Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2017 Páx. 2958

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 32/2015).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 32/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Barreiro Fernández, Diego López Turnes, José Manuel Liñares Vigo, Antonio Quintela Feanes, Santiago García Rey, Luis Pereira Salvado, José Víctor Aldrey Vigo, José Ángel Parrado Munín, José Luis Díaz Ferro, contra Hermanos Vigo Otero, S.L., Fogasa sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza: 343/2016.

PO procedemento ordinario 32/2015.

Demandantes: José Luis Barreiro Fernández, Diego López Turnes, José Manuel Liñares Vigo, Antonio Quintela Feanes, Santiago García Rey, Luis Pereira Salvado, José Víctor Aldrey Vigo, José Ángel Parrado Munín, José Luis Díaz Ferro.

Demandados: Hermanos Vigo Otero, S.L., Fogasa.

Sentenza.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2016.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos de procedemento ordinario seguidos neste xulgado co nº 32/2015, no cal son parte, como demandantes, José Ángel Parrado Munín, José Luis Díaz Ferro, Antonio Quintela Feanes, Santiago García Rey, José Manuel Liñares Vigo, José Víctor Aldrey Vigo, José Luis Barreiro Fernández, Diego López Turnes e Luis Pereira Salvado, asistidos pola letrada Sra. Rodríguez Enríquez, e, como demandados, Hermanos Vigo Otero, S.L., despois de ser citado o administrador concursal Manuel Alberto Estévez Mosquera, que non comparece, igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome de S.M. o Rei, con base nos seguintes [...].

Decido:

Estimar a demanda interposta por José Ángel Parrado Munín, José Luis Díaz Ferro, Antonio Quintela Feanes, Santiago García Rey, José Manuel Liñares Vigo, José Víctor Aldrey Vigo, José Luis Barreiro Fernández, Diego López Turnes e Luis Pereira Salvado, contra Hermanos Vigo Otero, S.L., despois de ser citado o administrador concursal Manuel Alberto Estévez Mosquera e, en consecuencia, condenar a demandada a aboar a José Ángel Parrado Munín a cantidade de 1.170,94 euros, a José Luis Díaz Ferro a cantidade de 4.422,23 euros, a Antonio Quintela Feanes a cantidade de 4.636,06 euros, a Santiago García Rey a cantidade de 1.274,26 euros, a José Manuel Liñares Vigo a cantidade de 1.164,19 euros, a José Víctor Aldrey Vigo a cantidade de 1.175,58 euros, a José Luis Barreiro Fernández a cantidade de 1.151,39 euros, a Diego López Turnes a cantidade de 1.153,67 euros e a Luis Pereira Salvado a cantidade de 1.438,37 euros.

Ás anteriores cantidades débense engadir os xuros do artigo 29.3 do ET por mora.

Todo o anterior sen prexuízo da responsabilidade, se é o caso, do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que no momento de anuncialo acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa dun deles ou non sexa beneficiaria do réxime público de seguridade social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena; a consignación en metálico pódese substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituíren o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hermanos Vigo Otero, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza