En virtude do establecido no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro),
DISPOÑO:
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2017
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2016
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Escola Galega de Administración Pública, o Valedor do Pobo e o Consello de Contas para a convocatoria e desenvolvemento do Curso superior de especialización en transparencia, bo goberno e datos públicos |
3.10.2016 |
11.905 € |
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Scuola di Specializzazione in Studi Sull’Amministrazione Pubblica da Universidade de Bologna para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación |
21.10.2016 |
Sen achega económica |