Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017 Páx. 3577

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato das obras do proxecto básico e de execución das obras de reforma do pavillón anexo do Complexo dos Remedios.

En cumprimento co disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato das obras do proxecto básico e de execución das obras de reforma do pavillón anexo do Complexo dos Remedios:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 2016017165, ref. 2426.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de obras.

b) Descrición do obxecto: obras do proxecto básico e de execución das obras de reforma do pavillón anexo do Complexo dos Remedios.

c) CPV: 45212290.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 12.9.2016, 14.9.2016 e 16.9.2016.

3. Trámite e procedemento de adxudicación:

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 240.006,59 euros. IVE: 50.401,38 euros. Importe total: 290.407,97 euros.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 15 de decembro de 2016.

b) Data de formalización: 15 de decembro de 2016.

c) Contratista: Mondo Ibércia, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 177.187,69 euros. IVE: 37.209,41 euros. Importe total: 214.397,10 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta máis ventaxosa das admitidas, xa que é a que máis puntos obtivo conforme todos os criterios de adxudicación, de conformidade cos informes técnicos que constan no expediente.

Ourense, 16 de decembro de 2016

Jesús Vázquez Abad
Alcalde