Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2017 Páx. 2761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

CÉDULA do 27 de decembro de 2016, da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, pola que se fai pública unha resolución de recurso relativa ao expediente da convocatoria publicada a través da Resolución do 19 de outubro de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 10 de decembro) correspondente ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a resolución de recurso relativa á convocatoria publicada a través da Resolución do 19 de outubro de 2015 (DOG do 10 de decembro) da avaliación previa á asignación para o complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, e que, intentada a súa notificación no domicilio indicado polo interesado, non se puido practicar. Esta resolución foi ditada polo presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, en virtude das competencias atribuídas no artigo 22 dos Estatutos da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, aprobados pola Resolución do 10 de decembro de 2008 (DOG do 20 de xaneiro de 2009).

A persona citada no anexo deberá comparecer persoalmente ou debidamente representada, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, na sede da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (5º andar do CIFP Compostela, rúa Lamas de Abade s/n, 15702, Santiago de Compostela), para ter coñecemento do contido da resolución e deixar constancia da notificación desta, advertindo de que, en caso de non comparecer no prazo indicado, se considerará notificada cos efectos que lle correspondan.

A citada resolución pon fin á vía administrativa e poderase interpoñer contra ela, por parte do persoal interesado, recurso de reposición ante o presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas ou do procedemento administrativo común, no prazo dun mes, ou ben ser impugnadas directamente en vía contencioso-administrativa, de conformidade co artigo 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2016

Miguel A. Santos Rego
Presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación,
Certificación e Acreditación

ANEXO

Nome

Identificación

Expediente

Jesús López Rodríguez

33330562C

506/1-15-C