Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2017 Páx. 3750

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de administración de sistemas e consolidación do CPDI da Xunta de Galicia (expediente 66/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o servizo de soporte e administración de sistemas e consolidación do CPDI da Xunta de Galicia. O servizo incluirá as tarefas de soporte, administración, instalación, configuración, explotación, supervisión e monitorización das plataformas indicadas na epígrafe «Plataformas tecnolóxicas obxecto do servizo» do prego de prescricións técnicas, así como tarefas de operación de sistemas 24×7.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 12.9.2016.

DOUE: 8.9.2016.

BOE: 13.9.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: 6.713.730,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 2.797.650,00 €, máis 587.506,50 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 3.385.156,50 € (tres millóns trescentos oitenta e cinco mil cento cincuenta e seis euros con cincuenta céntimos).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 2.12.2016.

b) Data de formalización do contrato: 29.12.2016.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.-Altia Consultores, S.A., Unión Temporal de Empresas.

d) Importe de adxudicación: 3.369.745,46 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia