Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4353

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 20 de xaneiro de 2017 pola que se notifica requirimento do 9 de xaneiro de 2017 de retirada de vehículo, con matrícula 2280CHH, abandonado no dominio público portuario do porto da Pobra do Caramiñal.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Carlos Alberto Illanes, con DNI X5631003D, como propietario do vehículo marca Citroën, con matrícula 2280CHH, o seguinte requirimento por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Segundo a acta do 30 de novembro de 2016 levantada polo celador gardapeiraos responsable do porto da Pobra do Caramiñal, que se acompaña de fotografías, o vehículo antes citado está estacionado en estado de abandono no porto desde hai tres meses aproximadamente, e engádese que o vehículo foi denunciado pola Garda Civil por carecer de seguro e por motivo de residuos perigosos.

Considerando o exposto, e xa que na zona onde se atopa o vehículo a entidade pública Portos de Galicia é a Administración competente en materia de xestión de tráfico, de conformidade co disposto no artigo 86.1 do Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo, que aproba o texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria, requírese o titular para que nun prazo máximo dun mes, contado desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, proceda a retirar o vehículo da zona de servizo do porto da Pobra do Caramiñal.

No caso de incumprirse o presente requirimento, Portos de Galicia, sen mais trámites, daralle ao vehículo tratamento de residuo e procederá, en consecuencia, ao seu traslado a centro autorizado de tratamento de vehículos para a súa posterior destrución e descontaminación.

O anterior enténdese sen prexuízo das sancións administrativas que procedan en dereito.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2017

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia