Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2017 Páx. 4043

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 23 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do cambio de uso forestal a agrícola dunha parcela na parroquia de San Mamede do Carballal, no concello de Palas de Rei (Lugo), promovido por Ana Isabel Fernández Vázquez (clave 2016/0148).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 21 de decembro de 2016 do cambio de uso forestal a agrícola dunha parcela na parroquia de San Mamede do Carballal, no concello de Palas de Rei (Lugo), promovido por Ana Isabel Fernández Vázquez.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón: http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2016

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático