Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2017 Páx. 2752

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 19 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se lles notifica a diversos interesados a autorización e o recoñecemento da utilidade pública da instalación eléctrica CT abonado LAMT e LSMT a 20 kV para servizos auxiliares de SE Regoelle, nos concellos de Vimianzo e Dumbría (expediente IN407A 2015/002-1).

O 21 de outubro de 2016 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola cal se outorgaron a Red Eléctrica de España, S.A.U. as autorizacións administrativas previa e de construción e se recoñeceu, en concreto, a utilidade pública da instalación de transporte de enerxía eléctrica cuxo proxecto leva por título «Instalación CT abonado LAMT e LSMT a 20 kV para servizos auxiliares de SE Regoelle», nos concellos de Vimianzo e Dumbría, na provincia da Coruña (expediente IN407A 2015/002-1).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de aplicación neste procedemento en virtude da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por seren estes descoñecidos ou por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Nº predio proxecto

Concello

Referencia catastral

Polígono

Parcela

Interesado

44

Dumbría

15034A007001720000ZH

007

172

Alejandro Fernández Rivadulla e Mª Pilar Puente Grille

59

Dumbría

15034A007000390000ZU

007

39

Crisanto Fernández Lema

55

Dumbría

15034A007000310000ZR

007

31

Herdeiros de Jacobo Fernández Lema

36

Dumbría

15034A007001600000ZR

007

160

Herdeiros de Ramona Senra Agra

60

Dumbría

15034A007000400000ZS

007

40

Jesús Fernández Lema

64

Dumbría

15034A007000440000ZW

007

44

Jesús Lama Puente

53B

Dumbría

15034A007000230000ZT

007

23

José Beltrán Senra

39

Dumbría

15034A007001630000ZI

007

163

María Lema Fernández

11

Dumbría

15034A007003440000ZF

007

344

Rosario Pérez García

29

Dumbría

15034A007002980000ZH

007

298

Teresa Balbina Lires Capelo

13

Dumbría

15034A007003560000ZE

007

356

Descoñecido