Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017 Páx. 3549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2017 pola que se fai pública a formalización dun contrato de servizos, suxeito a regulación harmonizada (expediente 2/2016/CNTSE).

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo: servizo de limpeza e de recollida e transporte de residuos dos portos dependentes da zona sur da entidade pública Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área Infraestruturas, Medio Ambiente e Seguridade.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Número de expediente: 2/2016/CNTSE.

e) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=31175

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: o presente contrato ten por obxecto a prestación dos servizos indicados no apartado 4.1 do CCC, axustándose aos termos definidos no PPT.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90910000.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea do 11 de xuño, Boletín Oficial del Estado do 18 de xuño e Diario Oficial de Galicia do 14 de xuño de 2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto; sistema multicriterio e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 2.318.171,33 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 1.404.952,32 euros. Imposto sobre o valor engadido (10 %): 140.495,23 euros. Importe total: 1.545.447,55 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 29 de novembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 4 de xaneiro de 2017.

c) Contratista: Misturas Obras e Proxectos, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 1.304.357,00 euros. Imposto sobre o valor engadido (10 %): 130.435,70 euros. Importe total: 1.434.792,70 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia