Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2017 Páx. 3756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2017 pola que se anuncia a formalización do servizo para a contratación dun sistema xestor de expedientes de contratación pública, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e suxeita a regulación harmonizada.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2016-052.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo para a contratación dun sistema xestor de expedientes de contratación pública, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e suxeita a regulación harmonizada.

c) CPV: 72212000-4.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de la Unión Europea.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

1º. Diario Oficial de Galicia: 27.9.2016.

2º. Boletín Oficial del Estado: 4.10.2016.

3º. Diario Oficial de la Unión Europea: 24.9.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 738.842,98 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 738.842,98 €. b) Importe total: 894.000 €, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2016: 365.000 €.

Exercicio 2017: 264.500 €.

Exercicio 2018: 264.500 €.

6. Esta contratación está cofinanciada polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 2, prioridade de investimento 2.3. Reforzo das aplicacións TIC para a Administración electrónica, a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónica; obxectivo 2.3.2: reforzar o e-goberno, a e-cultura e a confianza no ámbito dixital; e nun 20 % con cargo aos fondos propios.

O adxudicatario da contratación deberá someterse ás disposicións da Unión Europea: Regulamento (IU) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, e Regulamento (IU) nº 1301/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 28.11.2016.

b) Data de formalización do contrato: 2.1.2017.

c) Contratista: Atos Spain, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 609.584 euros. Importe total: 737.596,64 euros, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2017: 537.079,84 €.

Exercicio 2018: 200.516,80 €.

f) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2017

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático
para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable