1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: As-76/2016.
2. Obxecto do contrato: servizo de mantemento, conservación e reparación dos firmes e pavimentos de calzada da cidade da Coruña, que fomente o emprego social e de calidade, a igualdade entre homes e mulleres e a execución de medidas de respecto ambiental. Duración: dous anos prorrogables por dous máis.
3. Tramitación: anticipada. Procedemento: aberto suxeito a regulación harmonizada.
4. Orzamento base de licitación: 1.025.423,72 € anuais (IVE incluído).
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.
7. Clasificación: grupo O, subgrupo 2, categoría 4.
8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata o día 6 de febreiro de 2017. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante.
10. Outras informacións: véxanse os pregos reguladores da contratación.
11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.
A Coruña, 29 de decembro de 2016
O alcalde
P.D. (Decreto do 7.12.2016)
Mª Eugenia Vieito Blanco
Concelleira responsable de Facenda e Administración