Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017 Páx. 3583

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato do servizo de axuda no fogar.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato do servizo de axuda no fogar:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 2015020203, ref. 2371.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.gal.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de axuda no fogar.

c) CPV: 85310000-5.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 11.3.2016, 16.3.2016 e 28.3.2016.

3. Trámite e procedemento de adxudicación:

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 15,00 euros. IVE: 0,60 euros. Importe total: 15,60 euros/hora.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 20 de outubro de 2016.

b) Data de formalización: 29 de decembro de 2016.

c) Contratista: Valoriza Servicios a la Dependencia, S.L.

d) Importe de adxudicación: baixa de 3,39 % sobre os prezos por hora.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa, conforme todos os criterios do prego e con base na aplicación das fórmulas matemáticas e do informe de valoración dos criterios non reconducibles a fórmulas.

Ourense, 30 de decembro de 2016

Jesús Vázquez Abad
Alcalde