Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2017 Páx. 2521

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vedra

APROBACIÓN inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal SUN-4 no parque empresarial de Vedra.

Aprobado inicialmente, por acordo do Pleno da Corporación con data do 23 de novembro de 2016, o proxecto de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal deste concello, aprobado por Orde do 30 de xaneiro de 2007 (DOG número 30, do 12 de febreiro) e por Orde do 8 de maio de 2007 (DOG número 99, do 24 de maio), do ámbito de solo denominado SUN-4. Parque empresarial de Vedra, situado neste termo municipal, nos termos do proxecto redactado para os efectos polo arquitecto Fermín González Blanco e de conformidade cos artigos 60 e 83 da Lei 2/2016, do 2 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia en nun dos xornais de maior difusión da provincia.

Durante o mencionado prazo, que empezará a contarse desde a publicación deste anuncio no DOG, o expediente tramitado poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen, de ser o caso, as alegacións que se estimen pertinentes.

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

Vedra, 19 de decembro de 2016

Carlos Martínez Carrillo
Alcalde