Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4257

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2016.

En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2016 que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2016 que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2017

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda
nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2016

Convenio

Achega da consellería (€)

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e a asociación sen ánimo de lucro Gen Plus para a organización dun workshop e a elaboración de documentación sobre nivelación territorial

19.000 €

6.10.2016

Protocolo de adhesión do Concello do Páramo ao convenio de colaboración asinado o 23 de maio de 2016 entre a Consellería de Facenda, a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias, ao abeiro do procedemento de regularización catastral

Sen achega económica

7.10.2016

Protocolo de adhesión do Concello de Cambados ao convenio de colaboración asinado o 23 de maio de 2016 entre a Consellería de Facenda, a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias, ao abeiro do procedemento de regularización catastral

Sen achega económica

13.10.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e o Grupo de Análise e Debate Manuel Colmeiro para o desenvolvemento das V Xornadas iberoamericanas de financiamento local

30.000 €

31.10.2016

Protocolo de adhesión do Concello de Miño ao convenio de colaboración asinado o 23 de maio de 2016 entre a Consellería de Facenda, a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias, ao abeiro do procedemento de regularización catastral

Sen achega económica

21.11.2016

Protocolo de adhesión do Concello de Beade ao convenio de colaboración asinado o 23 de maio de 2016 entre a Consellería de Facenda, a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias, ao abeiro do procedemento de regularización catastral

Sen achega económica

22.11.2016

Protocolo de adhesión do Concello de Arnoia ao convenio de colaboración asinado o 23 de maio de 2016 entre a Consellería de Facenda, a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias, ao abeiro do procedemento de regularización catastral

Sen achega económica

30.11.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e as oficinas liquidadoras do distrito hipotecario da provincia da Coruña

Sen achega económica

16.12.2016

ANEXO II

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda
nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2016

Convenio

Achega da consellería (€)

Data de sinatura

Protocolo de adhesión do Concello de Meis ao convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración

Sen achega económica

13.7.2016