Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2017 Páx. 2519

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de licitación do 19 de decembro de 2016 do contrato de subministración para a adquisición e instalación de andeis móviles para o arquivo municipal.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Rúa Michelena, núm. 30, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: adquisición e instalación de andeis móviles para o arquivo municipal.

3. Procedemento e forma: aberto con criterios dun tipo.

4. Valor estimado: 100.000 €, IVE excluído.

5. Garantía provisional: non se precisa. Garantía definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato.

6. Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación, Concello de Pontevedra. Michelena, 30, 36071 Pontevedra. Teléfono: 986 80 43 29. Fax: 886 21 28 43. www.pontevedra.gal.

7. Presentación de ofertas: cláusulas 6 e 7 e anexo ao prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación e apertura de ofertas: segundo se especifica nos pregos:

• Cuantificable por xuízo de valor: non existen.

• Avaliables automáticamente: prezo e maior capacidade de almacenaxe.

Pontevedra,19 de decembro de 2016

O alcalde
P.D. (Resolución do 13.6.2015)
Raimundo González Carballo
Concelleiro da Área de Contratación e Facenda