Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 4 de xaneiro de 2017, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-02655-O-2016 e seis máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación dos expedientes sancionadores número XC-02655-O-2016 e seis máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmase de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outórgaselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 4 de xaneiro de 2017

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-02655-O-2016

2048-FGM

Monitrans 2010, S.L.

B70256326

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

18.7.2016; 13.30; AP9F; 7,5

Art. 141.25 en relación co art.140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

XC-02816-O-2016

8279-GHX

Aguas y Bebidas Refrescantes O Burgo

B15672371

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

28.9.2016; 11.55; AC-566; 2,1

Art. 141.21 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

XC-03009-O-2016

0726-FXL

López Rivas, Juan Manuel

76576543K

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

26.8.2016; 10.06; N634; 666,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-03010-O-2016

0726-FXL

López Rivas, Juan Manuel

76576543K

Diminución do descanso diario normal (sobre 11 horas). Igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.

26.8.2016; 10.18; N634; 666,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-03063-O-2016

3703-GKM

Hermanos Pallas, S.L.

B15060320

Realizar transporte regular de escolares carecendo de autorización sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos, cumpríanse todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes á notificación do inicio do expediente sancionador.

17.10.2016; 18.20; AC413; 11,0

Art. 142.1 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

XC-03102-O-2016

PO-2199-AT

José Paz Rocamonte

35382204Q

Non levar inserida no tacógrafo o cartón de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta. Ou non efectuar os documentos impresos ao comezo e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento do cartón de condutor ou no caso de que esta non obre no seu poder.

25.7.2016; 8.40; AC-841; 1,5

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

XC-03103-O-2016

PO-2199-AT

José Paz Rocamonte

35382204Q

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

25.7.2016; 8.40; AC-841; 1,5

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros