Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2017 Páx. 4002

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 23 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 19 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e Sofor, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017.

O día 28 de decembro de 2016 publicouse no DOG a Orde do 19 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e Sofor, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017.

No artigo 8 establecíase o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Neste mesmo artigo consígnase a obrigatoriedade da solicitude electrónica posto que montes veciñais en man común e Sofor son persoas xurídicas que o artigo 14 da Lei 39/2015 obriga a relacionarse electronicamente coas administracións públicas.

Para facilitar ao administrado a presentación de solicitudes e tendo en conta a novidade que supón a Lei 39/2015 de instaurar tramitación electrónica deste procedemento, cómpre realizar unha ampliación do prazo de solicitude.

Coa publicación desta orde, ademais, aprovéitase para realizar unhas correccións de erros detectados nos artigos 14 e 22, relativos tanto á presentación de información gráfica no documento descritivo das actuacións coma na xustificación, respectivamante, de xeito que se atopen no mesmo documento a modificación da orde e a súa corrección e evitar aos interesados o manexo de máis documentación.

En consecuencia co anteriormente exposto, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

ACORDO:

Artigo único. Modificación da Orde do 19 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e Sofor, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017.

A Orde do 19 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e Sofor, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017, queda modificada como segue:

Un. O número 4 do artigo 8 queda redactado como segue:

«4. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 15 de febreiro de 2017.»

Dous. Os cadros do número 5 do artigo 14 quedan redactados como segue:

Nome do campo

Características

Observacións

Cod_expdte

Alfanumérico (varchar) de 13 díxitos

Código completo do expediente de axudas

Prov

Numérico enteiro curto de 2 díxitos

Segundo códigos Sixpac 2016

Muni

Numérico enteiro curto de 5 díxitos

Segundo códigos Sixpac 2016 (provincia + municipio)

Agre

Numérico enteiro curto de 3 díxitos

Agregado segundo Sixpac 2016

Zona

Numérico enteiro curto de 3 díxitos

Zona segundo Sixpac 2016

Polig

Numérico enteiro de 6 díxitos

Polígono segundo Sixpac 2016

Parc

Numérico enteiro de 11 díxitos

Parcela segundo Sixpac 2016

Rec

Numérico enteiro de 11 díxitos

Recinto segundo Sixpac 2016

Sup_rec

Numérico decimal dobre de lonxitude 7 con 4 decimais

En hectáreas

Mouteira

Alfanumérico (varchar) de 5 díxitos

Identificación da mouteira: 1, 2... (posibilidade de incluír letras, nunca acentuadas)

Act

Alfanumérico (varchar) de 40 díxitos

Código segundo cadro adxunto. Incluiranse unha ou varias actuacións. No caso de ser varias separaranse os códigos mediante un guión medio (-) sen espazos e a serie comezará co código menor de forma ascendente ata o código de máis valor.

Sup_mouteira

Numérico decimal dobre de lonxitude 7 con 4 decimais

En hectáreas

Cod_expdte

Prov

Muni

Agre

Zona

Políg

Parc

Rec

Sup_rec

Mouteira

Act

Sup_mouteira

02369999/2017

36

36017

0

0

284

2

1

0,0412

1

1

0,0301

02369999/2017

36

36017

0

0

282

16

4

0,1002

2

6-7

0,0912

02369999/2017

36

36017

0

0

284

55

1

0,0721

3

8-9-11

0,0721

---

---

---

---

---

---

---

---

---

---

---

---

Tres. A letra h do número 1 do artigo 22 queda redactada como segue:

«h) Arquivo gráfico (medición con GPS) en soporte dixital e formato vectorial tipo «shape» no datum ETRS89 e coordenadas UTM sobre o fuso 29N coa superficie afectada polos traballos».

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2017

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural