Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2017 Páx. 3340

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (375/2015).

PO procedemento ordinario 375/2015

Procedemento origen: /

Sobre ordinario

Demandante: Ana Núñez Rendo

Abogada: Natalia Erviti Álvarez

Demandada: Falcon Contratas y Seguridad, S.A., Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 375/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Núñez Rendo contra Falcon Contratas y Seguridad, S.A., sobre ordinario, se acordou citar a Falcon Contratas y Seguridad, S.A., en paradoiro descoñecido, para que compareza na sala de vistas do Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n; polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, o día 21 de febreiro de 2017 ás 12.00 horas, co fin de celebrar os actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse. Advírteselle que é unha única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán pola falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten ao seu dispor, na oficina xudicial, a cédula de citación, a copia da demanda, o decreto da súa admisión e tamén as demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

Así mesmo, advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán mediante a fixación dunha copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate dun emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, deberá pór esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada tal intención á demandante, esta poida estar representada tecnicamente por graduado social colexiado ou representada por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto do xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que lle sirva de citación a Falcon Contratas y Seguridad, S.A. así como para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios, expido esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza