manuel; en nome de Mouriño Lago, José. Piquetes: X155 ao X158 (distinto titular catastral).

6.87. Mouriño Porto, Manuel; en nome de Mouriño Lago, José. Piquetes: X174 ao X178.

6.88. Pereira Sánchez, Albino. Piquetes: X167 ao X173.

Acta 12.11.2015:

6.89. Barros Oya, Otilia; en nome de Mouriño Novas, Serafín. Piquetes X199-X201-X202-X207.

6.90. Campos Piñeiro, José; en nome de Giráldez Maceira, María (hros.). Dentro dos piquetes do X184 ao X187.

6.91. Campos Piñeiro, José; en nome de Giráldez Maceira, María (hros.). Dentro dos piquetes do X188 ao X198.

6.92. Campos Piñeiro, José; en nome de Maceira Gil, Isaura. Dentro dos piquetes do X184 ao X187.

6.93. Campos Piñeiro, José; en nome de Maceira Gil, Isaura. Dentro dos piquetes do X188 ao X198.

6.94. Campos Piñeiro, José; en nome de Giráldez Maceira, María (hros.). Piquetes: X202-X203-X206-X207.

6.95. Herrero Giráldez, Ana Mª; en nome de Giráldez Maceira, Casilda. Dentro dos piquetes do X184 ao X187.

6.96. Herrero Giráldez, Ana Mª; en nome de Giráldez Maceira, Casilda. Dentro dos piquetes do X188 ao X198.

6.97. Herrero Giráldez, Ana Mª; en nome de Giráldez Maceira, Casilda. Parcela catastral 891 do polígono 27. Acepta datos catastrais.

6.98. Mouriño Porto, Manuel. Piquetes: X199-X200-X201.

6.99. Porto Novas, Jesús Manuel. Dentro dos piquetes do X188 ao X198.

6.100. Veiga Maceira, Manuel; en nome de Maceira Paz, José (Hros de). Piquetes: X203-X204-X205.

Acta 25.11.2015:

6.101. Fernández Bacelo, Basilio; en nome de Pereira Maceira, Carmen (hros.). Piquetes: X220-X220’ e dentro dos X224-X225.

6.102. Herrero Giráldez, Ana Mª; en nome de Giráldez Maceira, Casilda. Parcela catastral 882 do polígono 27. Acepta datos catastrais.

6.103. Lorenzo Varela, Antonio; en nome de Martínez Novás, Carmen. Piquetes: X217-X218-X226-X227.

6.104. Lorenzo Varela, Rosa. Piquetes: X220-X221-X224-X225.

6.105. Pereira Sánchez, José; en nome de Rodríguez Novas, Jesusa Libertad. Piquetes: X214-X215-X216-X228-X229.

6.106. Pereira Sánchez, José; en nome de Rodríguez Novas, Jesusa Libertad. Piquetes: X218-X219-X226.

6.107. Pereira Sánchez, José; en nome de Rodríguez Novas, Jesusa Libertad. Piquetes: X221-X222-X223-X224.

6.108. Varela Giráldez, Mª Carmen; en nome dos titulares catastrais das parcelas 425 ao 428 do polígono 26. Piquetes X208 ao X213: Varela Oya, Ramón ; Jesús; José Juan e Giráldez García, Lidia (hros.).

6.109. Veiga Maceira, Manuel. Parcela catastral 884 do polígono 27. Acepta datos catastrais.

Acta 27.11.2015:

6.110. Alonso Giráldez, Jesusa. Piquetes: X233-X234-X239-X240.

6.111. Domínguez Rodríguez, Jesús. Piquetes: X245-X214-X229.

6.112. Lago Rodríguez, Ramón; en nome de Lago Oya, Próspero. Dentro do enclavado, piquetes: X214 ao X244.

6.113. Lorenzo Varela, David. Piquetes: X235 ao X238.

6.114. Martínez Lago, Manuel; en nome de Fernández Oya, Carmen. Piquetes: X230-X231-X242-X243.

6.115. Pereira Ramilo, Jesús; en nome de Ramilo Novas, Carmen (hros.). Piquetes: X231-X232-X241-X242.

6.116. Pérez Martínez, Delio. Piquetes: X232-X233-X240-X241.

6.117. Varela Giráldez, Mª Jesús; en nome de Varela Oya, Amante (hros.). Piquetes: X243-X244.

6.118. Varela Lorenzo, Carmen; en nome de Lorenzo Vila, Juana Florinda (hros.). Piquetes: X234-X235-X238-X239.

6.119. Varela Oya, Mª Josefa. Piquetes: X244-X245.

Acta 3.2.2016:

6.120. Lorenzo Ramilo, Manuel; en nome de Ramilo Varela, Eugenia Enriqueta. Piquetes: X246 ao X250.

6.121. Ramilo Novas, Javier; en nome de Ramilo Varela, José. Piquetes: X246 ao X250.

Á liña proposta pola comunidade no monte Roxo.

Acta 2.12.2015:

6.122. Leirós Pérez, Iago. Piquetes: 393-393A-393B-390-391.

6.123. Mouriño Porto, José; alega propiedade. Piquetes: 386-386A-386B.

6.124. Porto Rodríguez, Jesusa; en nome de Porto Giráldez, Jesús (hros.); alega propiedade. Piquetes: 386B-386C-387.

6.125. Rodríguez Quintás, Antonio; alega propiedade en nome de Rodríguez Rodríguez, Antonio (hros.). Piquetes: 387-387A-387B-388.

Acta 3.12.2015:

6.126. Carrera Giráldez, Ángeles; en nome de Rodríguez Rodríguez, Antonio (hros.). Piquetes: 388A-388B-388C-393B-388D.

6.127. Lorenzo Luxardo, Adriana; en nome de Lorenzo Ramilo, Manuel. Piquetes: 388E-393B-388F-389.

Acta 4.12.2015:

6.128. Areal Casalmorto, Mª Esther; no seu nome e no nome de Rodríguez Casalmorto, Juana. Piquetes: 412A-412B-412E-412F-412D.

6.129. Rodríguez, Juan Manuel; en nome de Rodríguez Davila, Manuel. Piquetes: 412G-412H-412L-412J-412I. Entrega plano coa alegación.

Acta 9.12.2015:

6.130. Alonso Rodríguez, José Antonio; no seu nome e en nome de Maceira Porto, Lidia (hros.). Piquetes: 388-388G-388B-388A.

6.131. Campos Varela, Santiago; en representación de Boullosa Porto, Josefa. Piquetes: 383-383A-383B-383C-383D-383E-386.

Acta 3.2.2016:

6.132. Vilar, Gloria; entrega documentación en data 21.1.2016 que é incorporada en data 3.2.2016 a acta. Non ten claro que estea afectada pola liña proposta pola comunidade. A parcela reclamada está no catastro a nome da comunidade.

Á liña proposta pola comunidade no monte Rape.

Acta 16.12.2015:

6.133. Mouriño Porto, Manuel; alega propiedade. Piquetes: 448A-448B-449.

6.134. Pereira Pereira, Xoán; presidente da CMVMC de Atios presenta unha liña alternativa á clasificación. Piquetes: 439-454-442.

Á liña proposta pola comunidade no monte Baldío de Vilafría.

Acta 19.1.2016:

6.135. Bacelo Pereira, Emilio José; en nome de Pereira Sánchez, José. Piquetes: 472A-472B-472C-472D-473-472.

Á liña proposta pola comunidade no monte Pereiro.

Acta 19.1.2016:

6.136. Bugarín Gónzalez, Cristina; representante da CMVMC de Pontellas, manifesta a súa desconformidade co deslindamento do monte Pereiro, como parte integrante do MVMC de Atios, “por entender que o dito monte se acha integramente na parroquia de Pontellas e que lle pertence por telo aproveitado o común dos seus veciños desde tempo inmemorial, tal e como se expuxo no escrito de alegacións presentado no Servizo de Montes”.

Acta 21.1.2016:

6.137. Pereira Pereira, Xoán; presidente da CMVMC de Atios presenta unha liña alternativa á clasificación. Piquetes: 490A-490B-497. Alega “que esta liña responde á realidade do aproveitamento histórico do monte Pereiro por parte dos veciños da parroquia de Atios. Esta liña é continuación da liña límite parroquial desde o Marco dos Cogomelos ata o regato de Ameixeira”.

6.138. Bugarín Gónzalez, Cristina; representante da CMVMC de Pontellas manifesta “que non está conforme coa petición do presidente da Comunidade de Atios de apear esa liña alternativa, por canto o Servizo de Montes se debe limitar exclusivamente a levantar o perímetro do monte clasificado como Pereiro a favor da Comunidade de Atios, apeo que xa se realizou o pasado día 19.1.2016”.

Quinto. Concluído o apeo e o procesamento da información topográfica nel recollida, de acordo co determinado polo artigo 49.4 da Lei de montes de Galicia, no DOG núm. 58, do 28 de marzo de 2016, publícase Anuncio do 9 de marzo de 2016 polo que se abre período de vista pública deste expediente de deslindamento e presentación de alegacións, de 20 días naturais.

O aviso deste anuncio apareceu publicado na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar no 30 de marzo de 2016.

O citado anuncio remitiuse ao Concello do Porriño para a súa exposición no taboleiro de anuncios, onde permaneceu do 6 de abril de 2016 ao 25 de abril de 2016 e recibiuse de acordo a certificación emitida por ese concello con data 26 de abril de 2016.

Así mesmo, enviáronse notificacións persoais, mediante correo certificado con dous intentos de entrega, a 250 interesados no expediente.

7. Alegacións presentadas no período de vista pública.

7.1. Neste período volven presentar documentación os particulares afectados por este deslindamento, xa referida na epígrafe de documentación.

7.2. A CMVMC de Pontellas expresa o seu rexeitamento mediante escrito asinado polo seu presidente do 29.12.2015 e 15.4.2016 á inclusión do monte Pereiro no deslindamento dos montes da Comunidade de Atios, pois alega que pertence á Comunidade de Pontellas, que veu aproveitando desde tempo inmemorial este monte o común dos seus veciños e, ademais, atópase dentro da demarcación histórica e tradicional da parroquia. E, por tanto considera que a Comunidade de Pontellas “non é estremeira con ela, senón que a dita parcela forma parte integrante e inseparable dos montes pertencentes aos veciños de Pontellas”.

7.3. A CMVMC de Pontellas alega mediante escrito asinado polo seu presidente do 15.4.2016 aos piquetes 390, 390A, 390B e 379 levantados por instancia da CMVMC de Atios, “a falta de sentido de tal pretensión, pois nada teñen que ver cos límites do monte Pereiro clasificado e excede o propio contido da resolución de clasificación, polo que procede a súa completa desestimación”.

7.4. O presidente da Comunidade de Atios, Juan José Pereira Pereira solicita relación dos documentos de propiedade presentados polos afectados e actas de apeo do deslindamento e a súa transcrición, así como a documentación presentada polos interesados.

7.5. O presidente da Comunidade de Atios, Juan José Pereira Pereira alega:

7.5.1. Respecto á tramitación procedemental: considera que existe un absoluto erro e infracción das normas reguladoras do procedemento na presente tramitación procedemental por parte da Administración, en concreto, desde a publicación do Anuncio do 16 de xullo de 2015, publicado no DOG do 6 de agosto de 2015, pois que nel se menciona o artigo 49 da Lei 7/2012, Lei de montes de Galicia, e se abre un período para o cumprimento dun trámite previsto nesa lei, cando o expediente de deslindamento se estaba a tramitar desde o seu inicio (en virtude do cumprimento da sentenza ditada o 9 de febreiro de 2012), de acordo co procedemento previsto no Regulamento de montes do 22 de febreiro de 1962, tal e como manifestou expresamente Administración a través dos diversos anuncios publicados nos boletíns e nos diversos escritos que a Administración dirixiu ao Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Pontevedra no seo do Po 233/2011, tal e como a seguir se refire:

1. Así, o anuncio publicado no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra o 7 de marzo de 2013, no cal se sinala o día do comezo das operacións de apeo para o día 17 de xuño, de acordo cos artigos 96 e 97 do Regulamento de montes do 22 de febreiro de 1962. Xúntase copia.

2. O informe do 8 de maio, remitido ao Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Pontevedra… a Administración sinala… que o secretario de Medio Ambiente Rural e Montes aproba a actuación citada … e tramítase o expediente de acordo co disposto polo Decreto 485/1962, do 22 de febreiro, do Regulamento de montes.

Polo que, unha vez iniciado o procedemento de deslindamento, de acordo co Decreto de 1962, non se pode abandonar este e pasar a outro procedemento previsto noutra normativa, xa que suporía a nulidade de pleno dereito da resolución que se ditase ao prescindir total e absolutamente do procedemento legal establecido. Xúntase copia.

Ademais, a disposición transitoria décima da Lei 7/2012 establece que: “1. Aos procedementos iniciados ao abeiro da normativa existente con anterioridade á entrada en vigor da presente lei seralles de aplicación a normativa vixente no momento da súa iniciación”.

Por todo isto, procede continuar a tramitación do expediente conforme a normativa prevista no Decreto 485/1962, de tal forma que no presente procedemento se deben seguir os trámites posteriores ao apeo previstos nos artigos 119 e seguintes do Decreto 485/1962, pois no contrario estaríase a prescindir de forma total e absoluta do procedemento legalmente establecido.

7.5.2. Hai que sinalar que, tal e como ten declarado a xurisprudencia, entre outras, a STS do 28.6.2001, o deslindamento ten como finalidade “encontrar no terreo e marcar nel as referencias físicas sinaladas como límites no acordo clasificatorio”, sen que se poidan deixar fóra parcelas que de acordo coa resolución de clasificación forman parte do monte veciñal e sen que a Administración se poida pronunciar sobre cuestións civís “que exceden a finalidade do deslindamento”.

7.5.3. Montes Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros.

7.5.3.1. Reitérase o xa exposto durante a fase de apeo, solicitando que se aprobe a liña principal proposta por esta comunidade tal e como consta descrita nos diversos piquetes da acta de apeo e débense desestimar todas as pretensións de liñas alternativas propostas polos particulares que compareceron ao apeo e en relación aos cales as propiedades que reclaman en ningún caso foron recoñecidas como encravados na resolución de clasificación.

Coa única excepción do encravado que recoñeceu a Comunidade de Montes da zona de Ridosa ás irmás Felisa e María Pérez Lago, que adquiriron eses terreos en virtude de escritura pública de permuta celebrada co Concello do Porriño no 20.11.1959, e isto sen prexuízo de que a Comunidade de Montes reserve para si o exercicio da acción civil.

7.5.3.2. Así mesmo, queremos destacar que na fase de apeo se cerrou a liña divisoria entre as parroquias de Atios e Cans, manifestando ambas as comunidades de montes a súa conformidade coa liña fixada, tal e como consta no expediente administrativo.

7.5.3.3. Polo que respecta aos supostos encravados do Concello do Porriño, esta parte quere sinalar o seguinte:

1. Reiteramos a nosa desconformidade coa exclusión das ditas parcelas do monte, unha vez que tal e como se recolle na resolución de clasificación que foi confirmada por sentenza xudicial, o único motivo por que tales porcións de terreo non foron obxecto de clasificación respondeu a que estaban “destinadas a canteiras en explotación”.

Tal e como se constatou durante a fase de apeo, non só na actualidade senón desde hai moitos anos, a suposta actividade mineira que puidese haber nos ditos terreos cesou, e mesmo a día de hoxe a Comunidade de Montes de Atios realiza plantacións nesas porcións de terreo, que están incluídas no seu súa proxecto de ordenación......

2. Reiterar a súa absoluta desconformidade coa superficie que segundo o Concello do Porriño teñen os referidos encravados......E isto é así xa que tal e como se recolle na sentenza do Tribunal Supremo, cuxa copia se xunta como doc. nº 3, no seu fundamento de dereito cuarto:...........

7.5.4. Montes Roxo, Rape, As Culcas, Torreiro da Guía, Baldío de Vilafría e Pereiro.......Nas resolucións do Xurado de Montes anteriormente indicadas e que tiveron por obxecto a clasificación destes montes indícase expresamente que se clasifican “de acordo coa descrición reflectida no feito sétimo e na planimetría elaborada para o efecto polo Servizo de Montes e Industrias Forestais que forma parte inseparable da presente resolución”.....

...De modo que no presente caso o deslindamento debe limitarse a trasladar esa planimetría ao terreo, incluíndo no seu perímetro todo o terreo que foi obxecto de clasificación....

...En relación con estes montes, a Comunidade de Montes de Atios reitera o xa exposto durante a fase de apeo e solicita que se aprobe a liña proposta por esta comunidade coincidente coa planimetría do Xurado, a salvo duns pequenos axustes que foron propostos e entendemos que deben ser estimados por se axustaren á realidade do límite do monte veciñal da dita parroquia...

7.5.5. Por iso, con base no exposto, solicitamos que se aprobe o deslindamento tal e como aparece recollido no apeo delimitado como liña principal e se desestimen integramente todas as pretensións de liñas alternativas pedidas por particulares e polo Concello do Porriño.

Achega documentación.

a.1.1.1. Copia de anuncio no BOPDEPO.

a.1.1.2. Copia do Informe do 8 de maio de 2013 de estado de desenvolvemento do expediente de deslindamento dos montes clasificados a favor de la CMVMC de Atios, concello do Porriño, Pontevedra.

a.1.1.3. Sentenza do Tribunal supremo sobre o recurso de apelación nº 5138/1992.

Sexto. Con data do 3 de xuño de 2016, solicitase ao Servizo Xurídico-Administrativo o asesoramento previsto no artigo 49.3 da Lei 7/2012, de montes de Galicia, co fin de proceder á clasificación de dereitos de propiedade sobre os predios cuxa documentación se achega ao deslindamento.

Con data do 22 de xuño de 2016, a xefa do Servizo Xurídico-Administrativo informa:

1. Sobre a cualificación da documentación presentada polos interesados para acreditar a propiedade dos predios, consonte o establecido no artigo 49.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (en diante LMG) só se considera acreditativa da propiedade a titularidade reflectida nos asentos do correspondente Rexistro da Propiedade e, na súa falta, no Catastro e, se é o caso, a acreditativa de situacións posesorias por calquera medio de proba nos termos que regulamentariamente se determinen”. Por tanto, hai que entender que na actualidade pode considerarse documentación acreditativa da propiedade a seguinte:

a) As certificacións do Rexistro Civil en todo caso (xa que son as únicas que gozan de presunción de veracidade para acreditar a titularidade).

b) As certificacións catastrais (única documentación de entre a emitida polo Catastro que achega planimetría e designación de propietarios estremeiros, posibilitando así unha máis doada identificación das parcelas).

c) Outros documentos (como partillas da herdanza, escritos de compravenda, permuta, doazón etc., xa sexan notariais ou privados); en canto non se desenvolva o regulamento a que fai referencia o artigo 49.1 arriba transcrito, só poderán ser tidos en conta pola instrutora se deles se deduce sen ningún xénero de dúbida a parcela que é o seu obxecto. No resto dos casos, non servirán como documentos acreditativos da propiedade nos procedementos de deslindamento.

2. Respecto á posibilidade de admitir documentos presentados en diferentes momentos do procedemento do deslindamento, procede sinalar que, de acordo co establecido no artigo 79 da Lei 30/1992, do 26 do novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá admitirse documentación presentada fóra do prazo establecido se resulta de interese para a resolución do expediente.

Nese caso, tal documentación deberá ser tida en conta pola instrutora do procedemento ao redactar a correspondente proposta de resolución.

3. Sobre a superficie que prevalece, en caso de discrepancias entre a indicada na documentación achegada polos particulares e a catastral, prevalece a superficie indicada na documentación catastral.

4. Sobre a posibilidade de ter en conta a documentación xustificativa de propiedade entregada como alegación ao apeo fóra deste acto, só podería terse en conta a dita alegación se a instrutora puidese identificar a parcela que se reclama co mero exame da documentación achegada e sen necesidade de comprobalo fisicamente no terreo co propietario.

5. A instrutora pode solicitar de oficio as certificacións de parcelas encravadas e interconectadas, igual que calquera outra documentación necesaria para poder continuar coa tramitación do procedemento, en aplicación do artigo 78.1 da Lei 30/1992 de RPX e PAC.

Outros informes:

Con data do 1 de setembro de 2016 solicítase ao Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra, informe sobre a canteira Pedra que Fala, encravada no monte Pedra que Fala, para poder resolver a alegación presentada polo Concello do Porriño.

Con data do 20 de setembro de 2016 o xefe do Servizo de Enerxía e Minas informa que, consultado o expediente da autorización de explotación de recursos da sección A), Pedra que Fala nº 139 (PO/A/00139), existe no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra:

1. Sobre a data de autorización da antedita canteira: 31 de xaneiro de 1974.

2. Sobre a data en que a explotación deixou de estar en funcionamento: consta que se solicitou a primeira paralización temporal da actividade o 29 de marzo de 1989 e desde esa data a explotación está inactiva.

3. Superficie autorizada e coordenadas: achégase plano de setembro de 1975 onde se reflicte a superficie total da autorización (13.142,75 m2) e as súas coordenadas.

Sétimo. Unha vez analizadas as alegacións, considéranse da seguinte forma:

– Considéranse as alegacións dos particulares máis abaixo referidas, realizadas no apeo ou coa presentación de documentación cando é posible identificar a parcela reclamada e, en todo caso, para poder resolver o deslindamento, en aplicación do artigo 49.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, e do informe do Servizo Xurídico-Administrativo do 22.6.2016 referido na epígrafe clasificación de dereitos. E, por tanto, nestes casos, non se consideran as alegacións da Comunidade realizadas durante o apeo e na fase de vista pública, alegacións 7.5.2 e 7.5.3.1, na parte onde solicita a desestimación de todas as liñas alternativas propostas polos particulares no monte Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros, e alegación 7.5.4 onde solicita a desestimación de todas as liñas alternativas propostas polos particulares no monte Rape e outros.

– Considéranse as alegacións á liña principal proposta pola comunidade, realizadas por eles ou polos seus representantes no apeo no monte Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros:

Segundo o punto 1.b (certificación catastral) do informe do Servizo Xurídico-Administrativo do 22 de xuño de 2015, as alegacións: 6.6, 6.9 e 6.11.

Segundo o punto 1.c (outros documentos, só poderán ser tidos en conta pola instrutora se deles se deduce sen ningún xénero de dúbida a parcela que é o seu obxecto) e punto 5, as alegacións: 6.1 e 6.76.

Segundo o punto 5 do informe do Servizo Xurídico-Administrativo do 22 de xuño de 2015 e, en todo caso, para poder resolver o deslindamento, a alegación: 6.7.

– Considéranse as alegacións: 6.51; 6.58; 6.61 e 6.64; á liña principal proposta pola comunidade, realizadas por eles ou polo seus representantes no apeo (tómase como encravado, pero na resolución comprobase que é unha liña alternativa) no monte Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros, segundo o punto 1.c (outros documentos só poderán ser tidos en conta pola instrutora se deles se deduce sen ningún xénero de dúbida a parcela que é o seu obxecto) e punto 5.

– Considéranse as alegacións: 3.28.1.1 (parcela 21 do polígono 22) e 3.43.1.1 (parcela 154 do polígono 22), á liña principal, no monte Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros, coa presentación da documentación xustificativa de propiedade, segundo o punto 1.b (certificación catastral) do informe do servizo xurídico-administrativo do 22 de xuño de 2015.

– Considéranse as alegacións: 6.5; 6.7 (bis) e 6.8; realizadas no apeo, por estar de acordo coa liña principal proposta pola comunidade no monte Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros.

– Considérase a alegación 6.4; como encravado, dentro da liña principal proposta pola comunidade, realizada por Pérez Lago, Felisa e María; no apeo do monte Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros. Esta propiedade é recoñecida pola Comunidade de Atios, segundo manifesta nesta mesma alegación 6.4 e en escrito na fase de vista pública no punto 7.5.3.1.

– Considéranse as alegacións como encravados, dentro da liña principal proposta pola comunidade, realizadas por eles ou polos seus representantes no apeo no monte Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros:

Segundo o punto 1.b (certificación catastral) do informe do Servizo Xurídico-Administrativo do 22 de xuño de 2015, as alegacións: 6.14; 6.22; 6.26; 6.29; 6.38; 6.47; 6.48; 6.49; 6.55; 6.65; 6.70; 6.71; 6.73; 6.79; 6.88; 6.92; 6.93; 6.99; 6.104; 6.110; 6.111; 6.114; 6.115; 6.119 e 6.120.

Segundo o punto 1.c (outros documentos só poderán ser tidos en conta pola instrutora se deles se deduce sen ningún xénero de dúbida a parcela que é o seu obxecto) e punto 5 (a instrutora pode solicitar de oficio as certificacións de parcelas encravadas e interconectadas, igual que calquera outra documentación necesaria para poder continuar coa tramitación do procedemento, en aplicación do artigo 78.1 da Lei 30/1992 de RPX e PAC), as alegacións: 6.2; 6.15; 6.17; 6.19; 6.30; 6.36; 6.39; 6.40; 6.41; 6.42; 6.44; 6.45; 6.46; 6.50; 6.54; 6.68; 6.74; 6.77; 6.78; 6.80; 6.83; 6.86; 6.89; 6.95; 6.96; 6.103; 6.105; 6.106; 6.108; 6.116; 6.117; 6.118 e 6.121.

Segundo o punto 5 do informe do servizo xurídico-administrativo do 22 de xuño de 2015 e, en todo caso, para poder resolver o deslindamento, as alegacións: 6.13; 6.16; 6.25; 6.27; 6.43; 6.52; 6.53; 6.56; 6.57; 6.90; 6.91; 6.112 e 6.101.

– Considéranse as alegacións: 3.9.1; 3.28.1.2 e 3.28.1.4; como encravados, dentro da liña principal proposta pola comunidade, no monte Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros, coa presentación da documentación xustificativa de propiedade, segundo o punto 1.b (certificación catastral), do informe do Servizo Xurídico-Administrativo, do 22 de xuño de 2015.

– Considéranse as alegacións: 3.5.1; 3.5.2; 3.23.1 e 3.57; como encravados dentro da liña principal proposta pola comunidade, e 3.23.2 de acordo coa liña, no monte Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros, coa presentación da documentación xustificativa de propiedade, realizada e aceptada nos anteriores treitos de deslindamento.

– Considéranse as alegacións á liña principal, propostas pola comunidade, realizadas por eles ou polos seus representantes no apeo no monte Rape e outros.

Segundo o punto 1.a (certificacións do rexistro civil) do informe do Servizo Xurídico-Administrativo do 22 de xuño de 2015, a alegación: 6.122.

Segundo o punto 1.b (certificación catastral) do informe do Servizo Xurídico-Administrativo do 22 de xuño de 2015, as alegacións: 6.124; 6.130; 6.131 e 6.135.

Segundo o punto 1.c (outros documentos só poderán ser tidos en conta pola instrutora se deles se deduce sen ningún xénero de dúbida a parcela que é o seu obxecto) e punto 5, as alegacións: 6.123; 6.127 e 6.128.

– Considérase a alegación 3.76.1.1 (parcela 473 do polígono 20) á liña principal no monte Rape e outros, coa presentación da documentación xustificativa de propiedade, segundo o punto 1.b (certificación catastral) do informe do Servizo Xurídico-Administrativo, do 22 de xuño de 2015.

– Considérase a alegación 3.67; onde declara que a parcela catastral 36 do polígono 20 non é da súa propiedade.

– Considérase a alegación 3.74.1.2; por estar de acordo coa liña principal proposta pola comunidade no monte Rape e outros.

– Non se consideran as alegacións: 6.3; 6.10; 6.21; 6.28; 6.35; 6.59; 6.60; 6.63; 6.66; 6.69; 6.72; 6.81; 6.82; 6.84; 6.85; 6.87; 6.94; 6.98, e 6.113; como encravados, dentro da liña principal proposta pola comunidade, realizada por eles ou polos seus representantes no apeo do monte Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros, por non achegar documentación:

– Non se consideran as alegacións: 6.18; 6.20; 6.23; 6.24; 6.37; 6.62; 6.67; 6.97; 6.100; 6.102; 6.107 e 6.109; como encravados, dentro da liña principal proposta pola comunidade, realizada por eles ou polos seus representantes no apeo do monte Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros, por non achegar documentación que xustifique a propiedade segundo o artigo 49.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, e do informe do Servizo Xurídico-Administrativo do 22 de xuño de 2016, puntos 1.a e 1.b e 1.c (outros documentos só poderán ser tidos en conta pola instrutora se deles se deduce sen ningún xénero de dúbida a parcela que é o seu obxecto. No resto dos casos non servirán como documentos acreditativos da propiedade nos procedementos de deslindamento).

– Non se consideran as alegacións 3.7.1.1 e 3.10.1 como encravados, dentro da liña principal proposta pola comunidade, realizada por eles ou polos seus representantes coa presentación da documentación no monte Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros, por non achegar documentación que xustifique a propiedade segundo o artigo 49.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, e do informe do Servizo Xurídico-Administrativo do 22 de xuño de 2016, puntos 1.a, 1.b e 1.c (outros documentos só poderán ser tidos en conta pola instrutora se deles se deduce sen ningún xénero de dúbida a parcela que é o seu obxecto. No resto dos casos non servirán como documentos acreditativos da propiedade nos procedementos de deslindamento).

– Non se consideran as alegacións 6.125; 6.126 e 6.129; á liña principal proposta pola comunidade, realizada por eles ou polos seus representantes no apeo no monte Rape e outros por non achegar documentación.

– Non se considera a alegación 6.133 á liña principal proposta pola comunidade, realizada por eles ou polos seus representantes no apeo no monte Rape e outros, por non achegar documentación que xustifique a propiedade segundo o artigo 49.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, e do informe do Servizo Xurídico-Administrativo do 22 de xuño de 2016, puntos 1.a, 1.b e 1.c (outros documentos só poderán ser tidos en conta pola instrutora se deles se deduce sen ningún xénero de dúbida a parcela que é o seu obxecto. No resto dos casos non servirán como documentos acreditativos da propiedade nos procedementos de deslindamento).

– Non se consideran as alegacións: 3.25; 3.31.1; 3.47; 3.47 (bis); 3.61.1 e 3.62; coa presentación de documentación, pola imposibilidade de identificación da parcela alegada.

– Non se consideran as alegacións 3.1.1.2; 3.9.2; 3.17.2.1; 3.17.2.2; 3.23.2; 3.43.1.2; 3.44.1.2; 3.44.1.3; 3.46.1.1; 3.55.1; 3.58.1.1; 3.58.1.3; 3.58.1.4; 3.58.1.6; 3.61.2; 3.65.1.1; 3.66.1.1; 3.68.1 e 3.72.1 realizadas coa presentación de documentación, por non afectaren este 3º treito de deslindamento ou a liña proposta pola comunidade:

– Non se considera a alegación 6.75, referida no punto 4.1, por presentar a documentación fóra do procedemento, considerando como último período para poder presentar documentación ou realizar as alegacións oportunas o período de vista pública, referido no punto 4 do artigo 49 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Outras alegacións:

– Considérase a alegación 6.12, realizada durante o apeo polas comunidades de Cans e Atios e 7.5.3.2, realizada durante a vista pública pola Comunidade de Atios, sobre o acordo de estremas entre as comunidades de Cans e Atios (piquetes 380 ao 1), ratificado polos certificados dos secretarios de ambas as comunidades, referido na epígrafe documentación, puntos 1.8.1 (certificado de Atios) e 2.1.1 (certificado de Cans).

– Non se considera a alegación 6.31 como encravado dentro da liña principal proposta pola comunidade (piquetes C1 ao C10), no monte Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros, realizada polo Concello do Porriño, alegando titularidade desta superficie que eles consideran que foi excluída da clasificación como MVMC, porque aínda neste monte Pedra que Fala, na clasificación o Xurado de MVMC exclúe 20 ha de canteiras en explotación, na descrición non fala de que estas parcelas estean encravadas dentro do monte veciñal e, no entanto, di que o monte linda polo sur con parcelas destinadas a canteiras, polo que parece que estas canteiras en explotación excluídas estarían na parte sur do monte Pedra que Fala.

Ademais, o Servizo de Enerxía e Minas de Pontevedra informa no 20 de setembro de 2016, referido na epígrafe “Outros informes” desta proposta e incorporado ao expediente de deslindamento, que hai unha concesión mineira dunha superficie de 1,3 ha chamada Pedra que Fala nº 139 (PO/A/00139) de titularidade particular, desde xaneiro de 1974, pero que súa actividade cesou o 29 de marzo de 1989, polo que se considera que esta superficie de 14,15 ha non foi excluída polo Xurado de MVMC na resolución de clasificación do 13 de xaneiro de 1987, que exclúe no monte Pedra que Fala canteiras en explotación, xa que a superficie alegada polo concello de 14,15 ha supera con moito a concesión mineira.

E, por tanto, considérase a alegación 6.32, realizada pola Comunidade de Atios na fase de apeo, e a alegación 7.5.3.3 realizada na fase de vista pública, ao encravado alegado polo concello (piquetes C1 a C10).

