Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2017 Páx. 2748

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lourenzá (expediente IN407A 2016/91-2, 8400 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: Parque Empresarial As Gándaras, r/ A, parcela U2, Lugo.

Denominación: legalización do CT 10926 Machuco.

Situación: concello de Lourenzá.

Características técnicas:

1. LMT soterrada a 20 kV con orixe nun apoio metálico existente e final no centro de transformación de caseta proxectado, cunha lonxitude de 50 metros en condutor tipo RHZ1-150.

2. CT de caseta proxectado Machuco, cunha potencia proxectada de 250 kVA e unha potencia instalada de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000-400-230 V.

3. RBT soterrada con orixe no CT proxectado en condutor tipo RV.

4. RBT aéreas, con orixe no apoio nº 2 proxectado e final nas RBT existentes, en condutor tipo RZ, cunha lonxitude de 340 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 21 de decembro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo