1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Universidade de Vigo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratacion.
2º. Enderezo: edificio da Xerencia-servizos centrais Campus Lagoas-Marcosende.
3º. Localidade e código postal: 36310 Vigo.
4º. Teléfono: 986 81 37 67.
5º. Telefax: 986 81 38 57.
6º. Correo electrónico: alabel@uvigo.es
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp
8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.
d) Número de expediente: 1/17.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: subministracións.
b) Descrición: subsistemas electrónicos para o pequeno satélite Cubesat.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.
d) Lugar de execución/entrega:
1º. Enderezo: edificio de Enxeñaría de Telecomunicacións no Campus Lagoas-Marcosende en Vigo.
2º. Localidade e código postal: Vigo 36310.
e) Prazo de entrega: 42 días naturais.
f) Admisión de prórroga: non procede.
g) Codificación CPV: 32534000-5 plataformas satélite y CPA: 26.30 equipos de telecomunicación.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación:
1º. Melloras na calidade técnica (criterio automático): 55 puntos.
2º. Oferta económica (criterio automático): 45 puntos, de acordo coa folla resumo de características.
4. Valor estimado do contrato: 150.000 €.
5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto 150.000 €+31.500 € de IVE.
6. Garantías exixidas: provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.
b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da FRC.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ata as 14.00 horas.
b) Modalidade de presentación: papel 3, sobres A, B e C.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.
2º. Enderezo: edificio da Xerencia-servizos centrais, planta baixa. Lagoas-Marcosende.
3º. Localidade e código postal: Vigo 36310.
4º. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.
9. Apertura de ofertas:
a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do edificio da Xerencia e servizos centrais da Universidade de Vigo.
b) Enderezo: Lagoas-Marcosende 2ª planta.
c) Localidade e código postal: 36310 Vigo.
d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.
10. Gastos de publicidade: serán a cargo do adxudicatario, aproximadamente 1.200 euros.
11. Outras informacións: a orixe dos fondos é financiada por Interreg Sudoe, no marco dun proxecto europeo que foi outorgado á Universidade de Vigo. O identificador do proxecto é: FIRE SOE1/P4/E0437. Data límite para executar a aplicación dos fondos: abril de 2018.
Vigo, 17 de xaneiro de 2017
O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución 7.5.2014, DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jauregui
Xerente da Universidade de Vigo