De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla nº 70-2º do termo municipal de Lugo.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Lugo, 20 de decembro de 2016
O/a xefe/a territorial de Lugo
P.S. (Resolución do 8.2.2016)
Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo da Consellería de Infraestruturas e Vivenda
ANEXO
Expediente: CON-LU-0054/2016-V.
Interesado: Jorge H. Robles Robles.
Acto notificado: resolución de expediente sancionador.