En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e no artigo 9.e) do Regulamento de réxime interno deste, e de acordo coa proposta efectuada polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.) o 29 de decembro de 2016,
DISPOÑO:
Artigo único
Que cese, como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia, José Manuel Lago Peñas, en representación do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.).
Santiago de Compostela, vinte e tres de xaneiro de dous mil dezasete
Alberto Núñez Feijóo
Presidente