– Non se considera a alegación 6.33 como encravado dentro da liña principal proposta pola comunidade (piquetes C11 ao C15), no monte Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros, realizada polo Concello do Porriño, alegando titularidade desta superficie de 8,55 ha, ocupada actualmente por un campo de tiro, porque na clasificación do monte Carrascal e Laxedo o xurado exclúe unha parcela de 169 ha, situada na zona oeste ata a estrada de Budiño, destinada a canteiras en explotación e na zona oeste do mesmo monte varias parcelas destinadas a uso industrial e, por tanto, esta superficie encravada no monte na parte nordés e con uso deportivo non foi excluída na resolución de clasificación.

E, por tanto, considérase a alegación 6.34 realizada na fase de apeo e a alegación 7.5.3.3 realizada na fase de vista pública, pola Comunidade de Atios, ao encravado alegado polo concello (piquetes C11 a C15).

– Non se considera a alegación 6.134 realizada polo presidente da Comunidade de Atios, porque neste procedemento de deslindamento se trata de deslindar a superficie clasificada polo Xurado, e esta liña alternativa proposta pola Comunidade de Atios no monte Rape non corresponde coa liña de clasificación, ratificada pola sentenza do Tribunal Superior de Xustiza do 29.5.2008, nin coa solicitude de clasificación deste monte.

– Non se considera a alegación 6.136 realizada no apeo, nin a alegación 7.2 realizada durante a vista pública, da comunidade de Pontellas, porque neste procedemento se trata de establecer os límites dos montes clasificados a favor da Comunidade de Atios, e este monte foi clasificado polo Xurado de Montes no 15 de decembro de 2004 e inscrito na sección do Rexistro de MVMC de Pontevedra a favor da CMVMC de Atios, despois da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza do 29.5.2008, onde se desestima o recurso de apelación interposto polo Concello do Porriño contra a sentenza do 5.7.2006 do Xulgado do Contencioso número 1 de Pontevedra.

– Considérase a alegación 6.138 realizada durante o apeo e a alegación 7.3 realizada durante a vista pública, pola comunidade de Pontellas, e desestímase, por tanto, a alegación 6.137 realizada polo presidente da Comunidade de Atios da liña alternativa á clasificación no monte Pereiro, porque neste procedemento de deslindamento se trata de deslindar a superficie clasificada polo xurado e esta liña alternativa proposta pola Comunidade de Atios no monte Pereiro non corresponde coa liña de clasificación, ratificada pola sentenza do Tribunal Superior de Xustiza do 29.5.2008, nin coa solicitude de clasificación deste monte.

– En canto á solicitude 7.4, a Comunidade de Atios, a través dos seus representantes, accedeu ao expediente de deslindamento na fase de vista pública, recollido no punto 4 do artigo 49 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

– Non se considera a alegación 7.5.1 respecto á tramitación procedemental, xa realizada no primeiro treito do deslindamento, polas mesmas razóns expostas nese primeiro treito, a saber: a vixente Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, entrou en vigor no 12 de agosto de 2012, e o inicio do presente expediente é posterior, determinado pola presentación da proposta de deslindamento polo Servizo de Montes de Pontevedra, do 5 de febreiro de 2013, e pola autorización da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, do 26 de febreiro de 2013.

Por tanto, a execución do deslindamento debe considerarse suxeita ás disposicións da citada Lei 7/2012, máis aínda este terceiro treito, cuxa aprobación polo secretario xeral de Medio Rural e Montes foi no 16 de xuño de 2015.

Por erro, no primeiro treito de deslindamento iniciouse o desenvolvemento do expediente de acordo co procedemento definido no Decreto 485/1962, do 22 de febreiro, do Regulamento de montes, pero ao comprobarse que este difería do descrito pola lexislación vixente, optouse por abandonar o devandito procedemento e reiniciouse o trámite desde o seu primeiro acto de acordo co procedemento definido polos artigos 48 e 49 da citada Lei 7/2012, para o cal se realizou un novo anuncio no 30 de abril de 2013, esta vez no DOG, sen alterar a data prevista de inicio do apeo.

– Considérase a alegación 2.2 realizada pola Confederación Hidrógráfica do Miño-Sil coa presentación de escrito do 20.11.2015, onde fai constar que nos tramos deslindados transcorren dous leitos fluviais, río Casavella e regato de Brais, que están suxeitos á aplicación do Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, que aproba o texto refundido da Lei de augas, e o Real decreto 849/1986, Regulamento do dominio público hidráulico.

Oitavo. O 10.11.2016 a instrutora do expediente de deslindamento elevou a seguinte proposta de resolución:

Que se aprobe o deslindamento do terceiro treito (deslindamento parcial, actuación 2015), dos montes da CMVMC de Atios, concello do Porriño, de acordo coas actas e rexistro topográfico que figuran no expediente e a descrición e os planos que forman parte inseparable desta proposta.

Que se deneguen as reclamacións presentadas e non aceptadas no informe adxunto a esta proposta e se declare esgotada a vía administrativa.

Que leven os novos datos resultantes da descrición, rexistro topográfico e planos ao Rexistro de Montes Veciñais en Man Común.

Que se comuniquen os novos datos resultantes da descrición, rexistro topográfico e planos ao Rexistro da Propiedade.

Monte Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros:

Descrición:

Provincia: Pontevedra.

Nº de rexistro MVMC: 2978 – 36039001.

Nome: Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros.

Concello: O Porriño.

Pertenza: CMVMC de Atios.

Límites xerais:

Norte: MVMC clasificado a favor da CMVMC de Cans.

Leste: MVMC clasificados a favor da CMVMC de Couso (concello de Ponteareas), propiedade do Concello do Porriño e MVMC clasificados a favor da CMVMC da Picoña (concello de Salceda de Caselas).

Sur: MVMC clasificados a favor da CMVMC de Budiño e propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares.

Como resultado da clasificación destes montes e dos deslindamentos aprobados 1º e 2º treito, este monte encóntrase dividido en dúas parcelas:

– Parcela norte:

Límites:

Norte: MVMC clasificado a favor da CMVMC de Cans.

Leste: MVMC clasificados a favor da CMVMC de Couso (concello de Ponteareas), Concello do Porriño e MVMC clasificados a favor da CMVMC da Picoña (concello de Salceda de Caselas).

Sur: propiedade do Concello do Porriño, CMVMC de Budiño e propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares.

– Parcela sur:

Límites:

Norte: propiedades particulares e propiedade do Concello do Porriño.

Leste: MVMC clasificados a favor da CMVMC da Picoña (concello de Salceda de Caselas).

Sur: MVMC clasificados a favor da CMVMC de Budiño e propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares.

Cabidas:

Cabida total: 315,47 ha.

Cabida dos encravados: 8,68 ha.

Cabida total sen encravados do monte Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros: 306,79 ha.

Monte Rape e outros:

Descrición:

Provincia: Pontevedra.

Nº de rexistro MVMC: 3875 – 36039010.

Nome: Rape e outros.

Concello: O Porriño.

Pertenza: CMVMC de Atios.

Límites xerais:

Norte, sur e oeste: predios particulares.

Leste: predios particulares e vía.

Cabidas:

Cabida total do monte Rape e outros: 13,77 ha.

Noveno. O día 14.12.2016 o director xeral de Ordenación e Produción Forestal emitiu unha proposta acorde coa que emitira a instrutora.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. De acordo co disposto na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, no Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia; no Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 166/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, a conselleira do Medio Rural é competente para ditar esta orde.

Segunda. O Servizo de Montes de Pontevedra é competente para levar adiante este deslindamento, cumpridas todas as prescricións legais en canto á publicidade, notificación e demais requisitos exixidos no artigo 49 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Terceira. As resolucións do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común atribúen a propiedade destes ás comunidades veciñais en tanto non exista sentenza firme en contra, ditada pola xurisdición ordinaria, segundo determina o artigo 30 do Decreto 260/1992, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Cuarta. A elección do procedemento de deslindamento vén determinada polo artigo 49.6 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, que establece que «Calquera procedemento de deslindamento que realice a Administración forestal desenvolverase conforme este procedemento».

Tendo en conta os preceptos legais citados e demais de xeral aplicación e o informe e proposta do xefe do Servizo de Montes de Pontevedra e da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes (actual director xeral de Ordenación e Produción Forestal), esta conselleira

DISPÓN:

Primeiro. Aprobar o deslindamento do terceiro tramo de deslindamento (deslindamento parcial, actuación 2015 dos montes da CMVMC de Atios, concello do Porriño, de acordo coas actas e o rexistro topográfico que figuran no expediente e a descrición e planos que forman parte inseparable da proposta que consta no expediente.

O perímetro deslindado queda definido do xeito seguinte:

Monte Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros:

Descrición:

Provincia: Pontevedra.

Nº rexistro MVMC: 2978 – 36039001.

Nome: Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros.

Concello: O Porriño.

Pertenza: CMVMC de Atios.

Límites xerais:

Norte: MVMC clasificado a favor da CMVMC de Cans.

Leste: MVMC clasificados a favor da CMVMC de Couso (concello de Ponteareas), propiedade do Concello do Porriño e MVMC clasificados a favor da CMVMC da Picoña (concello de Salceda de Caselas).

Sur: MVMC clasificados a favor da CMVMC de Budiño e propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares.

Como resultado da clasificación destes montes e dos deslindamentos aprobados 1º e 2º treito, este monte encontrase dividido en dúas parcelas:

– Parcela norte:

Límites:

Norte: MVMC clasificado a favor da CMVMC de Cans.

Este: MVMC clasificados a favor da CMVMC de Couso (concello de Ponteareas), Concello do Porriño e MVMC clasificados a favor da CMVMC da Picoña (concello de Salceda de Caselas).

Sur: propiedade do Concello do Porriño, CMVMC de Budiño e propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares

– Parcela sur:

Límites:

Norte: propiedades particulares e propiedade do Concello do Porriño.

Este: MVMC clasificados a favor da CMVMC da Picoña (concello de Salceda de Caselas).

Sur: MVMC clasificados a favor da CMVMC de Budiño e propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares.

Cabidas:

Cabida total: 315,47 ha.

Cabida dos encravados: 8,68 ha.

Cabida total sen encravados do monte Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros: 306,79 ha.

Monte Rape e outros:

Descrición:

Provincia: Pontevedra.

Nº de rexistro MVMC: 3875 – 36039010.

Nome: Rape e outros.

Concello: O Porriño.

Pertenza: CMVMC de Atios.

Límites xerais:

Norte, sur e oeste: predios particulares.

Leste: predios particulares e vía.

Cabidas:

Cabida total do monte Rape e outros: 13,77 ha.

Segundo. Que se cancele total ou parcialmente calquera inscrición rexistral en tanto sexa contraditoria coa descrición do deslindamento do terceiro treito do deslindamento (deslindamento parcial, actuación ano 2015) dos montes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Atios, concello do Porriño.

Terceiro. Que se deneguen as reclamacións presentadas e non aceptadas na presente orde e se declare esgotada a vía administrativa, deixando expedita a xudicial civil.

Cuarto. Que se leven os novos datos resultantes da descrición, rexistro topográfico e planos ao Rexistro de Montes Veciñais en Man Común.

Quinto. Que se inmatriculen os montes coas características resultantes no Rexistro da Propiedade.

Sexto. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Os interesados poderán interpoñer contra esta resolución recurso de reposición, con carácter potestativo, no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Ambos os dous prazos computaranse desde o día seguinte ao da recepción da notificación persoal polos interesados, ou ao da publicación para os que non puideron ser notificados persoalmente.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2016

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural