Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4324

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 3 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se lle notifica ao interesado o emprazamento para a comparecencia no recurso contencioso-administrativo do procedemento ordinario 149/2016.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non fose posible efectuar faranse por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado. Así mesmo, previamente e con carácter facultativo, poderase publicar un anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez intentada a notificación no último domicilio coñecido e logo de ser devolta polo servizo de Correos por resultar imposible efectuala, por medio deste anuncio comunícaselle a Indalecio Freire Couto que se está tramitando o recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 149/2016, no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, interposto por Protección Ambiental e Minería contra a resolución pola que se outorga o dereito mineiro da concesión derivada da explotación Pena da Corga número OU/C/04872.1, a favor de Indalecio Freire Couto.

Esta consellería acordou o 12.9.2016, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente ao referido xulgado, o que se lle notifica en canto interesado no procedemento e emprázase co fin de que poida comparecer, se o considera oportuno, ante o dito xulgado, no prazo de nove días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2017

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria