Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4322

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 3 de xaneiro de 2017 polo que se lle notifica á interesada o emprazamento para a comparecencia no recurso contencioso-administrativo de procedemento ordinario 152/2016.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non fose posible efectuar faranse por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado. Así mesmo, previamente e con carácter facultativo, poderase publicar un anuncio no boletín oficial da comunidade autónoma.

Unha vez intentada a notificación no último domicilio coñecido e logo de ser devolta polo servizo de Correos por resultar imposible efectuala, por medio deste anuncio comunícaselle a Iparena, S.L. que se está tramitando o recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 152/2016, no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, interposto por Protección Ambiental y Minería contra a resolución pola que se outorga o dereito mineiro da concesión derivada da explotación Lorena 1 número OU/C/04729.1, a favor de Iparena, S.L.

Esta consellería acordou o 22.11.2016, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente ao referido xulgado, o que se lle notifica en canto interesada no procedemento e emprázase co fin de que poida comparecer, se o considera oportuno, ante o dito xulgado, no prazo de nove días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2017

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria