Por proposta do Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial, adoptada na súa reunión do 20 de decembro de 2016, de conformidade co establecido nos artigos 599.1.4ª e 337 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, nomeo presidente da Audiencia Provincial da Coruña a José Luis Seoane Spiegelberg, presidente da mesma audiencia provincial, en provisión da vacante producida por expiración do prazo legal polo cal fora nomeado con anterioridade para o mesmo cargo.
Dado en Madrid o 30 de decembro de 2016
Felipe R.
Rafael Catalá Polo
Ministro de Xustiza