O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia debe facer pública no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,
RESOLVO:
Primeiro. Darlle publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Turismo de Galicia nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2016 e que se incorpora como anexo I a esta resolución.
Segundo. Así mesmo e para os efectos de completar a Resolución do 20 de setembro de 2016 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2016 (DOG núm. 189, do 4 de outubro), dáse publicidade aos convenios de colaboración pendentes de publicar subscritos no segundo cuadrimestre do 2016 pola Axencia Turismo de Galicia, que se incorporan como anexo II a esta resolución.
Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2017
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia
ANEXO I
Convenio |
Importe achegado |
Data de sinatura |
Addenda ao convenio de colaboración que regula a subvención, mediante concesión directa, da Axencia Turismo de Galicia ao Concello de Baiona para a execución do proxecto de instalación dunha nova oficina de turismo |
Sen achega económica |
28.10.2016 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Valga para a preparación e decoración do teito do belén artesanal de Valga |
10.985,65 € |
2.9.2016 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Valga para o aboamento da liquidación da obra de construción dun albergue de peregrinos nese concello |
58.976,40 € |
8.9.2016 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello da Veiga para a creación do Centro de Visitantes do Espazo Natural Protexido Pena Trevinca, na aldea tradicional de alta montaña da Ponte, A Veiga (Ourense) |
90.000 € |
8.9.2016 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Centro de Formación Beana, S.L. para a realización de prácticas académicas en oficinas de turismo dependentes da Axencia |
Sen achega económica |
9.9.2016 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Pontecesures para o proxecto A Casa da Lamprea |
68.478,81 € |
9.9.2016 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Catedral de Santiago para actividades de promoción |
300.000 € |
12.9.2016 |
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Consorcio Turismo Ribeira Sacra para a realización de actividades de promoción e fomento do turismo na Ribeira Sacra |
50.000 € |
14.9.2016 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello da Peroxa para a iluminación do castelo da Peroxa |
49.710,07 € |
14.9.2016 |
Addenda ao convenio de colaboración que regula a subvención, mediante concesión directa e tramitación anticipada, da Axencia Turismo de Galicia ao Concello do Rosal, para a execución do proxecto de acondicionamento da área de recepción de visitantes do ben de interese cultural Muíños do Folón e do Picón |
Sen achega económica |
21.9.2016 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Feiras e Exposicións de Ourense para a realización de prácticas académicas en oficinas de turismo dependentes da Axencia Turismo de Galicia |
Sen achega económica |
24.10.2016 |
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Pontecesures para o proxecto A Casa da Lamprea |
Sen achega económica |
27.10.2016 |
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello da Peroxa para a iluminación do castelo da Peroxa |
Sen achega económica |
29.11.2016 |
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Arbo para mellorar o acondicionamento do contorno fluvial das pesqueiras |
Sen achega económica |
29.11.2016 |
ANEXO II
Convenio |
Importe achegado pola Axencia |
Data de sinatura |
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, o Concello de Palas de Rei e a entidade Hermanos Misioneros de Los Enfermos Pobres para a apertura e visitas públicas ao castelo de Pambre |
60.000 € (20.000 € polas anualidades 2016, 2017 |
5.8.2016 |