Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2017 Páx. 4066

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica unha resolución dun recurso de alzada interposto contra o acordo de concentración parcelaria de Mandín-Feces de Abaixo-Feces de Cima (Verín-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditado á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemeno Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2017

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesado

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

Marcial Atanes Blanco

Resolución de recurso de alzada

Mandín-Feces de Abaixo-Feces de Cima

(Verín-Ourense)