Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017 Páx. 3541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 3 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-1111/2016-PRE e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-1111/2016-PRE e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sita na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuaren alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 do Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 3 de xaneiro de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-1111/2016-PRE.

Persoa interesada: Franklin Aguiar Reyes.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: A Pedra do Pino, 13, portal 1, baixo B, Ribeira.

Expediente: PSC-CO-1114/2016-PPM.

Persoa interesada: Antonio Borja Jiménez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: O Portiño, 2, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-1236/2016-PPM.

Persoa interesada: José Guede Paz.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Abesados, B, Ribeira.

Expediente: PSC-CO-1239/2016-PPM.

Persoa interesada: Manuel Lorenzo Torrado.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rúa Ulla, urbanización O Lagar, 7, 2º A, A Pobra do Caramiñal.